<< Anterior   Seguinte >>

30-Maio-2004.

Un centro de veciños de Cerdedo peregrinaron a pé hasta Santiago na madrugada de onte. Dende os dez hasta os oitenta anos, poucos fixeron uso do autobús que os acompañaba aínda que si tiveron que ser atendidos polo ATS bastantes feridas nos pés dos camiñantes.  (A Voz de Galicia)

25-Maio-2004.

O acceso do AVE por Cerdedo deixou de ser prioritario para o novo goberno aínda que fora proposto orixinalmente pola UGT e por técnicos do propio PSOE. Moitos dos proxectos avalados polo "Plan Galicia" están a ser revisados polos novos mandatarios. O PP segue a insistir neste enlace e en todas as infraestructuras deseñadas neste plan. (A Voz de Galicia)

26-Maio-2004.

O Concello de Forcarei apoia unha hipotética autovía que enlace Pontevedra coa A-52 (Madrid-Vigo) pasando por este concello. Este vial e a mellora do que comunica con Lalín daría nova vida a esta terra. Non parece, nembargantes unha das máis probables solucións xa que tamén se baraxan as de xungir Pontevedra con Porriño ou coa Cañiza.  (A Voz de Galicia)

19-Maio-2004.

A Diputación Provincial comprometeuse co alcalde de Cerdedo en rematar canto antes as obras no vial Cerdedo-Quireza. O presuposto é duns 120.000 euros. Tamén se reporá o firme no acceso ó cemiterio de Quireza.  (A Voz de Galicia)

24-Maio-2004.

O Coléctivo "Rapa das Bestas" quere tender a mán ó concello da Estrada con vistas á vindeira Rapa, que terá lugar entre os días 2 e 5 de xullo. Nestes intres estase a renegociar o seguro para as reses e tamén se ten pensado recuperar a marcaxe a ferro xa que a de nitroxeno probada o ano pasado ten causado infecións nos cabalos.  (A Voz de Galicia)

10-Maio-2004.

O B.N.G. de Cerdedo vense a queixar de irregularidades na xestión do polígono industrial "Sangal" neste concello. En concreto confirman que unha empresa de prefabricados está a levantar a súa nave sin ter permiso nin haberse parcelado o polígono. A nave ocupa perto da mitade de todo o solo industrial.  (A Voz de Galicia)

17-Maio-2004.

A Asociación ecoloxista "VerboXido" advirte na presentación das actividades programadas para o día das letras galegas que este ano está adicado a Xaquín Lorenzo "Xocas", da importante destrucción do patrimonio etnográfico na Terra de Montes. Como exemplo citan o casco vello de Soutelo ou a praza da igrexa en Forcarei, e culpan dereitamente ós concellos polo abandono do seu deber de protexer este patrimonio.  (A Voz de Galicia)

4-Maio-2004.

O Alcalde de Cerdedo firmou en Santiago un convenio coa Xunta para crear un punto limpo no concello e permitir así a recollida selectiva do lixo ou residuos voluminosos habituais.  (A Voz de Galicia)

10-Maio-2004.

O Mosteiro de Aciveiro abrirá as portas como "Hospedería Histórica" no vindeiro mes de xullo contando xa con máis de 50 prazas  (seis novos cuartos). A empresa "Pousadas de Compostela", nova adxudicataria, ten catalogado esta hospedería entre as mellores dentro da súa oferta.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>