<< Anterior   Seguinte >>

 
26-Febreiro-2002.

O Concello de Forcarei quere levar a cabo a mellora de varias pistas rurais e o ensanche da estrada que vai de Soutelo a Ratel, para o que está xa negociando cos veciños dos lugares afectados.  (A Voz de Galicia)

28-Febreiro-2002.

A Diputación de Pontevedra presentou o libro "Santa Mariña de Tomonde, Cerdedo, Terra de Montes" do finado historiador Antonio Rodríguez Fraiz, o célebre "Cura de Campañó".  (A Voz de Galicia)

25-Febreiro-2002.

A Asociación Cultural e Medioambiental "Verbo Xido", sen dubida a máis activa da bisbarra, prepara unha nova marcha a pé caia o monte do Seixo para reivindicar a súa limpeza, moi deteriorada desde que por mor do parque eólico, se melloraron os accesos. Tamén se organizarán diversos actos para a conmemoración do día das letras galegas, dedicado nesta ocasión a Martiño Sarmiento, home moi relaciodo coa comarca.  (Faro de Vigo)

25-Febreiro-2002.

A Sociedade de Caza e Pesca de Focarei pretende que Gamesa aporte uns 36.000 euros para a restauración da fauna e flora da serra de Candán. Tamén se informa que está prácticamente  aprobado pola Consellería de Medioambiente o uso conxunto coa sociedade "Río Ulla" dos cotos do río Umia.  (Faro de Vigo)

 

25-Febreiro-2002.

O Centro Etnográfico da Terra de Montes (CETMO) de Soutelo vai contar un ano máis coa axuda de Caixanova para tarefas de mantenemento, restauración e mellora.  (A Voz de Galicia)

25-Febreiro-2002.

Hasta un total de dez empresarios interesáronse xa polos terreos do novo polígono de Vilapouca (Forcarei). Os prezos do metro cadrado van dos 4,81 euros ós 7,51, e as parcelas non poden ser vendidas hasta pasados cinco anos da posta en marcha da actividade empresarial.  (A Voz de Galicia)

23-Febreiro-2002.

Fálase neste días que desde o Concello de Vigo e desde a U.X.T se está a facer propostas para que o A.V.E. Madrid-Santiago-Vigo chegue a cidade olívica por Cerdedo, onde se separaría do que vai á Coruña. Dando por sentado que non terá parada aquí, sería para os nosos veciños só unha agresión máis ó medio ambiente da bisbarra. Outra cousa sería si se tratara de comunicarnos mellor con estas cidades ou aportar postos de traballo.  (M.C.)

25-Febreiro-2002.

O Taller de emprego de Forcarei xa comenzou a traballar realizando practicas nos ubertos que rodean o patio central do Mosteiro de Aciveiro (Construcción e Carpintería) e dentro da área recreativa de Cotelo (os de Xardiñería). Os alumnos son nestes intres un total de 36.  (A voz de Galicia)

11-Febreiro-2002.

Os concellos de Cerdedo e Forcarei estánse a por dacordo para a publicación conxunta dun libro sobre a vida de Frai Martiño Sarmiento, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano. Frai Martiño viveu temporadas no pazo de Raposeiras (Meilide) onde naceros os seus pais e resideu sempre a s{ua familia. O libro estará coordinado pola catedrática  na Universidade de Santiago Carme Hermida, tamén desta terra.  O Cocello de Cerdedo está a mellorar o pazo e os accesos con vistas ó aumento de visitas que se pode producir.  (Faro de Vigo)

16-Febreiro-2002.

Hoxe, como se dixo nouta destas novas, celébrase en Cerdedo a festa da Vincha". Aprte do dedicado dereitamente a este postre, a festa conta con unha exposición de cerámica de Niñodaguia, outra de cestería tradicional e unha terceira sobre o liño, que contará coa colaboración do Centro Etnográfico da Terra de Montes.  (Faro de Vigo)

11-Febreiro-2002.

A Festa da Vincha que se celebrará en Cerdedo o vindeiro sabado día 16 contará carpa cuberta na praza da igrexa.  Poderase degustar un menú composto por Carne ó Caldeiro, orella de porco e chourizos por 9 Euros, e calquera especialidade sóa por algo menos. Tamén se poden mercar lotes de productos gastronómicos e rematarase co concurso de vinchas pola tarde e a actuación de varios grupos musicáis pola noite. A pregoeira é Feli Manzano, actriz moi coñecina na TVG.  ( A Voz de Galicia)

13-Febreiro-2002.

Gumersindo Guinarte Cabada, Forcareicense e nestes intres secretario xeral da Universidade de Santiago, será candidato a vicevaledor do pobo polo PSdeG.  (Faro de Vigo)

 9-Febreiro-2002.

A Deputación de Pontevedra concédelle ó concello de Forcarei 144.862 Euros (24,1 millóns de pesetas) para a nova zona industrial de Vilapouca. Outros tantos repartiranse entre saneamentos de Dúas Igrexas, Portela de Lamas, e Meavía. No concello de Cerdedo serán 120.000 Euros para a estrada Cerdedo-Castro-Quireza, 92.500 para o polígono industrial  e 69.300 para melloras ós accesos ó lugar de Trasaldeas e pavimentación en Cachofes.  (Faro de Vigo)

11-Febreiro-2002.

As compañías de seguros non queren asegurar os cabalos de sabucedo e os membros da cooperativa pensan que sin seguro a festa desaparecerá. Estiman eles que ninguén quere arriesgar o séu património para perdelo por mor dun accidente con algún dos cabalos do santo. A solución pasa por censar e identificar os cabalos e que a consellería de Agricultura se faga cargo da Póliza.  (A Voz de Galicia)

 

 8-Febreiro-2002.

