<< Anterior   Seguinte >>

 

30-Outubro-2003.

O Concello de Forcarei queren que a Xunta de Galicia instale Bungalows no campamento de Pontemaril, de tal maneira que poida ser utilizado tamén no inverno.  (A Voz de Galicia)

30-Outubro-2003.

Cerdedo porá en marcha o vindeiro mes unha escola de deportes e tempo libre con caracter gratuito. Haberá tenis, voleibol, baloncesto e futbol sala.  Tamén se ofertarán actividades para adultos.  (A Voz de Galicia)

27-Outubro-2003.

Os comerciantes de Forcarei levarán a cabo unha campaña de promoción durante o nadal. Tamén se está tratando de presionar a Telefónica para que implante o servicio ADSL en Soutelo e Forcarei, xa que é importante para o comercio local.  (A Voz de Galicia)

27-Outubro-2003.

Presentouse un novo libro de Francisco Rozados "Rochi", esta vez coa biografía de Chano Piñeiro. O libro, redactado en clave de "Amigo", é un percorrido pola vida de Chano e o seu entronque con Forcarei, onde pasou parte da súa vida. As anecdotas  e o coñecementoentre o autor e o persoeiro fan da obra unha amena leitura que o mesmo tempo da a coñecer a un home que nos abandonou demasiado pronto. O libro está editado por Edicións Fervenza. (A Voz de Galicia) 

22-Outubro-2003.

Javier Alvarez Bertolo sustituirá como concelleiro en Forcarei ó recentemente finado Francisco Gómez. Javier Alvarez encargarase das áreas de Comercio, Industria e novas tecnoloxías, mentras que Javier tato será o novo concelleiro de urbanismo e terceiro teniente alcalde, Belén Cachafeiro pasa a ser a segunda, porto que Alejandro Gomez non pode ocupar o cargo por ser diputado no parlamento galego.  (A Voz de Galicia)

27-Outubro-2003.

O vindeiro domingo día 2 de Santos celebrarase en Soutelo a V festa do Cogumelo. Como sempre, haberá un concurso de cestas, dotado con 240 euros, e outro de 150 euros. Tamén se poderán degustar productos da bisbarra como mel, chourizos, doces, castañas, etc. todo dentro da carpa do concello, colocada na Praza do Gaiteiro.  (A Voz de Galicia)

20-Outubro-2003.

Os técnicos do Concello de Cerdedo están rematando un deseño para o "Obradoiro de Emprego" que dará traballo a unhas 45 persoas repartidas en tres modulos: canteiros, albaneles e labores medioambientais. (A Voz de Galicia)

22-Outubro-2003.

A Consellería de Medio Ambiente acaba de sacar a concurso un vertedeiro de inertes no Concello de Forcarei. Está na canteira vella de Murada e nel poderanse depositar restos da construcción, escombros, etc. de toda a comarca. O presuposto é de 316.000 euros. (A Voz de Galicia)

20-Outubro-2003.

O Concello de Cerdedo quere incrementar os impostos ás vivendas que se atopen valeiras e non sexan arrendadas polos séus donos. Con esto trátase de favorecer o aluguer ou de conquerir que algúns que foron habitantes do concello volvan a empadroarse nel.  (A Voz de Galicia)

21-Outubro-2003.

Cerdedo, pola voz do seu concello, solicitou a Telefónica a sustitución dos vellos teléfonos inalámbricos (TRAC) que tan mal funcionan e non permiten a chegada de novas tecnoloxías nin case tampouco falar. Tamén se solicitou unha liña de autobuses que xunga a vila con A Estrada.  (A Voz de Galicia)

16-Outubro-2003.

O indice de desemprego subeu un 10% en Tabeirós-Terra de Montes, moi por encima do resto de Galicia e de España. En Forcarei inscribíronse 32 novos parados, o que supón un incremento dun 29,63%. (A Voz de Galicia)

17-Outubro-2003.

Falleceu o segundo Teniente-Alcalde do concello de   Forcarei Francisco Gómez Campos (O Rubio) por causa dun infarto de miocardio. O seu enterramento asistiron multitude de compañeiros da política local e rexional, entre os que se atopaban conselleiros da Xunta de Galicia e alcaldes de toda a provincia.  (Faro de Vigo)

10-Outubro-2003.

O Concello de Forcarei está a programar visitas guiadas ó Mosteiro de Aciveiro, e manterá unha oficina turística aberta os sábados e domingos co fin de promocionar o turismo na zona.  (A Voz de Galicia)

13-Outubro-2003.

O Concello da Estrada axudará ó colectivo "Rapa das Bestas" a contratar un vixiante para que os cabalos do santo non cheguen hasta os cultivos privados. Tamén se trata de levar máis auga ó centro hípico e as zonas que rodean a festa.  (A Voz de Galicia)

8-Outubro-2003.

Matías Nieto, fotografo de cine en películas como "Tesis" e "Abre los ojos", dou unha conferencia no instituto Chano Piñeiro de Forcarei sobre a "Fotografía no cine".  (A Voz de Galicia)

10-Outubro-2003.

Manuel Prado, Alcalde de Beariz, remata o seu mandato como presidente da Mancomunidade do Carballiño. O vindeiro luns será elexido un novo presidente posto que o cesante non se presenta á reeleción.  (A Voz de Galicia)

2-Outubro-2003.

O Concello de Cerdedo contará con 82.000 euros da Consellería de Política Territorial para redactar o seu Plan de Urbanismo (PXOM), no que queren incorporar alomenos tres novas rúas que permitan construir en terreos novos a un prezo razanable. Outros 280.000 euros serán destinados polo ministerio de Fomento a redactar o proxecto da nova variante a capital. (A Voz de Galicia)

8-Outubro-2003.

O alcalde de Forcarei, David Raposeiras, anda visitando toda-las parroquias co fin de ofrecer información sobre os trámites necesarios para a esixida regularización dos establos. Os representantes do concello facilitan os impresos e informan sobre a documentación que debe ser presentada antes do vindeiro 15 de novembro.  (A Voz de Galicia)


<<
Anterior   Seguinte >>