<< Anterior   Seguinte >>

29-Outubro-2001.

O Alcalde de Cerdedo, Xosé Caramés, está tratando de que a futura variante da N-541 pase o máis cerca posible do lugar. Desta maneira poderanse relizar máis dun acceso, sobre todo pola banda de caria Pedre.

29-Outubro-2001.

Forcarei elixeu o novo (nova neste caso) Xuez de Paz. Recaeu o cargo en en María Isabel Cachafeiro. Tamén se aprobou a creación do Taller de Emprego local que sustituirá o de Aciveiro. Solicítase para eso 87 millóns á Consellería de Familia da Xunta, e tense intención de crear 36 empregos.

29-Outubro-2001.

Hoxe recibirán o título de propiedade das parcelas que lles corresponden, os promotores do polígono empresarial de Cachafeiro (Forcarei). A Construcción debe estar rematada antes dos dous anos desta data.

24-Outubro-2001.

Francisco Rozados "Rochi", Teniente Alcalde do concello de Forcarei, é o ganador do XII  premio de narrativa "Camilo José Cela" coa obra Unha Campá na congostra de Rebordechao. Un galardón moi importante para un bó amigo destas páxinas.

22-Outubro-2001.

Resultado das eleccións Autonómicas na Terra de Montes:

Municipio            P. P.               P.S.O.E.          B.N.G.                E. U.    
Forcarei      1.855 (65,2%)       491 (17,3%)    456  (16,0%)     6 (0,2%)
Cerdedo        678  (57,3%)       250 (21,1%)    241  (20,4%)     1 (0,1%)
Beariz           784  (92,6%)         28   (3,3%)      30    (3,5%)     1 (0,1%)
GALICIA              (53,8%)               (23,4%)            (19,1%)        (1,3%)  

22-Outubro-2001.

A directiva da asociación "Rapa das Bestas" presentou a dimisión e abre un proceso electoral. Non queren a reelección pero si non hai outros seguirán. Queren que todo-los parroquianos se comprometan a traballar, tendo en conta que se trata da parroquia menos poblada do Concello da Estrada (Solo 100 hab. dos que moitos están fora) e os traballos que ocasionan os cabalos do santo son moitos.

21-Outubro-2001.

As Comunidades de montes do Testeiro (Irixo), A Candosa están en pleito polos lindes dos seus montes. Precisamente nestes intres en que Gamesa está a instalar alí un parque eólico e hai cartos a repartir. O mismo pasa entre os de Zobra e Trasdomonte, aínda que esto xa ven de antes.

21-Outubro-2001.

Hoxe deben acercarse ás urnas perto de 10.000 electores da Terra de Montes para elexir ós nosos representantes no Parlamento Galego. Debe terse en conta a importantísima cantidade de residentes no exterior (28% do censo en Cerdedo), fundamentalmente en América do sur.

16-Outubro-2001.

Forcarei precisa un novo camión para a recollida do lixo. Os anos, a pouca capacidade e o lonxe que ten que ir (a planta do Sogama de Silleda) fan aconsellable cambialo por outro de máis capacidade. 

16-Outubro-2001.

Espadela, asociación de mulleres de Cerdedo, abre na Casa de Cultura unha mostra de fotografías antigas, que vai desde os orixes deste arte, no seculo XIX hasta mediados deste. Participará entre outros Virxilio Vieitez

15-Outubro-2001.

Entre Codeseda e o límite entre os concellos de A Estrada e Forcarei vaise levantar unha cerca o longo da estrada C-541 para que os cabalos de San Lourenzo de Sabucedo non poñan en perigo os automovilistas. Deixaránse entradas e saídas para uso da xente e os animáis, pero que impidan a estes utilizalas por si sós.

 

15-Outubro-2001.

Francisco Rozados "Rochi, Teniente Alcalde do Concello de Forcarei e Xerente do PRODER da Terra de Montes fai resumen dende A Voz de Galicia do funcionamento deste plan, e móstrase moi satisfeito. Centrado no turismo rural, pasouse as prazas ofertadas de 20 a 75, os establecementos de tres a oito, realizouse a sinalización turística de Cerdedo e Beariz, un albergue para a Escola de Parapente en Cerdedo, un área recreativa fluvial en Forcarei, dous centros de rutas a cabalo, reabilitación dunha cerería tradicional e a elaboración de guías turísticas e histórico-artisticas da Terra de Montes. Total, 336 millóns de pesetas. solo se volveron atras tres proxectos por un total de 64 millóns.

5-Outubro-2001.

A "A.P.A." do colexio de Forcarei vai aportar parte dos seus fondos para o arranxo dalgunha das carencias do edificio que o alberga. Como só conta con 2164 Euros (360.000 pts.) non chegará a moitas delas, pero a intención é inmellorable. 

 

 1-Outubro-2001.

A Rapa infantil xuntou en Sabucedo a perto de 1200 estudantes da bisbarra e fora dela. A pesares da choiva, os xoves aloitadores cubertos por bolsas de lixo a maneira de chubasqueiros, cumpliron coa obriga e levaron o curro uns 200 cabalos e fixeron que a festa non desmerecera da dos maiores.

1-Outubro-2001.

Virxilio é protagonista dende o día de hoxe da mostra "Explorafoto 2001" da Universidade de salamanca. Comparte este protagonismo con clasicos como Richard Avedon ou Robert Freeman. Aparte doutras actividades culturais, explorafoto conta con 19 mostras que permanecerán abertas ata o 31 deste mes.  (O Correo Galego

<< Anterior   Seguinte >>