<< Anterior   Seguinte >>

21-Decembro-2005.

O diputado forcareicense no parlamento de Galicia, Alejandro Gómez, preguntou na cámara polo estado dos proxectos aprobados polo goberno anterior para este concello. En concreto trátase da mellora do vial Soutelo-Cachafeiro, da modificación da N-541 e do multiusos de Soutelo de Montes. Ó mesmo tempo, o alcalde, David Raposeiras, tratou este tema cos delegados provinciais para que non cheguen a esquecerse os temas.  (A Voz de Galicia)

22-Decembro-2005.

A Diputación Provincial de Pontevedra aprobou por fin o remate do vial Forcarei-Folgoso e dotou o proxecto con 47 millóns de euros de orzamento.  (A Voz de Galicia)

 

14-Decembro-2005.

A Asociación "Rapa das Bestas" anda bucando implicar as institucións nun plan de dinamización da parroquia para que a festa teña repercusión máis alá do mes de xullo e, agora que existe o albergue, poidan recibirse visitas todo o ano. Creación de rutas de sendeirismo, recuperación de muíños e zonas arboladas, un centro de interpretación da rapa, etc. son algunhas das ideas que se baraxan. (A Voz de Galicia)

20-Decembro-2005.

"Terra de Montes" será o título do CD que recopilará toda-las grabacións dos Gaiteiros de Soutelo. Co selo Ouvirnos e o patrocinio do Concello de Forcarei, reproducirá os doce temas grabados no ano 1928 en Ourense, pero con tecnoloxía que permite unha mellor calidade do son. Virá acompañado dun libreto coa historia do cuarteto e outras notas do investigador musical Juanjo fernández.  (A Voz de Galicia)

4-Decembro-2005.

Cen quilos de carne (Unhas catrocentas racións) son preparadas hoxe na XII festa da Richada en Forcarei para ser consumida a prezos populares na Praza do Concello. O mal tempo non impide a participación e os restaurates máis importantes ten hoxe prato especial de richada. A música corre a cargo dos "Festicultores" de A Limia e o pregón, do coñecido humorista estradense Isis. (A Voz de Galicia)

6-Decembro-2005.

O Concello de Cerdedo ten 25 veciños máis no derradeiro ano, e esto rompe unha mala racha de moitos anos, cando os números sempre eran negativos. Forcerei perdeu 40 habitantes pero tamén de empeza a ver unha certa recuperación dos nacementos. Desde 1981, Cerdedo leva perdidos 2.088 habitantes e pasa por ser o municipio máis envellecido da bisbarra. Forcarei perdeu 3.448, aínda que ten de por si máis poboación. (A Voz de Galicia)

 

<< Anterior   Seguinte >>