Portada Quen Somos Agradecementos Colabore con Nós Últimas Novas

<< Anterior   Seguinte >>

29-Novembro-2000.

O Grupo parlamenterio do B.N.G. acaba de presentar unha proposta para que a consellería de Cultura da Xunta e o Concello de Forcarei axuden a manter o Centro Etnográfico da Terra de Montes, creado en Soutelo po la familia de D. Constantino González. O Grupo suxire a sinatura dun convenio de colaboración que axude a manter e mellorar o museo. (O Correo Galego)

23-Novembro-2000.

Novamente, e esta vez parece que en serio, aparece a posibilidade de levar a cabo a construcción dun "Safari Park" na Terra de montes. O propietario dos de Madrid, Elche e Sevilla está visitando os terreos acompañado po los alcaldes de Forcarei e Cerdedo e vendo a posibilidade de cesión por parte das comunidades de montes dos pobos afectados, e de que lle concedan axudas as administracións. Os veciños de Folgoso e Ventoxo mostráronse dispostos a chegar a un acordo. Son necesarias arredor de 133 hectáreas situadas nestas parroquias, que serían cedidas ou alquiladas por uns 30 anos. A reserva natural contaría con uns 700 animales de 70 ou 80 especies distintas, a inversión sería de uns 2500 millóns de pesetas, crearíanse uns 80 postos de traballo e espéranse uns 300.000 visitantes cada ano por un precio aproximado de 1000 pesetas. (O Correo galego).

12-Novembro-2000.

O día 3 de decembro celébrase en Forcarei a VII Festa da Richada. O Concello comprometese a por a disposición dos organizadores unha carpa de 1000 metros cadrados para que as inclemencias do tempo propias da estación non estraguen a festa. Aparte da actividade gastronómica, a festa contará con actuacións de grupos folk da comarca. (Faro de Vigo)

8-Novembro-2000.

A semán está reivindicativa naTerra de Montes. Os de Cerdedo xuntanse co resto dos concellos afectados po lo encoro do Lérez e organizan festas populares, concursos fotográficos e hasta unha baixada de rafting po lo río para dar a coñecer o erro que suporía a obra. As aldeas de Forcarei oponse os parques eólicos de Masgalán e Coco, contra Gamesa recurrindo a todas as posibilidades legais para conquerir  po lo menos unha importante compensación económica po la súa instalación e po lo paso das líneas. Por último, o concello de Beariz participa na reivindicación dun hospital comarcal para O Caballiño, donde dependen administrativamente. (M.C.)

3-Novembro-2000.

O domingo que ven celébrase en Soutelo a festa "Festa do Cogumelo". Serán máis de 50 kilos deste producto que se cociñarán en variadas recetas. A festa acompáñase dunha feira de productos típicos da bisbarra.  (A Voz de Galicia)

3-Novembro-2000.

Por primeira vez en varios anos, no colexio de Cerdedo aumentan os alumnos matriculados. Pode que sexa unha circunstancia xa que a poboación segue baixando, pero parece unha boa nova para esta terra. (A voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>