<< Anterior   Seguinte >>

28-Decembro-2004.

O alcalde de Cerdedo, Jorge Caramés pensa dimitir no pleno que se vai celebrar o vindeiro xoves. O novo alcalde será con seguridade José Silvestre Balseiros, número dous na candidatura do PP coa que ganou as eleccións Caramés. Este, de sesenta e catro anos, que retirarse da política e pensa deixar tamén os seus cargos no partido nunha vindeira reunión. (A Voz de Galicia)

21-Decembro-2004.

O Alcalde de Cerdedo ten pedido ó Ministerio de Fomento a entrega dos tramos da vella estrada N-541 que quedaron fora de servicio cando se mellorou esta estrada por mor do Plan de Accesos a Galicia dos anos setenta. Os máis importantes son as travesías dos lugares de Vichocuntín e Pedre. (A Voz de Galicia)

28-Decembro-2004.

Os orzamentos do Concello de Forcarei para o vindeiro ano 2005 aproximan ós 2,5 millóns de euros. Deles case un 67% vanse en gastos de persoal e servicios, mentras que os investimentos non pasan dos 660.000 euros.. (A Voz de Galicia)

 

16-Decembro-2004.

O Concello de Cerdedo invita a tolos veciños a coñecer a gardería e o seu funcionamento e o mesmo tempo abre o plazo para a matricula dos nenos. A capacidade do centro é de uns vinte nenos. (A Voz de Galicia)

21-Decembro-2004.

A planta de reciclaxe de escombros de Forcarei, situada na vella canteira de Castrelo costará perto de 720.000 euros e será a primeira da provincia. As obras comenzarán en Xaneiro e permitirán reciclar hasta un 90% dos materiais que entren na planta. (A Voz de Galicia)

13-Decembro-2004.

A posible instalación dunha fábrica de transformación de leite por parte dunha cooperativa galega está sendo estudiada polos concellos da terra. Forcarei ofrécelles unha parcela perto da estrada que comunica con Lalín e que contaría con ventaxas fiscais e no seu prezo. O alcalde de Silleda promete tamén traballar no tema. (A Voz de Galicia)

15-Decembro-2004.

Cine para nenos e adultos, cursos, deportes e actuacións musicais serán as actividades programadas polo Concello de Forcarei para este nadal. Os reises pasarán pola capitalidade e por Soutelo como é tradicional. Tamén o Concello de Cerdedo organizará esta cabalgata pero aparte haberá obradoiros, festas, bailes e unha festa infantil o día 31 no local de exposicións do concello.  (A Voz de Galicia)

6-Decembro-2004.

Dúas mil persoas acercáronse a Forcarei e deron boa conta dos cen kilos de richada na carpa instalada ó pe da igrexa. O lider do grupo “Herdeiros da Crus” dou o pregón, e actuaron os Diplomáticos do acordeón  e celebrouse un mercado de productos da terra. O bo tempo axudou poito ó exito da festa. (A Voz de Galicia)

13-Decembro-2004.

Alejandro Gómez, diputado no Parlamento de Galicia e veciño de Forcarei, será o encargado de defender neste parlamento a conversión da actual estrada N-541 nunha vía de alta capacidade que acerque á Terra de Montes ás cidades de Pontevedra e Ourense. Este acercamento permitiría a moitas familias residir na bisbarra aínda que tiveran o traballo nalgunha das capitales de provincia. (A Voz de Galicia)

1-Decembro-2004.

Cen kilos de carne richada serán repartidos o vindeiro domingo día 5 entre os asistentes a XI edición da festa da Richada en Forcarei. Ôr outra banda, os restaurantes da vila acordaron un prezo único para o menú de degustaciónneste día de festa. Serán 15 euros por un primeiro plato, a richada, pan viño e café. (A Voz de Galicia)

2-Decembro-2004.

Esta vez foi a ministra de Fomento Magdalena Alvarez a que volveu a dar prioridade ó trazado do AVE entre Pontevedra e Vigo por Cerdedo. As reviravoltas nas declaracións son do máis habitual desde que o governo na nación cambiou e plantexaronse de novo moitas inversións do chamado “Plan Galicia”. Hai que suliñar que este trazado non mellora en nada as comunicacións da Terra de Montes xa que non contaría con ninguha estación na bisbarra.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>