<< Anterior   Seguinte >>

29-Novembro-2006.

A Consellería de Vivenda asumirá o custo de rehabilitación das oito vivendas dos maestros próximas ó grupo escolar, que serán dedicadas a un alquiler protexido.  (A Voz de Galicia)

29-Novembro-2006.

En Cerdedo comenzou a construcción dos doce chalets dedicados a vivenda protexida para os que xa hai máis de sesenta solicitudes. Tamén se rehabilitarán as casas dos maestros e outras vivendas na rúa da Constitución. (A Voz de Galicia)

18-Novembro-2006.

Todo-los concellos terán que asumir a partir do 1 de xaneiro un aumento na factura de electricidade xa que desaparece a bonificación que viñan disfrutando hasta esta data. Só no de Forcarei, o gasto por este concepto é xa duns 20.000 euros cada dous meses e verase aumentado no vindeiro ano. Esto pon en perigo o, xa de por si escaso, presuposto do concello.  (A Voz de Galicia)

18-Novembro-2006.

Mil serán as racións que se repatirán na XIII Festa da Richada en Forcarei, que se celebrará o vindeiro día tres de decembro. A Asociación de mulleres de Forcarei serán as encargadas de cociñar os 150 kilos de carne para a ocasión. A cunca de barro con richada, pan e biño terá un prezo de tres euros. A festa contará con outras moitas actividades paralelas (entre elas unha concentración de Seat 600) e nos restaurantes haberá un menú común con un prezo único de 18 euros.  (A Voz de Galicia)

13-Novembro-2006.

Forcarei quere homologar o seu escudo (que xa foi deseñado hai anos e terá que ser lixeiramente reformado para este trámite) e a súa bandeira, que será totalmente nova e da que só se sabe que será dunha cor verde característica da Terra de Montes.  (A Voz de Galicia)

18-Novembro-2006.

Soutelo inaugura o seu novo ximnasio habilitado no pavillón da localidade. A primeira actividade será un curso de ximnasia de mantemento duns tres meses de duración.  (A Voz de Galicia)

13-Novembro-2006.

A firma soutelana Amorodo lanzará ó mercado unha marmelada de tomate e outra de pementos confitados. Xuntaranse a outros moitos productos ecolóxicos que xa ven fabricando e que se venden en tendas especializadas e por internet.  (A Voz de Galicia)

13-Novembro-2006.

A Dirección Xeral de turismo financiará con cargo ós presupostos do vindeiro ano a mellora do entorno do mosteiro de Aciveiro. Trátase de afirmar o chan do aparcamento e colocar protección na praza con bolardos que impidan que os coches entren nela.  (A Voz de Galicia)

13-Novembro-2006.

O bo tempo fixo que todas as existencias de cogumelos, carne, arroz, e todo o que se puxo por diante se esgotasen onte en Soutelo. O filloeiro funcionou hasta pasadas as tres da tarde e os eloxios ás cociñeiras e organizadoras foron unánimes. María Dolores Villaverde, María Iglesias e Alba barreiro foron as ganadoras do concurso de cestas no partado de adutos mentras Iván González e Estela Barreiro fixérono no infantil e o de productos da terra foi para Carmiña "a Macoca". O mellor stand recaeu no de Mari, Geli e Suso. (A Voz de Galicia)

13-Novembro-2006.

Cerdedo quere potenciar a súa Festa do Xabarín con iniciativas como un percorrido de caza, un safari fotográfico co xabarín como tema, un concurso de tiro ou inha feira de cans. A feira celebrarase o primeiro fin de semán de Abril e, dado que a tempada de caza xa comenzou, algúns animais xa están nnos conxeladores dos cazadores do concello. (A Voz de Galicia)

9-Novembro-2006.

A Asociación Verbo Xido inaugura de novo o monumento ás victimas da guerra civil en Cerdedo, que foi danado antes do acto inaugural previsto. (A Voz de Galicia)

12-Novembro-2006.

Soutelo repartirá hoxe máis de 200 kilos de setas na octava edición da Festa do Cogumelo que se celebrará na carpa situada na plaza dos gaiteiros. A festa estará acompañada por cantidade de actividades prellas como feira de productos da terra, actuacións musicais, etc.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>