Portada Quen Somos Agradecementos Colabore con Nós Últimas Novas

<< Anterior   Seguinte >>

15-Marzo-2000.

Belén Barreiro Vilas, de 27 anos, natural do concello de Cerdedo, acaba de firmar un contrato de traballo como doctora astrofísica no Instituto de Investigación da Universidade de Cambridge. A xoven está considerada como unha dos seis millores astrofísicos de Europa.  (O Correo Galego)

16-Marzo-2000.

A Consellería de Agricultura investirá máis de 622 millóns de pesetas na concentración parcelaria dos concellos de Lalín e Forcarei. Neste último municipio, concentraranse 1750 hectareas das parroquias de Meavía e Quintillán, que hoxe están divididas en 8100 parcelas que se quedarán nunhas 2300.  (O Correo Galego)

15-Marzo-2000.

¿Un Safari-Park na Terra de Montes?. Esta posibilidade existe desde 1998, cando a empresa propietaria dos parques do mesmo tipo de Madrid e Alicante interesouse pola cesión dos terreos. Estaría ubicado nos concellos de Cerdedo (Quintas e Folgoso) e Forcarei (Ventoxo), e ocuparía unhas 130 hectáreas con un investimento de 500 millóns de pesetas e uns 50 postos de traballo. (Estes parques son semellantes os Zooloxicos, pero os animáis disfrutan dunha certa libertade, polo que deben ser visitados sin baixarse do coche).  (O Correo Galego)

13-Marzo-2000.

Resultado das eleccións xeráis na Terra de Montes:

Municipio            P. P.              P.S.O.E.          B.N.G.                E. U.    

Forcarei      1.992 (66,5%)       535 (17,8%)    412  (13,8%)   16 (0,53%)

Cerdedo        724  (58,0%)       302 (24,2%)    202  (16,2%)     7 (0,56%)

Beariz          861  (91,7%)          28   (3,0%)      37    (3,9%)     3 (0,32%)

GALICIA             (53,8%)                (23,4%)            (19,1%)          (1,3%)  

 

<< Anterior   Seguinte >>