<< Anterior   Seguinte >>

28-Febreiro-2003.

Os concellos de Lalín e Forcarei buscaron onte na sede deste último un acordo amistoso para o litixio que ven mantendo por mor da pretensión dos veciños de Zobra de revisar os lindes do seu monte cos dos lugares de Trasdomonte. Estes lindes, que datan de 1942, aínda que con anterioridade (1889) eran aínda máis favorables a Forcarei, chegan segundo documento que obra nas mans dos veciños de Zobra, que coincide co catastro do Marques da Ensenada (1755 e 1756), perto do lugar da Graña, en Trasdomonte. Ë importante coñecer que a configuración actual dos concellos data do 1833 aproximadamente.  (A Voz de Galicia)

<Comentario >

19-Febreiro-2003.

Os departamentos de Servicios Sociais de Forcarei e Cerdedo pon en marcha unha "Escola de pais" con conversas nas que participarán educadores, traballadores sociais e os mesmos alcaldes dos concellos.  (Faro de Vigo)

19-Febreiro-2003.

No vindeiro mes de marzo entragarase por parte da Consellería de Cultura da Estrada a documentación do expediente para conquerir a calificación de "Interese turístico internacional" para a Rapa das Bestas. (Faro de Vigo)

 

6-Febreiro-2003.

A Rapa das Bestas volve a estar en perigo. Os membros da asociación que se encarga do coidado dos cabalos do santo queixanse que xa casi non poden pastar en ningún monte dos arredores. O mal ven, o parecer, pola cada vez maior cantidade de cabalos sen identificar, que non se responsabilizan dos danos nas colleitas, e que fan que os veciños poñan cada vez máis trabas ó pastoreo. O caso é que a parroquia de Sabucedo ten moi pouco monte propio e os cabalos sempre percorreron os correspondentes a Cerdedo, A Estrada e Forcarei.  (Faro de Vigo)

7-Febreiro-2003.

Os comuneiros dos montes de Cerdedo permitirán o pastoreo dos cabalos do Santo nos seus montes, recoñecendo que a asociación organizadora é a única que se responsabiliza dos danos feitos polos cabalos. Todos xuntos pensan traballar por erradicar os cabalos sin marcar dos seus montes.  (A Voz de Galicia)

3-Febreiro-2003.

A asociación de mulleres "Espadela" de Cerdedo reúnese hoxe nunha asamblea para comenzar a preparación da festa Festa da Vincha, que se celebrará o primeiro do vindeiro mes de marzo.  (A Voz de Galicia)

5-Febreiro-2003.

A directiva do "Plan Leader Plus Montes" reúnese para comenzar a organizar o traballo das distintas mesas sectoriais e, entre outras cousas estudiar a modificación dos estatutos e a ubicación dos paneis informativos en todo o territorio.  (Faro de Vigo)

<< Anterior   Seguinte >>