Portada Quen Somos Agradecementos Colabore con Nós Últimas Novas

<< Anterior   Seguinte >>

25-Outubro-2000.

A Asociación "Amigos da Terra de Montes" reúnese na biblioteca de Soutelo para o cambio da súa directiva. O novo presidente é o Sr. Jaime Iglesias, con Francisco Rozados (Rochi) como vicepresidente e Mª Carmen García de Secretaria. A Asociación, que xa cumple 20 anos, conta na actualidade con 250 socios. (A Voz de Galicia)

20-Outubro-2000.

Na parroquia de Pereira (Forcarei) estase levando a cabo a Concentración Parcelaria, algo moi necesario para que as explotacións agrarias desta terra sexan algo rentables. Estímase que das 3869 parcelas van quedar unhas 725, con extensión media de 11000 metros cuadrados. A máis desto debense levar a cabo actuacións nos camiños de acceso as leiras e outras obras de acondicionamento. (A Voz de Galicia)

20-Outubro-2000.

A Asociación de Amigos da Terra de Montes vai estar subvencionada po la Deputación Provincial con 75.000 pts. Moito non é, pero algo poderase facer. Tamén se lle conceden 300.000 a Sociedade Deportiva Soutelo para o arreglo dos vestiarios do campo de futbol, e 200.000 a sociedade "Flor de Toxo", que xestiona a escola de Música de Forcarei. (A Voz de Galicia)

18-Outubro-2000.

¡O Concello de Forcarei ten 4998 habitantes!. Dito así non parece ter moita importancia, pero eso vai supor unha baixa de categoría e de ingresos procedentes do estado. No derradeiro ano houbo 73 falecidos e soo 37 nacementos, po lo que, con seguridade, o feito vai ir a peor nos anos que ven. O municipio trata de correxir o censo e ter en conta os emigrantes retornados, pero dado o envellecemento da poboación parece dificil evitar que se baixe dos 5000 habitantes por primeira vez na historia. A solución está en que a xente xoven non se vaia traballar fora e para eso fan falta postos de traballo. Unha cooperativa textil é o primeiro intento serio que se fai. De momento soo ten oito cooperativistas pero esperase que a idea sexa un éxito. (A Voz de Galicia) 

18-Outubro-2000.

Por certo, neste censo Soutelo ten 429 habitantes e segue a ser o núcleo de poboación máis importante da bisbarra. Forcarei ten 408. aínda que tenden a igualarse dsdo que hai máis nenos en Forcarei. (A voz de Galicia)

18-Outubro-2000.

Entre os xabaríns e o gando ceibe, cada día é máis dificil recoller as colleitas inteiras. En boa parte da Terra de Montes o porco bravo estase convertendo nunha epidemia, xa que está protexido po la lei e non pode ser cazado. Os cabalos e vacas ceibes po los nosos montes, ou mellor, a irresponsabilidade dos seus donos, fan o resto. Os veciños de Vilar (Figueróa) acaban de reter dez cabalos hasta que os donos se fagan cargo dos danos feitos por eles no millo e nas hortas. O aumento da explotación deste gando e o abandono das leiras de cultivo po lo envellecemento da poboación tamén axuda a que as poucas que quedan sexan máis accesibles para este gando. (M.C.)

10-Outubro-2000.

No vindeiro mes empezarán as obras dunha residencia geriatrica con 56 prazas e un presuposto de 200 millóns de pesetas no concello de Beariz. Esta residencia creará uns 20 postos de traballo, que según o alcalde Manuel Prado ten especial importancia, dado o progresivo retorno de emigrantes da América que se ten que producir. (A Voz de Galicia)

9-Outubro-2000.

A maior parte das pequenas aldeas da Terra de Montes non poden ler estas páxinas. O porqué está unha vez máis nos seus teléfonos, que funcionan (Cando funcionan) con tenoloxía celular (a que se utiliza nos móviles). O ancho de banda é tan pequeno que fan imposible unha conexión a Internet con un mínimo de calidade, e si queremos intentalo teremos velocidades como moito de 4.600 bps cando o normal hoxe son os 56.600 bps. A esta velocidad de vertigo, esta páxina tarda en cargarse uns dez minutos e algunhas con grandes efectos multimedia, varias horas. Eso si, non hai perigo de tardar tanto porque sempre se corta antes a comunicación. (M.C.)

1-Outubro-2000.

As empresas de Turismo Activo de toda España reúnense na nova hospedería de San Gonzalo das Penas, no Mosteiro de Aciveiro. A organizadora é "Turnauga", a adxudicataria desta hospedería e das actividades que se moven o seu arredor. (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>