<< Anterior   Seguinte >>

20-Decembro-2006.

Casi 7 millóns de euros ten xa comprometidos en obras o concello de Cerdedo para o vindeiro ano. En total son perto de trinta actuacións onde destacan a depuradora (1,2 millóns), urbanización e aceras en Quireza (0,6 millóns), a urbanización dos tramos da N-541 que pasan a propiedade municipal (0,5 millóns), etc.  (A Voz de Galicia)

20-Decembro-2006.

Confortlastic, a firma que vai ocupar todo o polígono do Sangal (Cerdedo) quere contar con un mínimo de cen traballadores do concello desde o momento en que a nave sexa rematada. Outra cousa é que aquí se conte con tantos interesados en paro.  (A Voz de Galicia)

20-Decembro-2006.

Remata o programa Leader Plus da comarca Tabeiros - Terra de Montes. Adxudicáronse os derradeiros cartos para proxectos subvencionados (350.000 euros para o museo de música tradicional de Soutelo, da cantería en Cerdedo, etc.). Tamén se aprobou a construcción dun observatorio astronómico en Levoso (Forcarei), o acondicionamento da área fluvial da Lama (180,000 euros cada un deles) e a construcción dun albergue en Beariz (122.000 euros). Quedan 45.000 euros pendentes de asinar.  (A voz de Galicia)

20-Decembro-2006.

A Xunta entregou recentemente ó concello de Cerdedo un remolque para repartir o sal polas estradas do municipio cando cheguen as primeiras nevadas. Será protecció Civil do concello a que se encargue deste traballo.  (A Voz de Galicia)

20-Decembro-2006.

268.575 euros é o orzamento da mellora do vial Soutelo - Ratel (Forcarei) que foi adxudicado pola diputación recentemente. O proxecto para esta mellora tivo que ser modificado e os presupostos aumentaron de xeito importante.  (A Voz de Galicia)

9-Decembro-2006.

Verbo Xido anuncia para o vindeiro día 17 a cuarta edicción do percorrido popular do roteiro Sarmiento, que vai desde a igrexa de Cerdedo hasta o pazo de Raposeiras (Melide).  (A Voz de Galicia)

 

9-Decembro-2006.

Casi un 100% aumentan os presupostos do concello de Cerdedo para o ano 2007. A causa é a venta das parcelas do polígono do Sangal máis o traspaso dos tramos da vella N-541 que pasan a titularidade municipal coas súas correspondentes dotacións de diñeiro.  (A Voz de galicia)

3-Decembro-2006.

A XIII Festa da Richada celébrase hoxe en Forcarei, na carpa situada na praza do concello. Haberá actuacións de gaitas, feira de artesanía, unha concentración de Seat 600 e outras actividades. (A Voz de Galicia)

6-Decembro-2006.

Cerdedo presentou á Consellería de Medio Rural o seu plan piloto para coidar e explotar os montes. Entre outros proxectos hai un dunha planta de biomasa que aproveitará precisamente os residuos da limpeza destes montes (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>