<< Anterior   Seguinte >>

26-Novembro-2005.

Os cazadores de Cerdedo e o Concello andan pensando como por en marcha unha festa gastronómica que teña como protagonista a carne do porco bravo. Este animal, que está inzando nos campos da comarca, é cazado en batidas cada certo tempo para evitar os danos nos labradíos. A festa podería ter data en xaneiro.  (A Voz de Galicia)

21-Novembro-2005.

O Concello de Forcarei comenzará a cobrar polos servicios da gardería desde o vindeiro mes de xaneiro. Serán 25 euros de matrícula e 100 cada mes pola xornada completa ou 50 pola metade da xornada. Tamén se modificaron as cantidades que se cobrarán ós vendedores ambulantes e ás tendas polo IAE.  (A Voz de Galicia)

21-Novembro-2005.

O vial entre Cachafeiro e Vilapouca está medio aparcado pola Xunta de Galicia desde o cambio de goberno. Esta obra remata o camiño entre A Estrada e Soutelo, que tanto ben fai á bisbarra posto que comunica Soutelo e Forcarei entre eles e ambolos dous coa Estrada e tamén con Deza. Por esto anda o alcalde Raposeiras pedindo que se cumpla o prometido (A Voz de Galicia)

 

13-Novembro-2005.

Uns 200 kilos de boletus, níscalos e cantarelus, todo con xabarín, patacas ou callos, repartiranse hoxe na séptima festa do cogumelo en Soutelo de Montes. Todo nuha carpa instalada na praza do gaiteiro, onde tamén haberá concurso de cestas e unha exposición de productos da terra con postos de venta. As organizadoras son, como sempre Yolanda Martínez e María Victoria Cosme.  (A Voz de Galicia)

14-Novembro-2005.

O alcalde de Cerdedo anda buscando unha cita cos responsables do ministerio de Fomento para conseguir a volta por esta institución dos tramos da N-541 que quedaron sen servicio e hoxe son rúas de algunhas aldeas. Tamén quere melloras na nova estrada. Por outra banda, quere que a Xunta de Galicia remate as obras do centro de día e residencia da terceira edade.

 

9-Novembro-2005.

O vertedoiro de inertes que o Concello de Forcarei ten na canteira vella da Murada está sin porse a funcionar por mor da enerxía eléctrica. Parece que os veciños tiñan o acordo coa empresa concesionaria da canteira de que se retiraría a liña cando a canteira deixara de funcionar pero non foi así e agora queren cobrar por seguir deixando paso polas súas fincas. O Concello vailles facer unha oferta económica para chegar a un acordo canto antes.  (A Voz de Galicia)

9-Novembro-2005.

Cine na praza, un magosto con castañas para gratis todos, churrasco e música popular polas rúas son parte do programa de Forcarei para celebrar o seu patrón, San Martiño o vindeiro día 11. Este día é festa local na vila e permanecerán pechados os comercios e as oficinas. Os veciños queren recuperar unha festa bastante abandoada nos últimos tempos e este pode ser o primeiro ano.  (A Voz de Galicia)

 

8-Novembro-2005.

A organización da vindeira Festa da Richada quere por un prezo simbólico de un ou dous euros á ración que se repatirá este ano. O fin é que non se existan casos de abuso que deixen sin comia ós menos madrugadores. (A Voz de Galicia)

8-Novembro-2005.

David Raposeiras, alcalde de Forcarei, anda tras da Delegación de Traballo da Xunta para conseguir un novo obradoiro de emprego, que sería o terceiro. As negociacións estaban avanzadas co anterior governo pero hai que comenzar de cero despois das eleccións.  (A Voz de Galicia)

1-Novembro-2005.

A Rapa Infantil prevista para o vindeiro mércores día 2 non poderá ser celebrada polas malas condicións metereolóxicas que se prevén para esas datas. Aínda que o tempo mellorara xa non é posible xuntas os cabalos, xa que estes baixan caria as carballeiras co mal tempo e faise moi didicil a súa localización. Polo de pronto non hai data para este festexo, sendo probable que non teña lugar este ano. (A Voz de Galicia)

2-Novembro-2005.

Unha empresa anda buscando terreos para construir un tanatorio en Cerdedo. Sería un recinto pequeno, con dous salóns e outros servizos adicionais como cafetería, etc. (A Voz de Galicia)

 

<< Anterior   Seguinte >>