Portada Quen Somos Agradecementos Colabore con Nós Últimas Novas

<< Anterior   Seguinte >>

31-Maio-2000.

Algunhas parroquias da Terra de Montes están en negociación con empresas electricas interesadas na instalación de parques eólicos na nosa terra. Estas empresas han de chegar a acordos cos donos das terras (privadas ou en man común) tanto para a instalación dos "ventiladores" como para o paso das lineas de alta tensión po las propiedades. Aínda que as cantidades son pequenas, (fálase de 60 pts/m. por monte baixo e 100 si hay arbres) e dende logo non comparables as rentas que reciben aqueles pobos nos que se ubican os xeneradores, suporían unha importante machea de cartos para os pobos.  A Contrapartida está no destrozo ambiental, que enche os paisaxes de torres e de cables e as serras de xeneradores, precisamente cando se está tentando promocionar o turismo rural. Este sistema de xeneración de enerxía, limpo en canto a residuos, esixe unha gran cantidade de liñas que xunguen uns parques con outros e fan que os paisaxes semellen as veiras das grandes cidades. 

Nas derradeiras xuntas os aldeáns acordaron propor o paso subterraneo, e apoiados polo concello tentan evitar o "desaguisado" que ven vir. (M. C.)

24-Maio-2000.

O Productor Federico De la Peña, está a levar a cabo un documental sobre a Terra de Montes que se poderá ver caria o mes de Xullo. Nel danse a coñecer os diversos ecosistemas e a natureza da bisbarra, a vida animal e vexetal, e o entorno (pontes, muiños, etc.). O documental está encargado pola Asociación Terra de Montes e financiado polo Fondo Social Europeo. (A Voz de Galicia)

24-Maio-2000.

Vaise remodelar a Praza dos Gaiteiros, en Soutelo de Montes. O Concello xa sacou a concurso as Obras con 14 millóns de presuposto para a primeira fase. Nela porase un novo chan de pedra, e moverase o monumento a outro lugar, sempre dentro da praza. (A Voz de Galicia)

23-Maio-2000.

O concello de Beariz sacou a concurso a rehabilitación de dez muiños no municipio, con un presuposto de 10 millons de pesetas, dos cales o plan PRODER aportará  7 e o concello os outros tres. (A Voz de Galicia)

17-Maio-2000.

O instituto de Enseñanza Secundaria Obligatoria de Forcarei leva dende onte o nome de "Chano Piñeiro". Tamén se lle colocou unha placa na honra do que foi un dos veciños máis destacados do pobo. Na ceremonia estiveron a viuva (Mariluz Montes), O Alcalde (David Raposeiras), Xosé Luís Barreiro, O concelleiro de cultura (Rochi), etc.  (O Correo Galego)

<< Anterior   Seguinte >>