No lugar de San Marcos (Pardesoa), O lobo atacou a varias ovellas na plena luz do día e moi perto das casas. Algúns veciños pensan que se pode tratar de cans bravos pero a maioría culpa ó lobo das perdas.  (A Voz de Galicia)

21-Xaneiro-2002.

O Concello de Forcarei rexistrou só 18 nacementos ó longo do ano 2001 contra os 24 do ano anterior. Os finamentos foron 28, pero a realidade é que moitos dos nosos vellos morren fora, onde os seus fillos. O concello pasa de 9244 habitantes no ano 1950 ós 4850 de hoxe. (A Voz de Galicia)

 

 7-Febreiro-2002.

Comenzan as obras de mellora da estrada PO-200 entre Aciveiro e Cachafeiro que rematará de xuntar Forcarei e Silleda e Lalín ó longo da serra de Candán. As obras ten un presuposto de 2,6 millóns de Euros (442,5 millóns de pesetas) e un prazo de 2 anos.  (A Voz de Galicia)

 8-Febreiro-2002.

O Concello de Forcarei pensa dar prioridade á denominada "Calle J", unha rúa paralela á do progreso que debe ser urbanizada en canto o PXOM sexa aprobado. O constructores pensan que esta nova zona será motor de expansión para Forcarei dad o escaso que está o chan urbanizables nesta vila.  (A Voz de Galicia)

 5-Febreiro-2002.

A Cooperativa "San Lourenzo" de Sabucedo alegará contra as bases de adxudicación do albergue desta parroquia. Pensan que o período de 8 anos non é suficiente para amortizar os perto de 50.000 euros que se deben invertir e que o investimento público na posta en marcha non é suficiente. Debe terse en conta que o fin non debe estar na rentabilidade senón na creación de postos de traballo na parroquia que reteña ós xoves nela.  (Faro de Vigo)

 7-Febreiro-2002.

O Concello de Forcarei expón hoxe as listas dos adxudiactarios das vivendas sociais de Soutelo. Só catro solicitantes quedaron fora desta lista por puntuación xa que outros tantos foron dados de baixa por diversas circunstancias. (A Voz de Galicia)

 4-Febreiro-2002.

O Centro Etnográfico de Soutelo (CETMO) sobrevive gracias ás axudas da asociación cultural "Verbo Xido".  A calificación de "Colección visitable" foi desestimada pola dirección do patrimonio, aínda que si fora apoiada polo Museo do Pobo Galego. Esto fai que as axudas públicas non cheguen e só algunha privada como a de CaixaNova permite abrir o centro. O Concello, mentras tanto, tampouco mostra ningún interese en axudar unha iniciativa privada tan singular coma esta. (A Voz de Galicia).

 4-Febreiro-2002.

O 4 de febreiro de 1165 unha ducia de monxes benedictinos fundaron o Mosteiro de Aciveiro. O longo destes 867 anosalcanzou unha enorme importancia na comarca, ardeu máis dunha vez, foi atacado por tropas de Napoleón, e abandoado a mediados do século XIX. Hoxe serve como hospedería e tamén de escola taller pero sigue aportando riqueza á bisbarra.  (Faro de Vigo)

 4-Febreiro-2002.

O alcalde de Forcarei, David Raposeiras, solicitou da dirección xeral de Patrimonio e Turismo da consellería de Cultura da Xunta as axudas necesarias para avanzar na reconstrucción do convento de Aciveiro. Trátase de mellorar os cubertos nos que traballan os alumnos do taller de emprego local e de rematar as do edificio principal para ampliar a hospedería de San Gonzalo das Penas para que permita aloxar grupos.  (A Voz de Galicia)

 4-Febreiro-2002.

En Cerdedo celebrarase este entroido un baile de disfraces, aparte da II Festa da Vincha que organiza a asociación de mulleres "Espadela" e terá como pregoeira á actriz galega Feli Manzano (A nai de Miro na serie "Pratos combinados"). Os veciños poderán deseñar os seus disfraces nun local da biblioteca preparado para este menester.  (A Voz de Galicia)

 

 2-Febreiro-2001.

O concello de Forcarei aproba a cesión dun local para a instalación dunha emisora de radio, concretamente "Radio Estrada", que informará dos concellos da comarca. A decisión foi tomada con presa pola intención da emisora de comenzar as emisións no mes de marzo. Si os locales non reuniran condicións adecuadas pensase trasladalos con posterioridade e incluso contar con un punto do dial separado do 107.7 no que emite Radio Estrada  (Faro de Vigo)

 4-Febreiro-2002.

A sala de lectura que ven funcionando no local social dos Castros (Quireza) pode ser pechada por falta de usuarios. Nestes intres abre dous días cada semán, pero é posible que se deixe só nún deles ou pechar definitivamente si, pasado o verán, non aumentan os visitantes. Debe terse en conta que só se conta con uns poucos libros para nenos e os outros deben ser solicitados da biblioteca de Cerdedo, da que depende. (A Voz de Galicia)

 1-Febreiro-2002.

O Concello de Cerdedo acaba de conquerir a financiación que lle faltaba para o remate da Praza do Concello, pendente dende hai máis de dez anos. Parece ser que se enlousará a parte que falta e construirase unha fonte no medio da praza. (A Voz de Galicia)

 1-Febreiro-2002.

A parroquia de Millerada, a máis extensa do concello de Forcarei, acaba de presentar perto de 200 firmas solicitando a concetración parcelaria. Esto é toda unha revolución xa que nunca nestas terras se tuvo moito aprecio a esta mellora, que sen dubida axudará a sacar o noso agro do seu secular atraso.  (Faro de Vigo)

<< Anterior   Seguinte >>