<< Anterior   Seguinte >>

27-Maio-2005.

Os Concellos de Cerdedo e Forcarei poderán instalar xeneradores eólicos própios co fin de aforrar na factura da luz. Ambolos dous pensan ubicalos perto doutros parques xa existentes para facilitar a saída da corriente. Probablemente se chegue a un acordo coa empresa explotadora do parque para que sexa esta a que explote os xeneradores a cambio dun canon fixo.  (A Voz de Galicia)

31-Maio-2005.

As vivendas sociais que está previsto construir en Cerdedo (dez chalets adosados duns 90 metros cadrados habitables cada un) terán un prezo máximo de 40.000 euros e dependerá do nivel economico dos adxudicatarios, seun anunciou o alcalde da vila Xosé Balseiros.  (A Voz de Galicia)

26-Maio-2005.

Un mirador cuberto, farolas, bancos de madeira, arbores e arbustos formarán a paisaxe do que foi o vertedeiro de lixo de Cerdedo. A obra conta con un investimeto de 150.000 euros. Mentras tanto en Castrelo (Forcarei) xa está case rematado o vertedeiro de inertes.  (A Voz de Galicia)

26-Maio-2005.

Un novo edificio perto da vella biblioteca será sede do novo centro cultural de Cerdedo. O edificio antiguo será derrubado e o seu chan convertido en zona verde.  (A Voz de Galicia)

 

24-Maio-2005.

O Concello de Forcarei acordou desafectar as vivendas dos maestros de Soutelo, nunca utilizadas para o seu aluger a parexas xóvenes da vila. Tamén se acordou xestionar desde o propio Concello a recaudación de impostos, actividade que nestes intres leva a cabo unha xestoría local que cobra un 7% do recaudado.  (A Voz de Galicia)

24-Maio-2005.

A Conselleira de Asuntos Sociais da Xunta, Belén Prado, visita estes días as obras levadas a cabo polos alúmnos do Obradoiro de Emprego da vila de Cerdedo. Entre elas destaca a mellora das rúas empedradas do casco vello, a ruta de Frai Martín Sarmiento e o edificio da Cámara Agraria.  (A Voz de Galicia)

19-Maio-2005.

172.000 euros investirá a Consellería de Agricultura na mellora do vial entre as aldeas de Rozados, Quintillán e a Graña de Cabanelas, no Concello de Forcarei. Tamén se ten previsto facer o mismo cos de San Marcos-Sixto en Pardesoa e Liñares en Castrelo.  (A Voz de Galicia)

23-Maio-2005.

O Concello de Forcarei está restaurando o enorno de dúas das súas pontes máis emblemáticas, A de Andón en Aciveiro e a Ponte do Crego en Dúasigrexas. A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia aporta 30.000 euros para a segunda obra, que mellor a a ponte, a balaustrada e un muiño, mentras que financia totalmente a de Andón, onde se construirá un área recreativa.  (A Voz de Galicia)

4-Maio-2005.

A Corporación municipal de Cerdedo aprobou por unanimidade o proxecto de renovación da rede de saneamento da capitalidade e de construcción da nova depuradora. A Consellería de Medio Ambiente da Xunta debe correr coa maior parte dos gastos, que superarán os 1,25 millóns de euros. (A Voz de Galicia)

9-Maio-2005.

Segundo acordou a Asociación Rapa das Bestas, este ano a festa de Sabucedo incorporará por primeira vez o marcado dos cabalos con microchip. Tamén se acordou levar unha traída de auga hasta o campo da festa.  (A Voz de Galicia)

 

<< Anterior   Seguinte >>