<< Anterior   Seguinte >>

 

26-marzo-2003.

O Conselleiro de Plítica territorial, Alberto Nuñez Feijoo, comprometeuse co alcalde de Forcarei, David Raposeiras, á mellora da carretera entre Cachafeiro e Vilapouca, unha obra que mellora a comunicación entre Soutelo e Forcarei e que xuntaría ós dous polígonos industriais do concello.  (A Voz de Galicia)

16-marzo-2003.

O Concello de Cerdedo acordou por unanimidade levantar un monumento que recorde a todo-los finados na guerra civil. Nestes intres só están na fachada da igrexa parroquial os nomes dos do bando nacional.  (Faro de Vigo)

23-marzo-2003.

A Asociación "Rapa das bestas" atopouse coa morte a tiros de cinco cabalos do Santo en O Souto. Estase a pedir á Xunta de Galicia unha nova lei que regule os dereitos do gando que pasta ceibe nos nosos montes, cando menos que esixa o seu marcado para recoñecer ós responsables dos danos que poidan acontecer nas colleitas.  De momento o gando que pastaba nos montes de Cerdedo será recollido a una leira pechada, menos naqueles onde hai uns dereitos históricos como os montes de Pranzadoira e Montouto. (Faro de Vigo)

4-marzo-2003.

O colectivo organizador da "Rapa das Bestas" celebrou eleccións este fin de semán despois da dimisión do seu anterior presidente D. Cesar García. Resultaron os máis votados o coñecido aloitador Xosé Paz, Nuria Díaz,  Roi Vicente e Xosé Touriño. Eles formarán a nova xunta directiva, contando, si así o desexan, con outros colaboradores. É de suliñar a xuventude dos elexidos e que todos eles viven fora de Sabucedo toda a semán.  (A Voz de Galicia)

6-marzo-2003.

Gamesa, empresa dona dos parques eólicos da Terra de Montes, ten vendidos os seus xeneradores das serras do Seixo e O Cando a unha empresa Xaponesa. A potencia total destes xeneradores é de uns 65 megavatios, o que equivale ó consumo dunhas 52.000 familias.  (A Voz de Galicia)

2-marzo-2003.

Este sabado celebrouse en Cerdedo a "Festa da Vincha". Con boa asistencia de público, que poido comprar este postre e moitos outros, todos artesáns, pero tamén productos da terra e artesanía. A asociación de mulleres "Espadela", verdadeira nai da festa, presentaba unha exposición de aparellos para o traballo do liño e un taller de cestería.  (M. C.)

<< Anterior   Seguinte >>