<< Anterior   Seguinte >>

28-marzo-2005.

Canabal, Sen dúbida o mellor futbolista que naceu na Terra de Montes, anunciou a súa retirada con só trinta anos por mor dunha doenza crónica nas costas que lle impide calquer práctica deportiva y dificulta incluso a súa vida normal. O que se esperaba que fora unha feliz volta ó Pontevedra remata antes de tempo de xeito ben pouco agradable, tal como contou él nunha roda de prensa na que non pudo parar as báguas. (Diario de Pontevedra)

28-marzo-2005.

Xesús Antonio Gulías, presidente da Asociación de Amigos de Terra de Montes anda a desenrrolar un estudo documental acerca da Torre fortaleza de Castro de Montes. Esta edificacación, activa entre os anos 1178 e a súa destrucción polos hirmandiños no 1476, foi sede dos Xuices-meriños e estaba dentro dun recinto amurallado con vivenda e carcere. A torre medía uns 18 metros, tiña pareces de pedra duns 170 cm. de gorsor e almenas no cumio. A devandita asociación quere recuperar os terreos para un uso público e como recordo deste simbolo pero aínda seguen pertenecendo a diversos propietarios, entre eles a igrexa.  (A Voz de Galicia)

19-marzo-2005.

Outro incendio, esta vez en Pedre (Cerdedo), queimou perto de mil hectáreas e afectou ós lugares de Pedre, Vichocuntín, Deán e Vilar, onde tiveron que ser avisados varios veciños por un posible desaloxo.  (A Voz de Galicia)

20-marzo-2005.

A escenificación da paixón e o "desencravo" serán os principais actos da semán santa en Cerdedo. Mentras, en Forcarei, un viacrucis sairá desde Pereira e rematará o seu percorrido no mosteiro de Aciveiro.  (A Voz de Galicia)

17-marzo-2005.

Once ou doce nenos e a media dos que acuden cada día á guardería de nenos de Cerdedo. Algúns permanecen solo unhas horas.  (A Voz de Galicia)

18-marzo-2005.

Un importante incendio asolou os montes de Quintillán (Forcarei) e obrigou á intervención de todolos medios diponibles. A importante sequía que padece todo galicia pode dar lugar a un vran bastante duro neste tema.  (A Voz de Galicia)

11-marzo-2005.

Unha muller, veciña de Vigo pero con familia en Presqueiras, morreu en Aciveiro ó golpearse contra un camión.  (A Voz de galicia)

14-marzo-2005.

Forcarei solicitou á Diputación que instale un telecentro con acceso a internet gratis para os veciños. Podería estar instalado no centro social. Por outra banda, en Cerdedo organízase un homenaxe ó que foi alcalde Jorge Caramés. Poderán acudir todo-los veciños e costará 25 euros.  (A Voz de Galicia)

10-marzo-2005.

Pontemaril acollerá este verán un campamento de ingles para nenos de 11 a 13 anos con profesores nativos. Será entre o 1 e o 15 de Xullo e contarán con dez profesores procedentes do Canadá.  (A Voz de Galicia)

10-marzo-2005.

O Concello de Forcarei solicitou á Xunta axuda para a mellora da depuradora de Cachafeiro e do saneamento das aldeas de Vilar, Vilariño e Garellas.  (A Voz de Galicia)

 

10-marzo-2005.

O alcalde de Cerdedo falou co vicepresidente da Xunta, Sr. Nuñez Feijoo, das necesidades do concello, entre elas as novas vivendas sociais e da mellora na urbanización de tres das rúas da capitalidade. As vivendas serán dez nunha primeira tanda e hasta vintecinco noutras posteriores, Serían vivendas unifamiliares, en forma de adosados.  (A Voz de Galicia)

10-marzo-2005.

Escalada e paintball serán dúas das actividade de "Forcaventura", o programa de actividades para a semán santa en Forcarei. A participación en toda-las actividades costará 20 euros e hai un total de 25 prazas disponibles  (A Voz de Galicia)

 

7-marzo-2005.

A traída de augas de Ventoxo (Forcarei) está rexida por unha xunta de usuarios como outras moitas desta bisbarra porque forn os veciños e non os concellos os que fixeron a instalación e así evitan o pago dunha cota mensual. Esta xunta quere construir un novo depósito que lle de mellor servicio ós trinta fogares do lugar.  (A Voz de Galicia)

7-marzo-2005.

3.344 son os alumnos da escola primaria, infantil e secundaria nos concellos de Tabeirós-Terra de Montes, 32 menos que o ano pasado. Curiosamente medran na educación infantil onde en Forcarei pasa de 57 a 65 nenos mentras que en Cerdedo baixan de 11 a 8. Na ESO baixan todo-los concellos (Cinco alumnos menos en Forcarei).    (A Voz de Galicia)

4-marzo-2005.

A Consellería de Xuventude acaba de sacar a concurso as obras dun novo edificio no campamento de Pontemaril (Forcarei) que permitirá o seu uso durante o inverno. Serán 120.000 euros que aportarán 42 prazas baixo teito que se suman ás 200 en tendas e bungalows  (A Voz de Galicia)

7-marzo-2005.

A Asociación de mulleres de Cerdedo "Espadela" ten programado unha charla para o día da muller traballadora co tema da escravitude da muller ó seu físico. Será o vindeiro sábado ás 20 horas e falará dos canones de beleza femininos e as súas consecuencias (Anorexia, bulimia, etc.)  (A Voz de Galicia)

2-marzo-2005.

O Concello de Cerdedo solicitou á Consellería de Xustiza unha subvención de 30.000 euros para convertir o edificio que foi da Cámara Agraria en oficina para asuntos do rural. Tamén firmou un convenio de colaboración co Pontevedra Club de Fútbol para que os rapaces poidan acudir ó estadio de Pasarón sin pago da entrada. (A Voz de Galicia)

3-marzo-2005.

A Consellería de Industria investirá 110.000 euros en mellorar a instalación eléctrica na parroquia de Aciveiro. Os veciños sofren continuas caidas de tensión cando o consumo é máximo, como ás horas en que se muxen as vacas. Esta repación afectará ós lugares de Forno, O Cotiño, Villaverde e A Cruz.  (A Voz de Galicia)

1-marzo-2005.

Raposeiras e Balseiros, alcaldes respectivamente de Forcarei e Cerdedo, negocian coa Conselleiría de Industria da Xunta de Galicia o apoio desta ó novo macropolígono, para o que xa obtiveron o da diputación provincial. Tamén queren mellorar a instalación eléctrica dos concellos coa construcción dunha nova subestación de Fenosa.  (A Voz de Galicia)

1-marzo-2005.

Cerdedo quere que todas as suas igrexas e cemiterios teñan luz de noite e para eso ten solicitada unha subvención. Hai igrexas románicas como a de Tomonde e Quireza que merecen este traballo polo seu interese artístico.   (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>