<< Anterior   Seguinte >>

23-Febreiro-2004.

A asociación Amigos da Terra de Montes rendirá homenaxe ó médico Manuel Iglesias, natural de Soutelo, e o frade Isaac Vázquez, de Beariz. A asociación acordou entablar negociacións cos propietarios dos terreos nos que está situada a fortaleza do Castro de Montes, en Presqueiras, co gallo de conseguir unha cesión ou venta e convertir este simbolo da nosa terra nun lugar público e turístico. O colectivo tamén quere erguer un monumento ó "Verbo dos Canteiros" e a outros ornamentos na bisbarra.  (A Voz de Galicia)

25-Febreiro-2004.

A Xunta investirá 230.000 euros na modernización da traída de auga de Soutelo, contando coa construcción dun novo depósito de 500 metros cúbicos e da rede central de abastecemento. O Concello tamén invertirá outros 210.000 nos ramales, incluido o polígono de Vilapouca. Tamén se levará a cabo o acondicionamento da praza exterior do mosteiro de Aciveiro.

 

20-Febreiro-2004.

O lume arrasou máis de quince hectáreas de monte perto da Lagoa Sacra, entre os concellos de A Estrada e Forcarei.

 

22-Febreiro-2004.

Hoxe, na carpa do Concello de Cerdedo situada na praza da igrexa, celébrase a Cuarta Festa da Vincha, incluído o concurso. Está organizada pola asociación de mulleres "Espadela" de Cerdedo e leva camiño de convertirse, xunto cas do Cogumelo, A Richada, etc.,  noutro referente das novas romárías gastronómicas do inverno na Terra de Montes.  (M.C.)

18-Febreiro-2004.

A Corporación local de Cerdedo acordou solicitar a construcción dun parque eólico de dous ou tres xeneradores eléctricos e estudiar a mellor solución de aporveitamento. Tamén se acordou, igual que Forcarei, de apoiar a petición de ampliación do Hospital de Montecelo que están a facer outras asociacións veciñais de Pontevedra. Del depende toda a nosa área sanitaria.  (A Voz de Galicia)

19-Febreiro-2004.

O Instituto Xeográfico e Catastral está estudando "in situ" os problemas nos lindes entre Forcarei e Cerdedo, en concreto no monte do Seixo, entre Presqueiras e Carballás. O Conflicto aumenta, como outros, coa construcción dos parque eólicos e os beneficios económicos que supón para algunhas aldeas.  (A Voz de Galicia)

 

16-Febreiro-2004.

O Bloque Nacionalista Galego de Cerdedo pide ó Concello que o lixo sexa recollido dúas veces por semán como estaba previsto e non unha como se está a facer desde que hai que levalo á planta de Sogama, en Silleda. O equipo de goberno dí que o camión está en moi mal estado e o custo é moi importante a pesar de que xa se subeu o recibo unha elevada porcentaxe, polo que estas deficiencias son transitorias e acabarán cando pidan sustituir o camión ou se merque un remolque compactador.  (A Voz de Galicia)

17-Febreiro-2004.

A Consellería de Medio ambiente invisteu recentemente 2,5 millóns de euros nos concellos de Beariz, O Irixo e Leiro. En concreto, en Beariz inaugurouse unha estación depuradora de auga na que se gastaron 921.644 euros. Tamén se firmou un acordo de colaboración para a levar a cabo a rede de saneamiento de A Bouza e Magros.  (A Voz de Galicia)

16-Febreiro-2004.

O Concello de Cerdedo pensa implicarse cada vea máis na "Festa da Vincha" dada a importancia que está a adquirir o certamen gastronómico que se celebrará o vindeiro sábado día 22. A festa, promovida nestes intres pola asociación de mulleres "Espadela", ofrecerá unha degustación popular de vinchas e outros postres típicos do carnaval como orellas, filloas ou flores. Tamén haberá mostras de cestería, traballo no barro, no liño, etc., todo en vivo e en directo. O pregón será dado pola actriz Comba Campoy, da serie "Rías Baixas" da TVG.  (A Voz de Galicia)

16-Febreiro-2004.

Segúnd os mapas recibidos polos concellos de Forcarei e Cerdedo do ministerio de Fomento, o tren de alta velocidade (AVE) entraría en Forcarei por Soutelo, en dirección a Barciela, onde pasaría ó concello de Cerdedo. Este trazado non está aínda aprobado, pero afectaría a poucos kilómetros en Forcarei aínda que dunha anchuro máis ca notable.  Ambolos dous concellos queren manter unha postura conxunta si chegara o caso de que se aprobara este trazado. (A Voz de Galicia)

 

12-Febreiro-2004.

As solicitudes de axuda amparadas polo plan "Leader Montes" xa cubren a metade do seu presuposto cando aínda se poden solicitar hasta o mes de santos do 2006. Dúas empresas xa remataron o traballo e ten cobrado as subvencións.  (A Voz de Galicia)

12-Febreiro-2004.

A Asociación de Amigos da Terra de Montes reunirase o vindeiro día 20 na biblioteca de Cerdedo. Entre outros asuntos de interese, tratarase da recuperación do entorno da fortaleza do Castro de Montes. (A Voz de Galicia)

5-Febreiro-2004.

A empresa compostelán "Pousadas de Compostela" é a adxudicataria do hotel ampliado do Mosteiro de Aciveiro. O establecemento abrirá no mes de maio e caqmbiará o seu nome comercial (pasa a chamarse "Mosteiro de Aciveiro) e tamén a decoración interior, que pasará a ser rústica e a comida que será tradicional da Terra de Montes. A empresa pagará 8.000 euros cada ano.   (A Voz de Galicia)

11-Febreiro-2004.

A Asociación de comerciantes de Forcarei tén previsto por en marcha un curso de publicidade, marketing e técnicas de venta con vistas a mellorar a formación dos asociados. (A Voz de Galicia)

4-Febreiro-2004.

Dúas persoas acusadas de roubar a Caixanova de Soutelo foron absoltas ó non mostrarse "contundentes" os testigos no xuízo que se celebrou en Pontevedra ó respecto do seu recoñecemento.  (A Voz de Galicia)

4-Febreiro-2004.

O candidato do PSOE ó concello de Beariz (Luis Janeiro Lamas)  foi condenado a seis meses de cadea por ameazas a un empresario ourensán. Ó parecer, o empresario tiña despedido a súa muller do traballo. (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>