<< Anterior   Seguinte >>

24-Febreiro-2006.

A empresa "Velatorios de Pontecaldelas" mercou un solar detrás do pavillón dos deportes de Cerdedo para construir un tanatorio nesta localidade. (A Voz de Galicia)

24-Febreiro-2006.

O Cocello de Forcarei acordou remozar a piscina municipal, disminuindo a profundidade da máis grande para que sexa adecuada ós moitos que non saben nadar. Tamén acordou pechar de momento con terra o vaso pequeno por non ter capacidade de depuración suficiente. Tanto esta piscina como a de Soutelo foron construidas nos anos setenta cun deseño moi pouco adecuado ós veciños desta zona xa que ten hasta cinco metros de fondo máximo e dous de mínimo.  (A Voz de Galicia)

19-Febreiro-2006.

A Asociación de mulleres de Cerdedo, Espadela, presentou a vindeira edición da VI Festa da Vincha que se celebrará o vindeiro fin de semana na praza da igrexa. Un cento de unidades deste postre de ovos, leite, azucre, pan e manteiga, todo dentro da vincha curada dun porco, serán vendidas a 12 ou a 10 euros dependendo do proceso de fabricación. Tamén se poderá mercar un prato de cerámica con un menú de postres da zona por solo seis euros.  (A Voz de Galicia)

21-Febreiro-2006.

Os socios do Tecor de caza de Forcarei e Río Umia acordaron a súa separación despois de moitos desacordos nos cinco anos que levan xuntos. Os cazadores de Forcarei queixanse da caza masiva que practican algúns das parroquias da Estrada que están incluidas e os destas parroquias (Uns 250) creen que non todos deben pagar polo que fagan uns poucos e, en todo caso, o referendun para tomar esta decisión debe tomarse con máis tempo posto que solo acudiron unha ducia deles á xunta onde se acordou a separación.  (A Voz de Galicia)

5-Febreiro-2006.

As axudas ó fogar serán gratuitas no Concello de Forvarei para os que non cheguen ó 75% do salario mínimo e terán un custo entre un 10% e un 20% para os que estén entre esta cantidade e o total do salario mínimo. (A Voz de Galicia)

18-Febreiro-2006.

O orzamento do Concello de Forcarei será de uns tres millóns de euros. Este ano aínda non están aprobadas as contas polo retraso na definición dalgunhas partidas.  (A Voz de Galicia)

 

1-Febreiro-2006.

As axudas serán gratis no concello de Forcarei para aquelas familias que non pasen do 75% do salario mínimo. Para rentas lixeiramente superiores a este valor, a familia terá que aportar un 10%, un 20%, etc. a razón dos seus ingresos.  (A Voz de Galicia)

2-Febreiro-2006.

Na que foi Escola Pública de Levoso (Quintillán), levantada no ano 1938 cos cartos dos emigrantes na Arxentina, estase a por en marcha un Centro de investigación e divulgación da agricultura ecolóxica, un dos cinco que a fundación Galicia verde quere abrir en Galicia. O Proxecto necesita 383.000 euros en financiación, para levantar invernadeiros e outras instalacións, que o concello e a fundación andan a recoller nestes intres.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>