<< Anterior   Seguinte >>

28-Maio-2002.

O concello de Cerdedo acordou señalizar como rota permanente de sendeirismo a proposta por "Verbo Xido" entre Cerdedo e o pazo de Raposeiras. Esto entronca coa recuperación da calzada romana, xa aprobada, e a organización da iniciativa "Cerdedo, dúas visións" do mesmo colectivo. (Faro de Vigo)

30-Maio-2002.

O alcalde de Forcarei, David Raposeiras, pideulle a conselleira de Asuntos Sociais, Dña Corina Porro, unha axuda económica para o remate das obras de acondicionamento de dúas das antergas vivendas de maestros para dedicalas a centro de día da terceira edade. Os locales contarán con unhas 12 estancias e o investimento será de uns 60.000 euros. O envellecemento da poboación do concello está obrigando a máis gastos neste área en toda a nosa bisbarra.  (A Voz de Galicia)

28-Maio-2002.

O Polígono de Vilapouca (Forcarei) pode ter xa adxudicatarios dentro desta semán. Aínda que varias das parcelas están moi disputadas espérase que aqueles  que non resulten agraciados coa que solicitoron acepten mudarse a outra e non abandonen os proxectos.  As empresas interesadas son: unha fábrica de vidro, unha fontanería, unha de recambios de coches, unha de distribución de alimentos e outra de manipulación de productos ecolóxicos. (A Voz de Galicia)

29-Maio-2002.

As festas dos Remedios en Cachafeiro (Forcarei) contarán coa actuación do grupo "Los Chicanos del Sur" para o próximo día 22 de Xuño. Tamén actuarán a orquesta "Ritmo Xoven" e a Banda de Forcarei. Para os nenos teremos xogos con "Infantilandia". O marco das festas será a carballeira de "A Freixeira" onde tamén se disfrutará da romaría campestre pola mañán.  (Faro de Vigo)

 

24-Maio-2002.

O Concello de Cerdedo proxecta melloras no Pazo de Raposeiras, no lugar de Meilide. Como é coñecido, este pazo está vinculado co pai Martín Sarmiento, ó que se homenaxeou este ano no día das letras galegas.  (A Voz de Galicia)

24-Maio-2002.

A Sociedade de Caza e Pesca de Forcarei organiza un curso de pesca para nenos entre oito e quince anos. As sesións prácticas terán lugar nunha paraxe tranquila como pode ser o lago Castiñeiras, perto de Marín.  (A Voz de Galicia)

22-Maio-2002.

A Asociación de Mulleres de Cerdedo, "Espadela" programa viaxes a Allariz, a Villafranca do Bierzo e a Viascón, este último para coñecer o proceso do liño. Tamén se vai por en marcha un curso de cociña e espérase organizar outros de repostería, arreglos de flores ou bailes de salón.  (A Voz de Galicia)

17-Maio-2002.

O Lugar de Loureiro, no Concello de Cerdedo acolle unha mostra de 40 máquinas de escribir e hasta 6 calculadoras de manivela das máis antergas coñecidas, algunhas delas con varios séculos de edade. Unha participou en varios filmes de Agatha Christie. Na veira móstranse algunhas das máis antergas, que datan de primeiros do pasado século, e que nos foron enviadas por Jorge Castro.   (Faro de Vigo)

 

15-Maio-2002.

A Asociación "Amigos da Terra de Montes" propón que a Sociedade Comarcal de Galicia merque a casa modernista que perteneceu á familia Barros de Soutelo para dedicala a centro comarcal. A casa está tasada en 294.000 Euros pero os propietarios deixaríana en 180.000 si se dedicara a unha actividade pública. O presidente da asociación, Xaime Iglesias Cendón pensa trasladar estas ideas ós dirixentes da Sociedade Comarcal.  (Faro de Vigo)

17-Maio-2002.

O Concello de Cerdedo vai estudiar as medidas tomadas na Estrada para o gando mostrenco. Os Problemas son semellantes e, de feito, os cabalos de Sabucedo comparten recorrido polos dous concellos.  (A Voz de Galicia)

 

2-Maio-2002.

A Asociación Cultural e Mediombiental "Verbo Xido" conta con outros colectivos da provincia para a marcha que homenaxeará a Frai Martín Sarmiento, entre eles a Comisión Sarmiento de Pontevedra, a Asociación cultural Franca Irmandade e o Colectivo Paradola de Arca. Tamén se espera que acudan membros da Comisión Sarmiento de Villafranca do Bierzo. A Marcha consta de tres kilómetros e seguirá as pasadas de Frai Martín relatadas no seu libro de viaxes de 1745.  (Faro de Vigo).

14-Maio-2002.

O Concello de Cerdedo quere levantar un centro social no lugar da residencia para vellos que lle nega a consellería da Xunta. Funcionaría de forma semellante a un "Centro de día" para que os vellos pasen as xornadas con actividades que melloren as súas condicións de vida.  (Faro de Vigo)

 

<< Anterior   Seguinte >>