<< Anterior   Seguinte >>

 
22-marzo-2002.

A Consellería de educación da Xunta prometeulle ós pais dos alumnos de bachelerato do instituto "Chano Piñeiro" de Forcarei levar a cabo melloras no centro, pero nunca a construcción doutro novo como eles querían. Considerase que hai moi poucos alumnos na zona coma para esta obra.  (Faro de Vigo)

23-marzo-2002.

O alcalde de Forcarei, David Raposeiras, afirmou que o concello trataría de axudar ó Centro Etnográfico da Terra de Montes (Cetmo) de Soutelo, aínda que nos presupostos non se especifica nin unha soa peseta. Outras organizacións si ten asinada unha axuda nestes novos presupostos aprobados.  (A Voz de Galicia)

21-marzo-2002.

 A empresa "Vidrogal" é a primeira en solicitar unha das parcelas do polígono industrial de Vilapouca (Madalena). Quere arredor de 20.000 metros cadrados e levará a cabo un importante investimento que pode crear máis de 50 postos de traballo.  (Faro de Vigo)

22-marzo-2002.

Os veciños de Codeseda (A Estrada) van movilizarse por mor dos estragos do gando mostrenco (ceibe) que baixan dos montes e acaban coas colleitas, sin que ninguén se faga cargo dos danos. Tamén ten xa provocado accidentes na estrada PO2003 entre A Estrada e Forcarei.  (O Correo Galego)

 

20-marzo-2002.

O Concello de Forcarei aumentará os gastos de persoal perto dun 40%, debido sobre todo ós gastos do taller de emprego que continuará coa reconstrucción do convento de Aciveiro.  (A Voz de Galicia)

20-marzo-2002.

Os veciños de Sabucedo reuniranse en asamblea para decidir si se inclúe ó concello de A Estrada no colectivo "Rapa das Bestas" que xestiona a festa. Esto facilitaría o papeleo e permitiría xestionar axudas, controlar a "movida" ó arredor da festa ou mesmo contratar alguén que coide dos cabalos do "santo".  (Faro de Vigo)

18-marzo-2002.

O Concello de Forcarei ten pensado construir un vertedeiro de inertes (restos da construcción) na anterga canteira de Castrelo e un "Punto Limpo" no polígono de Cachafeiro. Eso decrarou o alcalde no acto que sinalou o peche do que foi o basureiro municipal.  (A Voz de Galicia)

20-marzo-2002.

Os veciños de Zobra afirman que Telefónica querelles cobrar 10.800 Euros por un teléfono, e máis enriba non presenta o presuposto por escrito. A razón seguramente está na obsoleta tecnoloxía dos teléfonos da zona, que a compañía quere cambiar, pero sin correr cos custos que esto supón.  (A Voz de Galicia)

18-marzo-2002.

As casas rurais da nosa bisbarra estarán cheas esta semán de paixón. Os Madrileños, vascos e extremeños son os máis madrugadores na visita a nosa terra, sobre todo entre os días 25 e 31 de marzo.  (A Voz de Galicia)

18-marzo-2002.

"Verbo Xido" celebrou hoxe a súa limpeza do monte do Seixo. Recolléronse 400 Kg. de lixo, desde latas de refrescos a baterías de coches. Distribuidos o longo de todo o monte, atoparon moito escombro perto da escola de parapente de Cerdedo, e o longo das estradas que recorren o parque, onde recentemente se celebrou a I subida automovilística á Cerdedo.  (Faro de Vigo)0

14-marzo-2002.

O Concello de Beariz é o de renta máis alta de todo Galicia, por encima de A Coruña, Avión, Ourense e santiago. Esto debese á emigración, ás pensións e ó subsidio de desemprego, posto que o nivel de actividade é certamente mínimo.  (O Correo Galego).

14-marzo-2002.

Forcarei acollerá dous cursos para desempregados que valerán de mellora para aqueles que recibiron outros semellantes o ano pasado. Son cursos de Deseño Gráfico e de Maquinista de Confección, e comenzarán o 19 de Abril.  (A Voz de Galicia)

9-marzo-2002.

Gamesa proxecta dous novos parques eólicos en Forcarei, aínda que non se coñece o seu emplazamento nin están aprobados polos organismos correspondentes.  (Faro de Vigo)

 

10-marzo-2002.

"Verbo Xido", asociación cultural da Terra de Montes informa que os concellos de Cerdedo e Forcarei procederon a limpeza da maior parte do monte do Xeixo. A pesares desto, non suspenden a marcha programada porque supón unha importante concienciación dos cidadáns, e máim queren conquerir que se poñan conteñedores para facilitarlles os visitantes a limpeza. amén se celebrará un certame literario e grafico para os escolares da zona.  (Faro de Vigo)

 5-marzo-2002.

Volve a  escoitarse falar do famoso "Safari Park" da Terra de Montes. Despois dos problemas coas comunidades de Outeiro-Quintas en Cerdedo, o concello de Forcarei propuxo uns novos terreos perto de Soutelo. O promotor afirma que os responsables non iniciaron as negociacións cos propietarios dos terreos, pero máis ben parece que ninguén se fía da seriedade da outra parte e non se deciden a algo que pode despertar toda a bisbarra.  (A Voz de Galicia)

7-marzo-2002.

O Concello de Forcarei contará próximamente con unha asistenta social en exclusiva. Nestes intres, unha persoa compartía esta actividade entre Cerdedo e Forcarei, mais os casos deste último son tantos que esixen a dedicación total.  (A Voz de Galicia)

 

 

<< Anterior   Seguinte >>