<< Anterior   Seguinte >>

28-Febreiro-2008.

 

Presqueiras (Forcarei) recupera o "Festival Folk Churrucao", que se celebrará o vindeiro día 2 de agosto e vai pola cuarta edición. Xa está organizada a comisión, que pedirá cartos ós veciños e venderá camisetas para a súa financiación. Espérase contar con unha carpa onde se sirva polvo e carne ó caldeiro.  (A voz de Galicia)

29-Febreiro-2008.

 

Con 6000 euros premiará o Concello de Cerdedo ás parexas que decidan ter hasta catro fillos. Si son tres, será a metade. Desde o ano 2000, o concello parece que se recupera algo da perda de poboación que sufreu nos derradeiros anos do pasado século.  (A Voz de Galicia)

24-Febreiro-2008.

 

José Balseiros, alcalde de Cerdedo, quere reactivar as xestións para a construcción do novo polígono industrial da terra de Montes, entre as parroquias de Folgoso (Cerdedo) e Ventoxo (Forcarei). Serían perto de dous millóns de metros cadrados entre o cruce da estrada a Cachafeiro e o actual polígono de Vilapouca.  (A Voz de Galicia)

28-Febreiro-2008.

 

O Concello de Forcare iperdeu 700 habitantes desde o ano 2000 e quedase en 4.381. A despoboación é extrema na parroquia de Dúas Igrexas, onde se pasa de 516 no ano 1996 ós 224 neste ano.

As trece parroquias perden poboación e pasan a ter:

Forcarei .......................... 829 h.
A Madalena ..................... 645 h.
Millarada ......................... 539 h.
Aciveiro .......................... 351 h.
Meavía  ........................... 279 h.
Presqueiras (San Miguel)... 277 h.
Pardesoa ......................... 248 h.
Quintillán ......................... 236 h.
Dúas Igrexas ................... 224 h.
Presqueiras (Sta Mariña) .. 179 h.
Pereira  ........................... 161 h.
Castrelo .......................... 124 h.
Ventoxo .......................... 122 h.

(A Voz de Galicia)

16-Febreiro-2008.

 

Oito cabalos da asociación Rapa das Bestas apareceron mortos a coiteladas no concello de Campo Lameiro. As pesquisas aínda non ten dado con resultados que leven ós autores, nin siquera con unha maneira de explicar un feito tan salvaxe.  (A Voz de Galicia)

19-Febreiro-2008.

 

O vindeiro 23 de Abril celebrarase en Cerdedo a terceira edición da Festa do Xavarín. Hoxe comenzaron xa os prparativos coas reunións entre organizadores e concello.  (A Voz de Galicia)

10-Febreiro-2008.

 

O Candidato do PSOE ó Congreso pola provincia de Pontevedra Antón Louro prometeu onte en Vilapouca que se desdoblará a estrada N-541 entre Soutelo e Carballiño dentro da vindeira lexislatura. (A Voz de Galicia)

15-Febreiro-2008.

 

O Concello de Forcarei afirma que só un 10% dos afectados polos atrasos do IBI (70 de 700) falta por pagar ou solicitar o pagamento a prazos. Este mismo concello acordou construir un edificio multiusos no circuito de karts de A Madalena con aula e cafetería para poder darlle máis variedade de utilización. O orzamento deste traballo estará entre os 60.000 e 100.000 euros. Tamén se informou de que non se instalará en Soutelo a antena de para móviles que a compañia Orange xa tiña comenzado a montar. Noutras parroquias do concello si se instalarán no lugar previsto ou noutros máis adecuados.  (A Voz de Galicia)

3-Febreiro-2008.

 

Hasta 21 traballadores solicita o Concello de Forcarei á Consellería de traballo para os vindeiros meses. Levarían a cabo traballos nas áreas de medio ambiente, deportes, obras públicas e turismo. As tarefas principais ás que se destiñarían estes recursos serían a reparación de pontes, desbroce de montes e camiños, adecuación da piscina de Soutelo e información turística no mosteiro de Aciveiro . (A Voz de Galicia)

4-Febreiro-2008.

Mal tempo, hora e media de retraso do pregoeiro e, aínda así casi se remataron as duascentas vinchas preparadas pola organización da festa celebrada onte en Cerdedo. O mal tempo obrigou a suspender a maioría das festas do carnaval da bisbarra. En Soutelo, a festa vaise a celebrar o videiro sábado. (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>