<< Anterior   Seguinte >>

12-Decembro-2003.

Inaugúrase en Forcarei un Centro de inseminación artificial de gando porcino, con unha dotación de uns cincoenta sementais. (A Voz de Galicia)

12-Decembro-2003.

O presuposto do Concello de Forcarei para o ano 2004 andará por uns tres millóns de euros. Mentras tanto o de Cerdedo investirá 117.000 para elaborar o seu PXOM. (A Voz de Galicia)

10-Decembro-2003.

Forcarei reparte hoxe  máis de cen kilos de carne na súa Festa da Richada. Por primeira vez haberá unha degustación de valde de richada con patacas cocidas. A festa terá a súa continuación cos actos de tipo cultural como a presentación da revista "Cotaredo" deste ano e a inauguración de exposicións de pintura (Manuel Fragoso), maquetas (José Pichel) e varias conferencias. Actuará o humorista Paco Mivida e a banda de música "Flor de Toxo".  (A Voz de Galicia)

10-Decembro-2003.

A aldea de Espiñeiros, na parroquia de Meavía (Forcarei) queda fora do plan de sustitución dos vellos teléfonos TRAC por outros de cable que ven realizandose no concello. Os sete veciños reclaman que a mellora solo chegue hasta Valadares e nos está previsto que se prolongue polo kilómetro que lle falta hasta Espiñeiros porque habería que cambiar as liñas, que nestes intres só permiten 25 usuarios, que son os que ten o servicio en Valadares. (A Voz de Galicia)

4-Decembro-2003.

O Concello de Cerdedo verase obrigado a levar o lixo á planta de SOGAMA de Silleda desde o vindeiro mes de Xaneiro. O malo é que só hai un camión e ten 16 anos, o que quere decir que non vai tardar en fallar. (A Voz de Galicia)

5-Decembro-2003.

A empresa Monbús ampliará os servicios entre a Terra de Montes e Pontevedra con, a lo menos, catro novos autobuses. A compra das liñas por esta empresa á Castromil foi a desencadeante da desaparición de hasta dez servicios. As queixas dos veciños obrigaron á empresa á reposición dos autobuses. Os horarios decidiranse nos vindeiros días. (A Voz de Galicia)

 

3-Decembro-2003.

Os veciños de Masgalán de Arriba, na parroquia de Aciveiro (Forcarei) queren instalar unha rede común de abastecemento de gas propano. Tería un depósito duns 4.000 kilos e daría calefacción á todo-los veciños (Once en total).  (A Voz de Galicia)

4-Decembro-2003.

Os comerciantes de Forcarei (Acef) sortearán unha televisión e un DVD ó longo deste nadal mediante unha rifa que se distribuirá polos buzóns de correos dos concellos veciños e nos comercios da localidade. A asociación conta con 69 socios que queren ser bastantes máis. Tamén están a rematar un acordo cos comerciantes de A Estrada, Moraña e Cuntis para xuntarse nun consorcio que mellore o seu funcionamento.  (A Voz de Galicia)

2-Decembro-2003.

A Xunta de Galicia concedeu 160 hectáreas de terreo da parroquia de Pedreó Concello de Cotobade. O Concello de Cerdedo apoiará a reclamación e presentará a súa propia por consideralo unha cacicada sin basamento legal.  (A Voz de Galicia)

2-Decembro-2003.

A Festa da Richada de Forcarei ofrecerá este ano  unha degustación de valde para os asitentes, con carne preparada pola asociación de mulleres de Forcarei (Amfor). Os restaurantes de Forcarei e Cachafeiro porán a venda un menú común polo prezo de 15 euros. Actuará o humorista Paco Mivida. (A Voz de Galicia)

1-Decembro-2003.

A Asociación "Verbo Xido" participou na manifestación que celebrou en Pontevedra contra a Empresa Nacional de Celulosas, responsabilizandoa da choiva aceda que din que chega a nosa terra. Sin coñecer o basamento científico, é ben certo que o cheiro, cando o vento ven de caria o mar, chega e ben forte. (A Voz de Galicia)

2-Decembro-2003.

A Mancomunidade de municipios do Deza estudia a posible fórmula para a incorporación de Forcarei, que ten manifestado a intención de entrar e a quen se lle insta a que solicite no pleno a súa incorporación para empezar cos trámites. A sede da mancomunidade proponse que sexa Expodeza. (A Voz de Galicia)


<<
Anterior   Seguinte >>