<< Anterior   Seguinte >>

29-Novembro-2004.

A organización ecoloxista da Terra de Montes Verbo Xido remitirá cartas ós alcaldes da comarca opondose á construcciób do AVE que está previsto que pase polos concellos. Estiman que non vai vertebrar Galicia senón comunicala só co exterior para algúns con capacidade de pagar o importe.  (A Voz de Galicia)

29-Novembro-2004.

O Concello de Cerdedo vai firmar un convenio coa Consellería de Medio Ambiente para rexenerar o espacio do vertedeiro municipal de lixo, que recentemente foi pechado a este servicio. O investimente pode alcanzar uns 150.000 euros. (A Voz de Galicia)

 

26-Novembro-2004.

A empresa hidroeléctrica Iberdrola estuda a posibilidade da instalación dun novo parque eólico no monte da parroquia de Pardesoa, en concreto no alto de Costoia, entre os concellos de Beariz e Forcarei. Pola súa banda, o Concello de Forcarei ten solicitado xa varias veces a instalación dun parque de propiedade municipal que hasta este intres sempre lle foi rexeitado. (A Voz de Galicia)

26-Novembro-2004.

A gardería de Cerdedo xa ten traballadores. Dentro do plan labora da Xunta de Galicia adxudicaronse tres prazas que darán servicio os nenos deste concello. (A Voz de Galicia)

 

25-Novembro-2004.

O escritor Manuel Blanco Rivas presenta o vindeiro sábado en Soutelo, dentro do Centro etográfico e organizado por Verbo Xido, o libro de relatos “A Sombra das acacias”, no que aparece frecuentemente esceas da Terra de Montes. Na charla que se organizará tamén está previsto que interveñan Carme Hermida, Carlos Loureiro, Xabier Camba e Carlos Solla. (A Voz de Galicia)

26-Novembro-2004.

O xuzgado nº 2 de Pontevedra acolleu unha nova vista oral do contencioso entre os veciños de Zobra e a Madalena polo monte chamado de Trascoco e debesas doio Brixoi. Presentáronse testemuñas de amba-las dúas partes e tamén técnicos cos seus respectivos informes. (A Voz de Galicia)

 

22-Novembro-2004.

A Asociación de comerciantes de Forcarei e Soutelo de Montes sorteará este nadal dez vales por cen euros de valor e un por 500 euros entre os compradores nos comercios destas dúas vilas. Dado que o ano pasado non se apareceron varios dos ganadores, este ano cada participante deberá dar o seu nome e un teléfono no cal contactar con el. Tamén se espera organizar algún espectáculo de animación, como pode ser a visita do  Papá Noel ou dos reises a cada unha das vilas. (A Voz de Galicia)

23-Novembro-2004.

O departamento de asuntos sociais do Concello de Cerdedo ten aberto un local para a recollida de xoguetes novos ou usados para o seu posterior reparto entre as familias máis desfavorescidas do concello. Poderanse entregar xoguetes hasta o vindeiro día tres de decembro. (A Voz de Galicia)

 

16-Novembro-2004.

No Concello de Frocarei seguen existindo dous proxectos de ADS para gando vacún, o que pon en perigo a existencia de calquera delas. A primeira foi solicitada polo gandeiro Jesús Rivas Tritiño e a segunda pola cooperativa Coafor, da que tamén é socio este mismo veciño. Das 359 granxas do concello, só unhas 25 están adscritas a algunha delas, pois todas esperan que se produza a xuntanza definitiva. Para funcionar son necesarias polo menos unhas oitenta. (A Voz de Galicia)

18-Novembro-2004.

As declaración de Antonio Louro, diputado provincial polo PSOE, volven a por en dubida a construcción do AVE por Cerdedo, xa que só confirmou a existencia dun orzamento de 100.000 euros para “Estudar as posibilidades de que este trazado sexa levado a termino”.  (A Voz de Galicia)

15-Novembro-2004.

Inaugurouse onte o novo hotel, ampliación do xa existente, do conventro de Aciveiro. O presidente da Xunta, o Conselleiro de Cultura e outras autoridades asistiron a un acto que inaugura a conversión da hospedería xa existente nun hotel de luxo que rexentará Pousadas de Compostela. (A Voz de Galicia)

15-Novembro-2004.

A Asociación de Amigos da Terra de Montes reuneuse en Beariz e nomeou unha comisión que negocie a cesión dos terreos que ocupou o Castro de Montes para convertelos nuha zona de esparcemento e cultura. Os propietarios poderían aceder a unha permuta dos terreos por outros de propiedade municipal ou que puderan ser adquiridos. (A Voz de Galicia)

2-Novembro-2004.

En Aciveiro, dous ataques dos lobos causaron a morte a unha vaca e feridas a outra en A Noveliza e unha cabra máis morta en A Rochela. Espérase que a tempada de caza acabe con estes ataques a animáis domésticos tan perto das aldeas. (A Voz de Galicia)

4-Novembro-2004.

O presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, inaugurará a remodelación do hotel do mosteiro de Aciveiro o vindeiro venres dia dez. Aparte dos discursos políticos haberá actuacións musicais para abrir o novo establecemento de "Pousadas de Compostela".  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>