<< Anterior   Seguinte >>

29-Marzo-2006.

Outro premio para Francisco Rozados "Rochi", esta vez foi a undécima edición do Manuel Orestes que convoca o Concello de Paradela (Lugo). Ó concurso presentáronse 67 obras e conta con 600 euros en metálico de premio. A obre gañadora ten por título "Raiolas bo faiado" e trata sobre a guerra civil.  (A Voz de Galicia)

30-Marzo-2006.

As dúas reclamacións que estaban pendentes para o inicio das obras de mellora do vial Folgoso-Forcarei foron rexeitadas pola Diputación polo que estas obras xa poden comenzar. Para esto contan con 33.000 euros de orzamento, dos que 15.000 xa foron gastados nos 8 kilómetros xa executados.  (A Vos de Galicia)

10-Marzo-2006.

Forcarei aprobará este mes, con moito retraso, un orzamento municipal que se achegará ós tres millóns de euros. Este retraso ven dado pola incertidume nas aportacións das institucións dado o cambio que se dou no goberno da Xunta e o replantexamento de moitos proxectos en todo-los municipios. O Concello de Forcarei é un dos poucos que leva seis anos sin pedir un só emprestito e reduce ano tras ano o seu endeudamento. (A Voz de Galicia)

24-Marzo-2006.

O primeiro tanatorio que se inaugura na Terra de Montes será en Cachafeiro (Forcarei). Conta con unha superficie duns 500 metros cadrados, tres habitacións para velatorio e outra para preparación dos defuntos. Aparte conta con aparcamento e xardin hasta uns 8.000 metros.  (A Voz de Galicia)

10-Marzo-2006.

Francisco Rozados "Rochi", escritor, concelleiro de Forcarei e bo amigo destas páxinas, e o ganador do segundo premio de narración curta "Anxel Fole" convocado polo Concello de Lugo co relato "A Muller que non comía" basado nunha lenda dunha muller que viveu en Millarada no século XIX. Este é un máis nos premios que ven conquerindo este escritor, cada vez máis recoñecido e que xa conta con unha entrada propia na Biblioteca Virtual Galega (www.bvg.udc.es)  (A Voz de Galicia)

12-Marzo-2006.

O Delegado provincial do Medio Rural, Gonzalo Constenla quere implicar a varias consellerías da Xunta no plan de actuación integral para a parroquia de Sabucedo. Trátase de mellorar os viales, casas tradicionais, festa de interese internacional, albergue, rutas de sendeirismo, muiños e outros complementos que fagan que o visitante poida vir a Sabucedo calquer día do ano e non só os da festa da Rapa.  (A Voz de Galicia)

1-Marzo-2006.

3500 metros de valado, 30.000 euros de subvención e moito traballo impedirán ós cabalos de Sabucedo que cheguen hasta a estrada e os cultivos privados. Esta obra estará rematada a vindeira semán.  (A Voz de Galicia)

2-Marzo-2006.

Despois da festa da vincha, a vindeira que se celebre en Cerdedo será a do Porco Bravo, os días 29 e 30 de Abril. A volta deste animal ás nosas terras e a autorización da súa caza en algunhas tempadas tamén ten as súas ventaxas e os xavaríns (22 ven xelados hai dispostos para o seu consumo) convertiranse nun exquisito prato.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>