Portada Quen Somos Agradecementos Colabore con Nós Últimas Novas

<< Anterior   Seguinte >>

31-Maio-2001.

A Xunta de Galicia aporta xa os 54 millóns de pesetas para proceder o peche do vertedeiro de Monte Castrelo, en Forcarei. A partir destes intres, o concello debe incorporarse a Sogama (Sociedade Galega de Medio Ambiente) e mandar os seus residuos a Silleda, pagando os portes e o peaxe correspondente como xa fan os concellos de A Estrada, Lalín e Silleda.  (A Voz de Galicia)

18-Maio-2001.

A Terra de Montes leva percidos os dous tercios da súa poboación, pasando dos 30.000 habitantes a uns 10.000 na actualidade. A Fundación Terra de Montes estudiará este fenomeno probocado pola emigración, buscando solucións para o retorno destes emigrantes e para que os novos non teñan que seguir abandoando a comarca.  (A Voz de Galicia)

4-Maio-2001.

Os veciños de Outeiro-Quintas en Folgoso (Cerdedo) parecen decididos a ceder o monte para a Reserva Natural da Terra de Montes si a Xunta o autoriza e o Icona desconvenia os terreos. Afirman que a eles nunca ninguén lles falou en serio do proxecto, nin se escoitaron as súas peticións. (A Voz de Galicia)

2-Maio-2001.

Soutelo de Montes acollerá unha "feira do comercio xusto". o vindeiro día 19 deste mes. Esta actividade está organizada pola ONG Solidaridade Internacional e nela poderán mercarse pezas artesanais, cafés, bisutería, etc. fabricados por pobos indíxenas de todo o mundo, pero sempre de forma controlada, sin explotación infantil nin laboral. Os beneficios van a parar ós pobos que os fabricaron, pero o máis importante é a concienciación da nosa xente acerca da explotación que algunhas veces levamos a cabo sobre estos pobos. (A Voz de Galicia)

2-Maio-2001.

Vaise mellorar o acceso desde Soutelo á súa igrexa, incluindo a construcción dunha plazoleta diante do templo. As obras costarán arredor de 14 millóns de pesetas. Tamén se pretende acabar este ano a Praza do Gaiteiro dotándoa de moviliario urbán que aínda non tén.  (A Voz de Galicia)

2-Maio-2001.

O novo Plan Xeral Urbanistico de Forcarei (PXOM) foi aprobado e poderá consultarse e formular suxerencias o longo dun mes na casa do concello. Tamén quedou aprobado un presuposto po concello de 405 millóns de pesetas. (A Voz de Galicia)

2-Maio-2001.

Francisco Márquez Taín, arquitecto, veciño de Forcarei, e director da Escola taller da Terra de Montes ganou o primeiro premio na sexta edicción do certame nacional de arquitectura dentro da Feira Internacional da construcción de Barcelona. O traballo presentado está plasmado nunha casa en Cachafeiro (Forcarei). (A Voz de Galicia)

 

 

<< Anterior   Seguinte >>