<< Anterior   Seguinte >>

27-Outubro-2004.

O Vindeiro Domingo día 31 de outubro terá lugar en Soutelo a sexta edición da "Festa do Cogumelo". Repartiranse máis de cen kilos deste manxar na Praza do Gaiteiro, que contará con unha carpa cedida polo concello. Yolanda Vilar e María Victoria Cosme son as promotoras dunha festa que por catro euros permitirá degustar as máis variadas receitas con que pode presentarse o cogumelo. Haberá concurso de cestas (480 euros de premio) e venderanse productos da Terra de Montes.

 

26-Outubro-2004.

O Concello de Forcarei quere homologar o novo Centro de Formación de A Freixeira para impartir novos cursos de medio ambiente, carpinteiro ou restaurador, amáis dos de textil e informática que xa se dan actualmente no centro de Forcarei. Mentras tanto, en Soutelo comenzan as obras de mellora da rede de abastecemento de auga. (A Voz de Galicia)

27-Outubro-2004.

As empresas do concello de Forcarei que facturen máis de un millón de euros verán aumentado os seus pagos por IAE. As vivendas sociais de Soutelo contarán, por contra, con unha bonificación dun 50%. Esta modificación está apoiada alomenos polo PP e máis polo PSOE (A Voz de Galicia)

 

25-Outubro-2004.

1.600 nenos de quinto e sexto cursos de primaria procedentes de toda Galicia participan hoxe en Sabucedo na "Rapa Infantil". Esta modalidade da festa solo se celebrou antes dúas ou tres veces. ( A Voz de Galicia)

26-Outubro-2004.

O alcalde de Cerdedo quere pedirlle ó Conselleiro de Política Territorial da Xunta que se axilice a construcción das vivendas sociais e a mellora de varios viales. Para esto pideu unha entrevista que terá lugar o vindeiro día dous de Novembro.  (A Voz de Galicia)

22-Outubro-2004.

O alcalde de Forcarei, David Raposeiras, quere pedirlle ó Conselleiro de Agricultura da Xunta de Galicia, que visita a Terra de Montes, que lle dé un pulo as concentracións parcelarias nas parroquias de Millarada e Dúas Igrexas, así como a mellora de certas infraestructuras no concello.  (A Voz de Galicia)

25-Outubro-2004.

Hasta 150 novas construccións incorpora o novo catastro no concello de Forcarei dende o que se levou a termino no ano 1990. Este traballo inclue as ampliacións de naves e vivendas pero non tocará o valor catastral das que non foron modificadas desde a data antes citada.  (A Voz de Galicia)

18-Outubro-2004.

A escola-Obradoiro de forestais que funciona en Cerdedo mellorará os arredores dos muiños e limpará a ruta "Frai Martín Sarmiento". Os aprendices de canteiro e albanel traballan mentras na mellora das rúas da vila.  (A Voz de Galicia)

22-Outubro-2004.

O Concello de Cerdedo informa que o importe que se paga a SOGAMA pola recollida dos mil kilos diarios de lixo é de 1200 euros ó mes ós que hai que sumar o gastos do camión que fai o traslad a Silleda dúas veces por semán. (A Voz de Galicia)

14-Outubro-2004.

O parque de Venezuela, en Soutelo, será todo el unha carballeira con bancos. O parque infantil que actualmente acupa parte da súa superficie será trasladado perto da piscina.  (A Voz de Galicia)

15-Outubro-2004.

A gardería infantil que se quere abrir en Cerdedo a primeiros do vindeiro mes de Novembro terá capacidade para quince nenos e de momento contará con dous traballadores. Esta cantidade debería ser aumentada nun máis si se quere cubrir a totalidade dos turnos.  (A Voz de Galicia)

14-Outubro-2004.

O Obradoiro de emprego de Forcarei ten rehabilitado o vello mercado da Freixeira en Centro formativo, así como algúns alpendres do Mosteiro de Aciveiro e outros traballos no seu interior. Tamén se mellorou a carballeira de Forcarei e a zona recreativa de Cotelo.  (A Voz de Galicia)

14-Outubro-2004.

Manuel Campos Toimil será o novo concelleiro do BNG no Concello de Cerdedo, en sustitución de Dionisio Pereira, que dimiteu do seu cargo por razóns personais.  (A Voz de Galicia)

 

13-Outubro-2004.

Sabucedo celebrou unha votación para acordar o día de baixada do gando para a festa da Rapa. Pois ben, o resultado foi de empate entre os que querían adiantala ó venres e os que queren deixar as cousas como están. Tomouse a decisión de prolongar o tempo de votación dous días máis haber si acudían algúns dos veciños que non o fixeron pero o resultado segueu sendo de empate, polo que todo seguirá como hasta estes intres.  (A Voz de Galicia)

13-Outubro-2004.

Soutelo  acollerá o vindeiro 31 deste mes a VI Festa do Cogumelo, con degustación popular de varias recetas por un prezo de tres euros. Ó mesmo tempo celebrarase unha feira de productos da terra.  (A Voz de Galicia)

 

8-Outubro-2004.

201.169 euros a unha empresa de Forcarei, 7.677 a outra e 35.949 a unha de Cerdedo, son as axudas da consellería de Industria para apoio ó tecido industrial da Terra de Montes. O ano pasado estas axudas foron de 194.320 euros para todo  Tabeirós-Montes (Incluído o concello de A Estrada)  (A Voz de Galicia)

13-Outubro-2004.

Unha empresa abrirá no Cachafeiro o primeiro tanatorio da Terra de Montes. Contará con unha axuda do 25% do investimento total por parte do Plan Leader Montes. A Localización debese a proximidade tanto de Forcarei como de Soutelo e outras moitas aldeas destas parroquias e de Millarada.  (A Voz de Galica)

5-Outubro-2004.

Sabucedo organizará este mes (probablemente o día 25) unha Rapa das bestas para escolares, a petición do Concello da Estrada. Tamén se quere facer unha festa de hirmandade coa localidade de Almonte, en Huelva, que celebra a festa da "Saca de Yeguas". A ser posible, ambalas dúas destas coincidirán no mesmo día.  A Asociación organizadora quere que a cambio, o concello amplie o curro.  (A Voz de Galicia)

8-Outubro-2004.

Outro recurso dos veciños de Zobra sobre o monte en disputa cos de Trasdomonte foi rexeitado polo Xurado provincial de clasificación de montes en man común. Este conflicto parece ser o conto de nunca acabar ante a insistencia nos recursos dos veciños (algúns, posto que na derradeira xunta case tivo lugar un empate) en recurrir as sentencias unha e outra vez.  (A Voz de Galicia)

4-Outubro-2004.

Os veciños da parroquia de Sta Mariña de Presqueiras ven como os cabalos salvaxes, ó parecer dun tratante de A lama, acaban coas colleitas cada pouco tempo. Nalgúns casos parece que hasta houbo ameazas para que non escorrentaran os animais.  (A Voz de Galicia)

4-Outubro-2004.

Os presupostos do estado para o ano 2005 recollen unha cantidade de 280.000 euros para a variante da N-541 o seu paso por Cerdedo, presumiblemente para o proxecto da obra. Esta variante partirá de perto do Sangal, pasando pola parte alta da vila e volvendo ó trazado actual perto da gasolinera.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>