<< Anterior   Seguinte >>

31-Maio-2006.

Un 99,45% dos forcareicenses, a tasa máis alta da historia, cumpliron coa obrigación de pago de impostos dentro do prazo voluntario no primeiro ano de xestión directa do concello desde que se eliminou o recaudador. Deles, un 60% domiciliaron os seus recibos e o resto pagounos no banco dentro do período establecido.

31-Maio-2006.

Avanzan as obras de mellora dos accesos ó Mosteiro de Aciveiro e construcción dun aparcamento de autobuses. Tamén se está quitando as liñas de teléfono e postes, que son soterradas, e mmelorando a señalización.  (A Voz de Galicia)

 

30-Maio-2006.

O Concello de Forcarei sacará a concurso a limpeza de todo-los seus edificios. Antes, cada local era contratado de xeito independente, pero esto xa non é posible e pasarase a contratar todos por un máximo de 50.000 euros ó ano. (A Voz de Galicia)

30-Maio-2006.

Cerdedo organizará unha estancia no balneario de Arnoia Hotel para veciños maiores de 18 anos, e un taller de pintura para os maiores de dez anos. Neste colaborará o artista valecián Just Cuadrado.  (A Voz de Galicia)

21-Maio-2006.

O Concello de Forcarei quere recuperar os monumentos funerarios do Campo das Mamoas (Castrelo) e o Castro de Loureiro (Dúas Igrexas) así como as dúas neveiras que se conservan no lugar de Fixó (Millarada) porque outras xa se perderon nos derradeiros anos. No caso do Castro de Loureiro xa foi desbrozado polos rapaces do campamento de Ponte Maril o pasado ano pero sería necesario a súa excavación arqueolóxica.  (A Voz de Galicia)

30-Maio-2006.

O novo obradoiro de emprego concedido pola Xunta para o Concello de Forcarei contará con 40 traballadores que xa están sendo seleccionados entre os desempregados maiores de 25 anos. Conta con modulos de Construcción, Xardinería, fontanería e electricidade e un presuposto perto do millón de euros. A principal tarefa será a restauración do Muíño do Cotelo, sito no lugar da Ponte (Forcarei) para convertilo no Centro de interpretación da natureza previsto no municipio. Tamén deben restaurar as casas dos maestros para o seu uso como centro de día para coidado de persoas maiores.  (A Voz de Galicia)

19-Maio-2006.

Francisco Rozados, "Rochi" acadou o cuarto premio literario do ano, esta vez con unha novela curta, na primeira edición do Certame Xoán de Cangas deste xénero. A obra ten por título "O transparente, cronosferico e omníglota segredo de Don Amaro Loureiro e a súa alma perdida e recobrada". É a súa primeira incursión no mundo da novela e da ficción pura, sen un transfondo histórico.  (A Voz de Galicia)

19-Maio-2006.

O Concello de Cerdedo quere pedir un novo obradoiro de emprego para rematar o empedrado das rúas da vila que non puderon ser melloradas polo do anao pasado. Contaría con actividades de albanel, canteiro e xardiñeiro e chegaría hasta os 45 obreiros de menos de 25 anos.  (A Voz de Galicia)

8-Maio-2006.

A petición da Diputación de Pontevedra de solicitar da medalla de ouro a título póstumo para o Gaiteiro de Soutelo e os seus hirmáns vai sumando novos apoios. Despois do Concello de Forcarei foron os de A Estrada e Cerdedo, e pódese sumar próximamente o propio Parlamento Galego se propera a moción de algúnd diputados autonómicos.  (A Voz de Galicia)

8-Abril-2006.

Un grupo de diputados autonómicos da zona levaron ó Parlamento Galego unha proposición para instar á Xunta a cumplir o acordo do goberno anterior para financiar o saneamento de Cerdedo, sin que a actual Consellería de Medio Ambiente teña nada feito. O investimento anaría polos 1,2 millóns de euros.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>