<< Anterior   Seguinte >>

23-Febreiro-2005.

As delegacións de Cultura e Patrimonio acheganse a Aciveiro para marcar as directrices na reparación da praza e o retabulo da igrexa parroquial. As obras da primeria xa están sendo realizadas e as do segundo comenzarán o vindeiro mes de maio.  (A Voz de Galicia)

23-Febreiro-2005.

O pleno do parlamento galego aprobou por unanimidade pedir ó goberno  da nación que convirta a estrada N-541 nun corredor de alta velocidade que remate co illamento secular da comarca e comunicaría hasta cinco polígonos industriais, entre os que están os de Vilapouca e Cachafeiro.  (A Voz de Galicia)

22-Febreiro-2005.

A empresa Fomento de Áridos e obras S.L. estudia abrir unha canteira entre Forcarei e Cerdedo, nas parroquias de Castrelo e Parada.  (A Voz de Galicia)

22-Febreiro-2005.

As oito casas dos maestro que hai no grupo escolar de Soutelo van ser rehabilitadas polo concello para ser alugadas a un prezo especial para algún colectivo aínda sin determinar. Tamén se aprobou no pleno a reparación da pista entre San Marcos e O Sixto e outra en Liñares (Castrelo).  (A Voz de Galicia)

21-Febreiro-2005.

Dous incendios forestais arrasaron monte e arbores en Quintillán e Millarada (Forcarei). Aínda nesta época do ano, os medios ten que traballar arreo.  (A Voz de Galicia)

21-Febreiro-2005.

Forcarei e Cerdedo negovian coa Diputación un consorcio para a construcción dun macropolígono industrial en terreos lindantes de ambolos dous municipios. Contaría con 200.000 metros cadrados e estría ubicado na N-541, entre ventoxo e Folgoso, moi cerquiña do actual polígono de Vilapouca, que se atopa casi totalmente ocupado. A financiación sería un 80% por conta da diputación e o restante dos concellos. (A Voz de Galicia)

18-Febreiro-2005.

850.000 euros investirá a Consellería de Medio Ambiente no saneamento da travesía de Cerdedo e na construcción dunha nova depuradora con capacidade hasta 3.000 habitantes.  (A Voz de Galicia)

18-Febreiro-2005.

A corporación municipal de Cerdedo solicita á dirección xeral da Garda Civil máis gardas para o cuartel de Cerdedo, xa que este é o único entre Carballiño e Pontevedra. Tamén se ten solicitado habilitar un carril de xiro na N-541 para o acceso a cachofes. (A Voz de Galicia)

16-Febreiro-2005.

A asociación ecoloxista "Verbo Xido" está promocionando con un novo triptico a ruta do pai Sarmiento, itinerario que o frade recorreu na súa visita á comarca no ano 1745. (A Voz de Galicia)

17-Febreiro-2005.

As primeiras reaccións contra unha hipotética fábrica de celulosa en Cerdedo non se fixeron esperar moito e tanto o BNG como Verbo Xido avisan do desastre ecolóxico que traería ó concello.  (A Voz de Galicia)

16-Febreiro-2005.

O novo alcalde de Cerdedo, Xosé Balseiros, ofreceu dun xeito informal o municipio como lugar de asentamento da planta de celulosa de ENCE si esta sai de Pontevedra. Afirma que non tivo contacto con ninguén pero que non dubida que sería unha bendición para o concello.  (A Voz de Galicia)

16-Febreiro-2005.

O IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo) apoia a construcción en Forcarei de vivendas de promoción autonómica. O concellos conta con terreos tanto en Forcarei como en Soutelo.   (A Voz de Galicia)

 

15-Febreiro-2005.

Cerdedo derrubará a Casa da Cultura, un edificio de máis dun século e moitas reformas que non son capaces de reparar, para construir un novo centro multiusos. O custo será de perto de un millón de euros e espérase contar coa axuda das institucións. (A Voz de Galicia)

 

15-Febreiro-2005.

Hasta 297.000 euros deixará nos dous concellos pontevedreses da Terra de Montes o Plan de Acción Municipal (PAM) da Xunta de Galicia. Son 201.000 euros para Forcarei e 96.000 para Cerdedo que se investirán en mellorar rúas ou, no caso de Forcarei, na restauración da casa de Vilapouca doada por un emigrante para casa do pobo. (A Voz de Galicia)

9-Febreiro-2005.

A Asociación de Amigos da Terra de Montes rematou as conversas cos propietarios dos terreos do entorno do Castro de Montes, en San Miguel de Presqueiras. Os propietarios parecen dispostos a ceder ou permutar os terreos para se son dedicados a acondicionar a torre-fortaleza.  (A Voz de Galicia)

9-Febreiro-2005.

As asociacións forcareicenses de caza e a dos comerciantes ten o mismo problema. A renuncia dos seus presidentes e a falta de quen tome o relevo. Ambalasdúas pasan por un periodo de transición sin que ninguén queira coller a máxima responsabilidade.  (A Voz de Galicia)

 

8-Febreiro-2005.

O local que lle foi doado en Vilapouca ó Concello de Forcarei por un emigrante nos EEUU, vai ser reparado coa axuda do Plan de acción Municipal da Diputación Provincial (PAM).  (A Voz de Galicia)

9-Febreiro-2005.

Cerdedo terá próximamente un aula de conexión gratuita a internet na casa da xuventude. Contará con alomenos cinco ordenadores financiados coa axuda do plan de internet rural da diputación.  (A Voz de Galicia)

4-Febreiro-2005.

O Alcalde de Forcarei e o presidente da Diputación de Pontevedra están negociando a maneira de por en marcha a ampliación do polígono de Vilapouca. A creación dun consorcio que reparta a inversión é necesaria para este proxecto para o que xa existe unha demando de máis do 50% do solo.  (A Voz de Galicia)

6-Febreiro-2005.

Hoxe celébrase a quinta "Festa da Vincha" en Cerdedo. Vincha, filloas, orellas e froles a un prezo moi baixo. A escritora estradense María Xesús Nogueira, será a pregoeira desta edicción. Mañán seguirá a festa co entroido.  (A Voz de Galicia)

 

2-Febreiro-2005.

O Concello de Forcarei celebrará o Martes de Entroido cunha festa no centro social. Haberá karaoke, zancudos, postres típicos, concurso de disfraces e baile. Mentras tanto, en Cerdedo será o domingo cando se festexará con pasarrúas e concurso e baile de disfraces.  (A Voz de Galicia)

2-Febreiro-2005.

O novo alcalde de Cerdedo, Xosé Balseiros, foi recibido polo presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, a que se presentou e dou a coñecer as necesidades deste concello. Entre elas, a depuradora, o saneamento integral da vila capital, unha nova biblioteca ou un novo pológono industrial.  (A Voz de Galicia)

1-Febreiro-2005.

Os veciños de Aciveiro móstranse favorables á clausura de cemiterio parroquial para facilitar a mellora dos accesos á igrexa e ó mosteiro, sempre e cando se dispoña dun novo lugar de enterramento e se trasladen os dereitos de propiedade do actual. Mentras tanto, as obras de restauración da praza exterior comenzaron onte e espérase que estén rematadas dentro de tres meses.  (A Voz de Galicia)

1-Febreiro-2005.

Un líquido repelente formado por orín de oso e lobo, xunto con outros productos, e a nova arma dos comuneiros do monte de Cerdedo para alonxar cabalos e vacas das estradas. O plan provén da Diputación Provincial e, a expensas de demostrar a súa eficacia, cando menos podese decir que é novidoso.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>