<< Anterior   Seguinte >>

31-Outubro-2006.

O alcalde de Forcarei, David Raposeiras, solicitou a axuda do concello de Beariz para levar a cabo as melloras previstas no vial Soutelo - Ratel. Este último lugar está situado entre ambolos dous municipios. (A Voz de Galicia)

30-Outubro-2006.

Confortlastic é a empresa que adquireu todalas parcelas do polígono industrial do Sangal, no concello de Cerdedo, e que xa está iniciando os cursos de formación para os traballadores da zona. Esta empresa está dedicada á fabricación de sofás, somierers, camas, etc. e tén na actualidade varias fábricas pequenas noutras localidades que pensa concentrar no novo centro de Cerdedo onde contará con máis de cen traballadores.  (A Voz de Galicia)

30-Outubro-2006.

Inaugúrase en Quireza a nova área recreativa así como melloras na igrexa parroquial dos castros (Seculo XVI) e no cemiterio. As obras foron levadas a cabo coa axuda dos veciños, do concello e outras institucións.  (A Voz de Galicia)

 

30-Outubro-2006.

O Concello de Forcarei cederá terreos en Levoso (Quintillán) para a construcción den observatorio astronómico e un planetario promovidos pola Fundación Ceo. Está prevista un investimento de 220.000 euros e a súa posta en marcha permitiría convertilo en destino de excursións formativas de estudantes de toda a provincia. Non obstante, o observatorio estaría aberto tamén ó público xeral. A ausencia  de contaminación lumínica e a causa da elección deste emplazamento, xa que outros lugares con boas condicións están xa ocupados polos parques eólicos. (A Voz de Galicia)

30-Outubro-2006.

David Raposeiras, alcalde de Forcarei, anda buscando a colaboración da dirección de turismo da Xunta para a finalización das melloras no entorno do Mosteiro de Aciveiro. Xa están rematados os traballos no cenobio, na igrexa e nos accesos pero quérese mellorar a visita creando un sendeiro que permita ver a ábsida románica, un dos mellores atractivos do conxunto.  (A Voz de Galicia)

22-Outubro-2006.

520.000 euros aportará a vicepresidencia da Xunta de galicia para rematar a residencia de ancianos de Cerdedo. Esta residencia terá 22 plazas fixas e 150 externos na súa actividade como centro de día.  (A Voz de Galicia)

22-Outubro-2006.

73 litros por metro cadrado foi a auga recollida onte en Forcarei, no que foi un dos días de máis choiva dos derradeiros anos. Esta cantidade de auga deixou viales cortados en varias aldeas e arrastrou ás leiras e estradas o lodo dos incendios deste pasado vran.  (A Voz de Galicia)

19-Outubro-2006.

Alejandro Gómez, parlamentario autonómico, pideu no parlamento a declaración de "Zona catastrófica" para Forcarei e cerdedo a causa dos lumes deste vran.  (A Voz de Galicia)

19-Outubro-2006.

No entorno de Cerdedo ocuuriron este venres varios actos vandálicos contra a señalización vial e turística. Destrozos, pintadas de orixen político, etc. (A Voz de Galicia)

12-Outubro-2006.

A universidade Internacional Menendez Pelayo aplaza o encontro sobre a comunicación que se tiña pensado celebrar este mes en Aciveiro por problemas en moitos dos ponentes. A idea é que se vova a programar en vindeiras datas (A Voz de Galicia)

12-Outubro-2006.

Confortlastic S.L., unha firma do sector de sofás e tapicerías é a empresa que se adxudicou a totalidade da superficie do pilígono do Sangal (Cerdedo) onde pensa instalar a súa fabrica e dar emprego a máis de cen traballadores. A empresa, que pagou 30 euros por metro cadrado, quere empezar a súa producción no mes de xaneiro.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>