<< Anterior   Seguinte >>

31-Maio-2003.

As entradas para a Rapa das Bestas costarán 10 euros, cinco para os nenos, segundo acordo da xunta da asociación que dirixe a festa.  (A Voz de Galicia)

29-Maio-2003.

O circuito de karting da Madalena conta cun orzamento de 601.000 euros e estará rematado para Xuño do ano que ven. O colectivo "Verbo Xido" preguntase si non terá influencia na vida dos veciños, cando comence a funcionar e o ruido chegue ó lugar.  (A Voz de Galicia)

30-Maio-2003.

O alcalde de Cerdedo, Caramés, afirma que serán os concellais de Cerdedo e Forcarei os que elexirán ó diputado provincial de Tabeirós-Montes, e non os da Estrada, como queren estes.  (Faro de Vigo)

 

26-Maio-2003.

Resultados das eleccións municipais na Terra de Montes:

                             Forcarei:                                  Cerdedo                                Beariz

               Votos   Concell.     % votos    Votos     Concell. % votos   Votos    Concell.    % votos

P.P.          2254          9             72,9%       948            8          66,3%       812          9            90,6%

P.S.O.E      555          2              17,9%      211            1          14,7%       54            0             6,0%

B.N.G.        240          0               7,8%       234            2         16,4%        19            0            2,1%

 

Felicidades os tres alcaldes, que repiten cargo e case resultados.

21-Maio-2003.

Un turismo arrollou a dous cabalos do "santo" na estrada entre Forcarei e A Estrada, entre Portela e Liripio. O conductor non resultou ferido.  (Faro de Vigo)

23-Maio-2003.

Un rapaz de 16 anos de Quintas-Folgoso, no concello de Cerdedo, morreu a resultas de "snifar" pegamento. O rapaz non remellaba ser "conflictivo", e eso fainos pensar no perigo dunha sustancia á cal ten acceso todolos nenos, e que poden chegar a "facer a proba" por calquer circunstancia.  (Faro de Vigo)

20-Maio-2003.

Microchips e Hidróxeno líquido serán os novos utensilios para marcar ós cabalos na Rapa das Bestas contra o tradicional corte nas orellas. Por outra banda, os cabalos do Santo formarán parte da Sociedade do Cabalo Galego do Monte, con vistas a obter algunha axuda nos vindeiros anos.  (A Voz de Galicia)

20-Maio-2003.

Na Madalena (Forcarei) construirase unha pista de Karts según se acordou no concello de Forcarei. Ocupará perto de 40.000 metros cadrados de monte, cedidos polos veciños. Debe terse en conta que polas festas do vran xa se celebraba en Soutelo unha importante carreira desta modalidade deportiva.  (Faro de Vigo)

16-Maio-2003.

Os veciños de Zobra solicitaron a clasificación ó seu favor dos montes de Trascoco e o Brixoi, no concello de Forcarei. Pouco importan as sentencias desfavorables dos derradeiros anos. O feito, que merecerá un comentario aparte dentro da sección de "Opinión" ven enrarecendo a convivencia entre os veciños desta parroquia de Lalín e os de Trasdomonte, na Madalena  (Faro de Vigo)

19-Maio-2003.

Cerdedo acolle varias actividades para lembrar a figura de Aviles de Taramancos, a quén está dedicadomeste ano o día das letras galegas. Os actos estarán organizados polos colectivos "Verbo Xido" e "Espadela", a asociación "San Xoán Bautista" e o Concello de Cerdedo.  (A Voz de Galicia)

14-Maio-2003.

Medio millón de Euros de investimento gastaranse na ampliación da hospedería de Aciveiro.  (A Voz de Galicia)

15-Maio-2003.

Xa empezamos cos incendios. Tres onte no concello de Forcarei, e alomenos algún deles, provocado. Foi en Presqueiras, Dúas Igrexas e Forcarei.  (Faro de Vigo)

9-Maio-2003.

O PSOE de Forcarei, coa súa candidata, Ana Doval, ó frente, propón a creación dunha sala multiusos en Soutelo, unha guardería municipal, un servicio de atención á terceira edade, a mellora da conexión viaria con A Estrada e Pontevedra e diversas melloras no agro co fin de fixar a poboación no território e apostar por un desenrolo sostenible. (A Voz de Galicia)

14-Maio-2003.

Só un de cada catro candidatos na nosa terra é muller, e só na candidatura do PSOE por Cerdedo hai máis mullerres ca homes. A única muller cabeceira de lista é Ana Doval, do PSOE por Forcarei.  (A Voz de Galicia)

5-Maio-2003.

A Diputación de Pontevedra concede 200.000 euros para a mellora do acceso a Forcarei dende a carretera de Silleda, 27.000 para o alumeado de Cerdedo e 18.000 para o peche do recinto escolar deste derradeiro concello. (A Voz de Galicia)

5-Maio-2003.

O alcalde de Cerdedo e candidato do PP X. Caramés,  negocia a posta en marcha dunha conexión por autobús do concello con A Estrada. Este é tamén un dos puntos que propón o BNG na súa campaña electoral.  (A Voz de Galicia)

5-Maio-2003.

O primeiro mitin importante na Terra de Montes xuntou onte en Forcarei á Ministra de Sanidade de España, ó Presidente da Xunta de Galicia e ó presidente do P.P. en Pontevedra para apoiar a candidatura de Davis Raposeiras ó concello. (A Voz de Galicia)

5-Maio-2003.

Os veciños de Ventoxo solicitaron que se permitira o xido caria Soutelo na súa entrada á estrada N-541 quezais construíndo un carril especial, xa que esta é a dirección máis normal dos vehiculos que san de Ventoxo, e que nestes intres ten que dirixirse caria Folgoso para dar a volta. (A Voz de Galicia)

1-Maio-2003.

O B.N.G. de Cerdedo baseará a súa campaña electoral na mellora dos servicios como o transporte, e a creación de emprego, con a instalación dunha pranta de compostaje no concello. Mentras tanto, o P.P. de Forcarei promoverá unha nova área industrial en As Casetas, que se sumaría ás dúas existentes, e tamén se seguirá axudando á concentración parcelaria e á creación de emprego mediante obradoiros axeitados e a novos cursos de capacitación.  (Faro de Vigo)

2-Maio-2003.

Vinte anos levaba sin visitar a Terra de Montes o Arcebispo de Santiago. Esta semán estao a facer con todalas principais parroquias, unha a unha e con gran cantidade de fieles asistentes.  (Faro de Vigo)

<< Anterior   Seguinte >>