<< Anterior   Seguinte >>

23-Febreiro-2007.

2,83 Millóns de euros será o presuposto do Concello de Forcarei para o vindeiro ano 2007, apenas 60.000 euros menos que o pasado exercicio. As inversións suporán un 26,8 % do total mentras que os gastos corrientes levarán a maior parte con un 39% e un 29% cada partida.  (A Voz de Galicia)

23-Febreiro-2007.

A presión dos ecoloxistas fai que Cerdedo perda as dúas "monterías" previstas para a promoción da segunda festa do Xabarín. Tiñan previsto a asistencia do programa de TVE "Jara y Sedal" e a Consellería de Medio Ambiemte tiña prometido que sería autorizada a batida dos animais.  (A Voz de Galicia)

17-Febreiro-2007.

Mañán celébrase en Cerdedo a VII edicción da Festa da Vincha. Serviranse unhas 200 vinchas no pavillón de deportes e poderase tamén degustar filloas, orellas e outros doces. tamén se poderá xantar polvo, lacón con grelos, etc. todo dentro do recinto. Haberá obradoiros artesanais e outros actos culturales.  (A Voz de Galicia)

17-Febreiro-2007.

Comenza a urbanización dos tramos da vella estrada N-541 que pasan a ser propiedade municipal. A máis importante é a travesía de Pedre pero tamén hai tramos en Vichocuntín e Folgoso.  (A Voz de Galicia)  

 

13-Febreiro-2007.

38 vivendas novas na vila de Forcarei en catro edificios que nestes intres están en construcción. Unha actividade urbanística moi importante para o que é normal na nosa terra. A existencia de novos postos de traballo nos polígonos que se están pondo en marcha parece que aportar algo á despoboación da zona.  (A Voz de Galicia)

13-Febreiro-2007.

Un libro do escritor e membro da comisión pola Memoria Siñor Afranio, Dionisio Pereira, que cita persoas de Cerdedo como autores da represión franquista na comarca é causa dunha denuncia de familiares destes persoan pola que está citado no xulgado o autor. Varias organizacións e persoas particulares queren acompañar ó escritor nesta comparecencia.  (A Voz de Galicia)

10-Febreiro-2007.

210.000 euros investirá o Concello de Forcarei na mellora do firme de once pistas que dan acceso a varias aldeas. Os traballos englobanse dentro do Plan de Acción Municipal da Diputación de Pontevedra.  (A Voz de Galicia)

10-Febreiro-2007.

Directivas da asociación cerdedense Espadela presentaron a vinceira edición da Festa da Vincha que terá lugar o día 18 deste mes. O kilo de vincha terá un prezo de 12 euros ou 10 se é feita ó forno. Como todolos anos haberá concursos, demostracións, etc.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>