<< Anterior   Seguinte >>

17-Novembro-2003.

O Concello de Forcarei acaba de solicitar a súa inclusión na recen nacida Mancomunidade do Deza. Esto permite a este organismo superar os 50.000 habitantes e ter así dereito a novas axudas. Mentras tanto o Concello de Cerdedo ve difícil a súa inclusión por ter máis cerca a Pontevedra, pero seguramente lle gustaría poder entrar nunha mancomunidade propia dos dous concellos co de Beariz.  (A Voz de Galicia)

18-Novembro-2003.

Morre un obreiro da construcción nunha obra de Forcarei. O traballador, veciño de Magros, en Beariz, caeu desde un balcon dun segundo piso.  (A Voz de Galicia)

 

10-Novembro-2003.

O Goberno municipal de Cerdedo quere subir as taxas do lixo un 20% para financiar os novos gastos derivados de trasladar este material á planta de Sogama, en Silleda. Por outra banda, o goberno da nación informou ó diputado nacionalista Guillerme Vázquez a da súa intención de levar a cabo a variante de Cerdedo.  (A Voz de Galicia)

13-Novembro-2003.

O Concello de Cerdedo conta con 90.000 euros da Consellería de Asuntos Sociais para levantar o edificio da futura residencia para os maiores. Este contará con capacidade para 18 persoas.  (A Voz de Galicia)

 

7-Novembro-2003.

Cerdedo celebrará o vindeiro domingo un magosto e un baile popular no salón do colexio. Espérase que a partir de xa, os bailes sexan cando menos un cada mes.  (A Voz de Galicia)

10-Novembro-2003.

O Muíño de Cotelo Maril pasará a ser propiedade do Concello de Forcarei e convertirase nun Centro etnográfico da auga, dentro da área recreativa que o circunda.  (A Voz de Galicia)

 

3-Novembro-2003.

Dúas empresas, (Construccións Opaín e Logística Freixeira) ocuparán cinco parcelas no polígono de Cachafeiro. Si houbese demanda, as leiras valeiras terán que ser vendidas.  (A Voz de Galicia)

4-Novembro-2003.

O obradoiro de emprego de Forcarei recomenzou a restauración no Mosteiro de Aciveiro. Tamén neste concello, a Diputación está a facer un estudo sobre a situación da muller nesta bisbarra.  (A Voz de Galicia)

2-Novembro-2003.

A Asociación "Verbo Xido" recordará a catastrofe do Prestige e a invasión de Irak nun programa cultural a desenrolar no Bar Avenida de Soutelo baixo o título "Terra de Montes lembra". (A Voz de Galicia)

2-Novembro-2003.

Hoxe celébrase a Festa do Cogumelo en Soutelo. Por catro euros poderase probar este producto con callos, xabarín ou arroz. Tamén se poderán probar e mercar outros productos da terra. Mentras tanto, en Cerdedo, celebraranse unhas xornadas sobre micoloxía. (A Voz de Galicia)


<<
Anterior   Seguinte >>