<< Anterior   Seguinte >>

30-Novembro-2001.

Perto de 6000  vehículos circulan cada día pola N-541 o seu paso por Cerdedo entre os dous sentidos da estrada, dos cales son camións entre un 35 e un 40%. Este estudo foi feiro con vistas ó trazado da futura variante neste lugar.  (Faro de Vigo)

 

25-Novembro-2001.

A Asociacióm "Montes" encargada de xestionar as axudas do "Plan Leader Plus" para a comarca de Tabeirós-Terra de Montes xa ten na man varias iniciativas, entre elas unha "Planta de reciclaxe de biomasa". Esto consiste no aporveitamento da enerxía que se xenera na queima de maleza. A maior parte das propostas son hasta este momento referidas ó turismo rural ou ó cultivo de plantas medicináis. (Faro de Vigo).

25-Novembro-2001.

O Concello de Cerdedo acordou pechar o seu vertedeiro e comenzar as negociacións con SOGAMA para e recollida do lixo na "Ecoplanta" de Silleda. Este acordo xa foi asinado con anterioridade polos outros concellos da comarca. Tamén se acordou por en marcha a "Ventanilla Única", pola que os veciños poderán entregar calquer papel nunha única oficina independentemente da entidade a quen vaia destinado.  (Faro de Vigo)

23-Novembro-2001.

O plan Leader de Tabeirós-Terra de Montes deixará na comarca 7.310.854 euros  (1216 millóns de pesetas) dos que o 40% serán postos pola UE, o 20% polos governos Central e autonómico, e o 40% restante debe prover da iniciativa privada.  (A Voz de Galicia)

21-Novembro-2001.

Gamesa pensa instalar un novo parque eólico que se denominará Cabanelas entre os concellos de Forcarei, Cerdedo e A Estrada. Este último concello viña pondo moitos atrancos a estas instalacións e nestes intres non hai ningún no seu territorio.  (A Voz de Galicia)

21-Novembro-2001.

Cerdedo (42%) e Forcarei (40%) son os dous concellos da zona que máis baixan o seu número de veciños dende o censo de 1981 hasta o actual. A modo de exemplo, A Estrada baixa un 19% mentras que Lalín sube un 7%. (A voz de Galicia)

14-Novembro-2001.

O Albergue de Sabucedo vai abrir todo o ano como instalación turística e hosteleira, e non só cando se están celebrando a festa da rapa. Esto xuntarase tamén co Centro Hipico que se está rematado e que ofrecerá cursos e rotas a cabalo.  (A Voz de galicia)

 

14-Novembro-2001.

O primeiro domingo de Decembro (día dous) é o elexido para a VIII festa da Richada en Forcarei. Como nos derradeiros anos teremos unha carpa para a degustación de pinchos e racións e tamén bandas de música, fogos de artificio, etc. O concello pide ós restaurantes que colaboren para que a festa medre, xa que favorece sobre todo á hostelería. (A Voz de Galicia)

5-Novembro-2001.

A terceira Festa do Cogumelo de Soutelo de Montes  xuntou nesta vila a máis de un milleiro de persoas, que acudiron á carpa que se situou na Praza dos Gaiteiros. Bo clima, bos pratos, e un acertado concurso de cestas que gañou Fany Casas,  fixeron que a festa fose a máis concurrida das celebradas hasta esta data. (O Correo Galego)

 5-Novembro-2001.

A comisión da Rapa das  Bestas elixeu de novo a César García Rivas como presidente, eso sí, por un solo voto de diferencia con Luis Obelleiro. Os cinco veciños máis votados formarán a nova xunta.(O Correo Galego)

<< Anterior   Seguinte >>