<< Anterior   Seguinte >>

23-Outubro-2005.

A Asociación "Amigos da Terra de Montes" presentou na biblioteca de Soutelo ó seu novo presidente, José Raposeiras Correa, e á súa nova xunta directiva elexidos na asamblea xeral que se celebrou este vran. Son persoas novas, con desexos de darlle á asociación máis dinamismo e relevancia. Tamén se anunciou a publicación dun libro para conmemorar o XXV cumpleanos da asociación, que terá lugar no 2007.  (A Voz de Galicia)

29-Outubro-2005.

Mentras o Concello de Forcarei quere chegar a un acordo cos veciños de Castrelo para a apertura definitiva do vertedoiro de inertes, en Cerdedo xa poderán usar o seu punto limpo dous días por semán. O uso deste vertedoiro é gratuito pero deben ser os veciños os que acerquen alí os seus enseres e os depositen nos conteñedores apropiados.  (A Voz de Galicia)

 

19-Outubro-2005.

Hasta mil rapaces, da bisbarra e de fora dela, poderán acudir á Rapa Infantil que se celebrará en Sabucedo o vindeiro día 2 de novembro. O espectáculo xuntará máis de cen cabalos e durará perto de dúas horas, polo que os nenos das escolas dos concellos veciños poderán volver a comer ás súas nos autobuses postos á súa disposición de xeito gratuito.  (A Voz de Galicia)

22-Outubro-2005.

Forcarei inaugura hoxe un telecentro con oito ordenadores e acceso gratuito a internet. Permañecerá aberto de dez da mañán a oito da noite e de luns a venres e estará supervisado por un técnico. A posta en funcionamento contou co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra polo que o Concello só tivo que encargarse dos ordenadores.  (A Voz de Galicia)

14-Outubro-2005.

O Plan "Leader" levará a Soutelo (Forcarei) un museo da música tradicional e a Cerdedo outro da pedra. O primeiro servirá para promocionar as figuras dos gaiteiros da bisbarra e o segundo para dar a coñecer ós canteiros que deron sona a este concello en medio mundo.  (A Voz de Galicia)

18-Outubro-2005.

O vindeiro día 13 de novembro celebrarase en Soutelo a VII festa do cogumelo. Como sempre haberá concurso de cestas, esta vez con 480 euros en premios (240 para o gañador). amáis dos callos con cogumelos, arroz con porco bravo e setas e outros manxares, tasmén hai feira de productos gastronómicos da bisbarra. A festa celebrarase dentro dunha carpa por si o tempo non acompaña.  (A Voz de galicia)

14-Outubro-2005.

A Mancomunidade de Montes de Cerdedo pedirá unha cuadrilla de limpeza dos montes coa idea de protexelos dos incendios forestais no vran. Tamén queren deseñar unha ruta de sendeirismo, a creación dunha piscifactoría ou un campamento. (A Voz de Galicia)

13-Outubro-2005.

O auditorio do Centro Social caixaNova de Vigo acollerá a presentación do documental "Sempre Xonxa en Petín, homenaxe ó cineasta forcareicense Chano Piñeiro. O documental conta a experiencia dos veciños de Petín de Valdeorras que participaron na rodaxe desta película, a primeira galega en formato de cine comercial. (A Voz de Galicia)

6-Outubro-2005.

A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo quere promocionar unha ruta de sendeirismo polos muíños e un aserradeiro hidraulico que funcionou na parroquia. (A Voz de Galicia)

11-Outubro-2005.

Os Concellos de Forcrei e Cerdedo, que están a piques de por en funcionamento os seus parque eólicos singulares, ten acordado que a empresa adxudicataria reparta co concello os beneficios e non cobrarlles un canon fixo, que era a outra opción. (A Voz de Galicia)

 

<< Anterior   Seguinte >>