<< Anterior   Seguinte >>

20-Novembro-2002.

Xosé Caramés (Alcalde de Cerdedo) só ten unha semán de prazo para por dacordo ós propietarios dos terreos afectados pola mellora da ponte de Quireza. A Diputación só realizará os traballos si todos estan dacordo.  (Faro de Vigo)

22-Novembro-2002.

O Concello de Forcarei anda a promover unha nova asociación de comerciantes e empresarios que sustituia a xa existente "Asociación de Veciños e Comerciantes San Martiño", que funciona máis ben pouco. A Nova asociacióncontará cos comercios e empresas de todo o concello  (Faro de Vigo)

11-Novembro-2002.

Xosé Raposeiras, natural de Presqueiras, presenta un libro sobre da vida de Virxilio Blanco, pintor da mesma parroquia, que marchou a Cuba, onde desenrolou a sús vocación, para voltar á Terra de Montes e deixarnos multitude de importantes obras.  (La Voz de Galicia)

20-Novembro-2002.

Tacho Gonzalez será o pregoeiro da vindeira Festa da Richada en Forcarei, que se celebrará o día 1 de Decembro. Na carpa poderase degustar en cazolas de barro, pero en todo-los restaurantes do concello ofrecerase este manxar por un precio único.  (A Voz de Galicia)

04-Novembro-2002.

A IV Festa do Cogumelo de Soutelo foi un verdadeiro éxito. Axudada polo bó clima, repartíronse 1.200 racións de cogumelos (todas as preparadas) e o mercado de productos da nosa terra estivo  moi concurrido ó longo de toda a mañán. O trofeo á cesta máis destacada levouno unha vez máis Luís Silva que se fixo cos seus 240 euros. A Asociación de veciños Santa Barbara foi a organizadora.  (Faro de Vigo)

08-Novembro-2002.

O concello de Cerdedo pón en marcha a recollida de obxectos voluminosos (Lavadoras, frigoificos, etc.) cada segundo venres de mes, para que desaparezan os vertedeiros ilegáis (Faro de Vigo)

<< Anterior   Seguinte >>

        

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es