<< Anterior   Seguinte >>

28-Decembro-2002.

A Casa da Cultura de Pedre será o lugar sinalado para a celebración dunha merenda de encontro mar-terra en solidaridade cos afectados pola marea negra. Contarase coa colaboración dos colectivos "Nunca mais" e "Espadela". O acto terá un contido cultural con diversas intervencións de xente relacioada co suceso e cos voluntarios que colaboran na súa limpeza.  ( A Voz de Galicia)

28-Decembro-2002.

O Colectivo "Verbo Xido" editará o traballo ganador do concurso sobre o impacto dos parque eolicos na nosa terra. Trátase dun traballo formado por debuxos e texto realizado por oito alumnos da escola de Montillón (A Estrada), recien clausurado.  (A Voz de Galicia)

23-Decembro-2002.

Hoxe inaugurase o tramo Santiago-Dozón da autoestrada Ourense-Santiago. Este tramocomunica tamén parte da Terra de Montes, ou polo menos presenta unha alternativa de viaxe caria Santiago por Silleda. Claro que por tratarse dunha autoestrada de peaxe, hai que pagar perto de tres euros por este tramo.  (Faro de Vigo)

26-Decembro-2002.

Forcarei aprobou un presuposto de 1,87 millóns de euros para o ano 2003, dos cales casi 1,2 millóns van para gastos de persoal e servicios. As inversións baixan hasta os 515.000 euros. A causa deste descenso é a desaparición da escola taller.

16-Decembro-2002.

O Colectivo ecoloxista "Verbo Xido" rematou cunha marcha o seu "Ano Sarmiento", aínda que esta rematou sendo case un recordo constante os afectados da marea negra do Prestige. Recorreron a ruta entre Meilide e Soutelo tal e como o fixera o frade no ano 1745.  (Faro de Vigo)

16-Decembro-2002.

Tres cabalos do Santo morreron noutras tantas trampas perto dos lugares de Marcenlo e Trabadela, na parroquia de Codeseda. Segundo Cesar García Rivas, presidente da asociación "Rapa das Bestas", este tipo de trampas poñenas os labregos cando os cabalos baixan caria as súas leiras. O lóxico sería rematar dunha vez a normativa sobre gandería mostrenca ou que alguén corra cos gastos dos danos, nunca acabar coa vida dos animais. En moitas ocasións o que cai na trampa non é unha res salvaxe senón unha doutro gandeiro.  (Faro de Vigo)

10-Decembro-2002.

Manuel Prado, Alcalde de Beariz e presidente da Mancomunidade de municipios do Carballiño, anunciou que esta entidade vai proceder a renovar os conteñedores de lixo para reciclar da comarca, amáis de ampliar o seu número.  (A Voz de Galicia)

10-Decembro-2002.

As casas rurais da Estrada, Forcerei e Cerdedo vanse asociar para levar a termino unha serie de traballos en común. Aínda que a idea xa ten máis de dous anos, so nestes intres se constitueu realmente a asociación e se elixeu a xunta directiva. Esta asociación representa a perto de vinte propietarios.  (A Voz de Galicia)

 

5-Decembro-2002.

Nas parroquias de Meavía e Quintillán do concello de Forcarei exponse as bases provisionais da Concentración Parcelaria. Os casi seiscentos propietarios das terras deben comprobar si os datos son correctos ou presentar as alegacións que desexen antes de que unha laboura tan importante para a mellora no noso agro comence co reparto das terras e o trazado de novos camiños.  (Faro de Vigo)

5-Decembro-2002.

O Concello de Forcarei quere instalar un miniparque eólico con só dous muiños, e rebaixar así o seu custo en electricidade. Costaría perto de 1,4 millóns de euros ó concello e outros tantos á iniciativa privada. Aínda non ten ningún lugar decidido como emprazamento.  (A Voz de Galicia)

 

1-Decembro-2002.

A IX festa da Richada celébrouse hoxe en Forcarei, na carpa da Praza do Concello. O actor Tacho Gonzalez foi o pregoeiro, as alumnas do curso de cociña da asociación de Muelleres de Forcarei prepararon a carne para  degustación popular da que se consumiron unhas cincocentas racións, e os restaurantes deron de comer a quén quixo o ancestral prato da terra. Unha feira de productos artesanais da bisbarra deslucida un pouco polo mal tempo, remator a xornada.  (Faro de Vigo)

2-Decembro-2002.

Este fin de semán, desde o Concello de Lalín, celebrouse unha subida 4X4 a Candán para automovilistas aficioados. Todo recorrido foi por pistas impracticables polo mal tempo, o que lle dou certo parecido ós rally-raid.  (Faro de Vigo)

<< Anterior   Seguinte >>