Portada Quen Somos Agradecementos Colabore con Nós Últimas Novas

<< Anterior   Seguinte >>

29-Marzo-2001.

Os veciños de Zobra, no concello de Lalín, acaban de recurrir en Industria o permiso para o parque eólico de Ameixeiras -Testeiro, pertencente os concellos de Lalín e Forcarei. Básanse no forte impacto mediaombiental e en que os xeneradores están perto das vivendas, de tal maneira que os veciños perciben o ruido. Aseguran que o parque perxudica a caza, a apicultura e o turismo rural. Mentras tanto Gamesa, a empresa explotadora, quere que sexa declarado de utilidade pública para poder expropiar as terras. (A Voz de Galicia)

Vista dende Coco de Zobra e arredores.  Foto: Manuel Cerdeira

26-Marzo-2001.

O Concello de Cerdedo persa rehabilitar as vellas escolas de Figueroa , Deán e Loureiro convertindoas en locáis para uso dos veciños dos lugares. Tamén acaba de aprobarse un plan para mellorar os accesos a Loureiro e Quireza e o saneamento en figueroa, con un custe de cinco millóns de pesetas.

20-Marzo-2001.

As vintedúas vivendas sociais de Soutelo xa ten, cando menos, 40 veciños interesados nelas. Para ter dereito a unha hai que ter un xornal de menos de 2,5 veces o interprofesional e levar polo menos tres anos vivindo ou traballando no concello. (A voz de Galicia)

20-Marzo-2001.

Os comerciantes de Soutelo convocan unha asamblea para constituir un colectivo que percure a defensa dos seus intereses.  Tratan de que se legalicen máis de trinta empresas que eles consideran ilegais, e tamén que todos cumplan cos horarios de peche. Así mismo síntense perxudicados pola venta ambulante, moi abundante nesta terra.  Parece ser que a última hora tamén se van xuntar os comerciantes de Forcarei nunha misma asociación. (A voz de Galicia)

20-Marzo-2001.

Soutelo nun día de Feira.  Foto: A Voz de Galicia

20-Marzo-2001.

O alcalde de Cerdedo, Xosé Caramés, ten problemas con algúns dos seus concelleiros máis xovenes. Algúns deles como Manuel Vieitez, Rogelio Carballo e o propio Luís Jorge, fillo do alcalde, non están moi dacordo coa vella maneira de facer política de Caramés, que algunhas veces lévase mellor coa oposición que con eles mismos. (A voz de Galicia)

20-Marzo-2001.

A xunta aprobou unha subvención para a construcción dos colectores e a depuradora de augas residuais do concello de Beariz. O Concello quere xuntar os vertidos dos diversos núcleos de poboación nunha soa estación que dea servicio á maioría dos 2500 habitantes do concello.
15-Marzo-2001.

O director xeral de Turismo, Aurelio Miras e o presidente da asociación de amigos do Mosteiro de Aciveiro, Xosé Luís Barreiro Rivas inauguran hoxe oficialmente a Hospedería de San Gonzalo das Penas, instalada na ala este do cenobio de  Aciveiro. Ben é verdade que o chamada "Hotel da natureza" xa está funcionando dende fai algúns meses, contando con nove dormitorios, cafetería, comedor, etc. hasta un total de 200 metros cuadrados. (A Voz de Galicia).

7-Marzo-2001.

Gamesa, a empresa promotora dos parques eólicos na nosa terra acaba de quitar do seu proxecto para o da Serra de Candán  a parte que lle correspondía o concello de Forcarei, aínda que eso non odifica a cantidade de aeroxeneradores que pensan levantar. Son 75 aparellos de 660 kilowatios cada ún, con un total de 7200 millóns de pesetas de investimento. (A Voz de Galicia) 

2-Marzo-2001.

Unha marcha ecoloxista para a defensa da Serra do Candán xuntou máis dun cento de persoas procedentes de Lalín e Forcarei, e eso a pesar da choiva que non parou de cair o longo do fin de semán. A marcha protestou contra os parques eólicos en zonas protexidas da serra, e visitaron as neveiras de Fixó, o alto de Coco, O Ameixedo e Bustelos,  o longo dun dos paisaxes mellor conservados da bisbarra. (A Voz de Galicia) 

 

 

<< Anterior   Seguinte >>