<< Anterior   Seguinte >>

30-Outubro-2002.

En Forcarei funcionará unha escola de Futbol con perto de trinta prazas para nenos de varias edades. Estará dirixida polo club pontevedres "Leis Construcuatro".  (A Voz de Galicia)

30-Outubro-2002.

A redacción do proxecto de vial Cachafeiro-Vilapouca volve a estar de actualidade según asegurou o director xeral de obras públicas ó alcalde de Forcarei, señor Raposeiras.  (Faro de Vigo)

26-Outubro-2002.

A feira de Forcarei celebrarase a partir de hoxe o día 5 de cada mes en calquer caso, según acordou o concello a proposta dos comerciantes da vila.  (Faro de Vigo)

26-Outubro-2002.

Oitenta quilos de Cogumelos e outros tantos de carne de xavarín (1.500 racións) son os que se consumirán na III feira do Cogumelo que se celebra en Soutelo este fin de semán. Tamén teremos outras variedades gastronómicas, concurso de Cestas, marcha ciclista, etc.  (A Voz de Galicia)

 

21-Outubro-2002.

Cerdedo pensa levar a termo a segunda fase do centro social que funcionará como centro de día para a terceira edade. O Investimento será de máis de 600.000 euros.  (A Voz de Galicia)

 24-Outubro-2002.

Forcarei xa ten comisión de festas para o vindeiro ano. Comenzan pronto e con ganas, xa que pensan recuperar a festa do patrón San Martiño e organizar un magosto e unha verbena popular.  (Faro de Vigo)

14-Outubro-2002.

O Concello de Cerdedo ten pensado comenzar neste mes as obras dunha ponte en Quireza, dentro do novo acceso a igrexa. O presuposto será de 54.800 euros, que se repartirá entre a Diputación Provincial (90%) e o Concello (10%).  (Faro de Vigo)

16-Outubro-2002.

Hoxe fírmouse o convenio "Leader Montes" na presencia do ministro de Agricultura Sr. Arias Cañete, do presidente da Xunta de Galicia, Sr Fraga e outras autoridades. Este plan traerá a bisbarra 7,3 millóns de Euros a repartir entre os concellos da Terra de Montes máis A Estrada, Campo Lameiro, Cotovade e A Lama. A creación de emprego será unha das cualidades máis valoradas para os proxectos que queiran acollerse a el, que poderán recibir hasta un 50% do seu presuposto. A Estrada, e en concreo o sector do moble serán os máis favorecidos por ter un tecido industrial xa en funcionamento.  (Faro de Vigo)

<< Anterior   Seguinte >>