<< Anterior   Seguinte >>

25-Marzo-2004.

O Concello de Cerdedo ofrece tres leiras para a ubicación das vivendas sociais que se queren levantar na capitalidade do concello. Espérase que sexan vinte, e tense proposto que sexan "chaléts adosados" en lugar de casas de varias alturas.  (A Voz de Galicia)

16-Marzo-2004.

O alcalde de Cerdedo anunciou que recurrirá no TSXG o deslinde con Cotobade elaborado pola Xunta e que perxudica ós veciños da parroquia de Pedre fronte a de Sta. María de Sacos. A Xunta dou como válido o deslinde do ano 1939. O mismo caso existe entre Cerdedo e Forcarei e entre Forcarei e Lalín (A Voz de Galicia)

20-Marzo-2004.

A Asociación "Espadela", organizadora da "Festa da Vincha" convoca para o vindeiro sábado día 27 unha reunión para facer balance da derradeira edición e estudiar a promoción das vindeiras.  (A Voz de Galicia)

 

14-Marzo-2004.

Resultado das eleccións xeráis na Terra de Montes:

Municipio            P. P.              P.S.O.E.          B.N.G.                E. U.    

Forcarei      1.925 (64,7%)       799 (26,9%)     230  (7,7%)    11 (0,37%)

Cerdedo        654  (52,3%)       435 (34,8%)    116  (9,3%)      8 (0,64%)

Beariz           766  (89,4%)         53  (6,2%)       19  (2,2%)      2  (0,2%)

(Correo Galego)             

15-Marzo-2004.

Dos resultados de onte nas eleccións xerais  pódese sacar que o PP no resultou moi desgastado na Terra de Montes, ó contrario dos resultados en España enteira. O PSOE sube apreciablemente, pero máis a costa dos nacionalistas do BNG que da dereita.
Cerdedo é o segundo concello de Galicia con máis abstención (43,34 %)  (M.C.)

11-Marzo-2004.

A asociación de comerciantes de Forcarei (ACEF) inicia hoxe un curso de ventas, publicidade e promoción comercial na casa da xuventude. O curso terá unha duración de corenta horas.  (A Voz de Galicia)

 

13-Marzo-2004.

Os cabalos do Santo, en Sabucedo, parece que van a quedarse sin a valla que prometeu o anterior Conselleiro de Política Territorial. Parece ser que os actuais xestores pensan que esta non é a solución, xa que o muro que actualmente está levantado aparece sempre tirado por algunha veira. A Asociación conta con un seguro pero nestes intres tampouco ten vixiante, xa que o que existía topou outro traballo e deixo este.  (A Voz de Galicia)

8-Marzo-2004.

O Alcalde de Cerdedo, Jorge Caramés, confirmou que a variante da N-541 seguirá o trazado Norte, como querian case todos no concello.  (A Voz de Galicia)

 

8-Marzo-2004.

A cooperativa Servipor inaugura o seu centro de porcino en Forcarei, contando con 22 porcos con capacidade para a inseminación de 10.000 femias cada ano. Os sementais proceden de Cataluña e Francia e o prezo de cada dose estará entre 2,5 e 5 euros  (A Voz de Galicia)

3-Marzo-2004.

O concello de Cerdedo tén un contencioso co de Campolameiro por un terreo que sempre foi considerado como da parroquia de Pedre, pero que a Dirección Xeral de Administración Local doulle a razón ó de Campolameiro  (A Voz de Galicia)

5-Marzo-2004.

O Concello de Beariz tamén está en fase de redacción do PXOM e neste medio acordou ceder terreos para unha futura construcción de vivendas de protección autonómica (A Voz de Galicia)

 

1-Marzo-2004.

O Concello de Forcarei acordou solicitar que o trazado do AVE sexa pola veira sur da estrada N-541 o que daría lugar a un impacto máis pequeno na bisbarra. Desta maneira evitaríase a Serra de Candán e pediríase protección especial para o río Castro e a fortaleza do Castro de Montes. (A Voz de Galicia)

2-Marzo-2004.

A parroquia de Zobra é unha das máis afectadas polas interferencias dos aeroxeneradores na señal de televisión. Os problemas afectan principalmente á televisión de Galicia e a Antena 3. (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>