<< Anterior   Seguinte >>

21-Decembro-2001.

O Concello de Forcarei sacou a concurso cinco prazas para servicios do concello. Entre elas, asistente social, oficios varios, protección civil, etc.  A información para os interesados pódese solicitar nas oficinas do concello e no boletin oficial.  (Faro de Vigo)

21-Decembro-2001.

O B.N.G. do concello de Cerdedo amosa a súa preocupación polos cortes de luz no concello. Un problema xa moi vello que Fenosa non parece disposta a soluccionar. Cada inverno aparecen estes cortes, debidos ó parecer ó mal estado dos tendidos.  (Faro de Vigo)

21-Decembro-2001.

Forcarei vai instalar un local de acollida nas dúas viviendas de maestros que están desocupadas.  (Faro de Vigo)

21-Decembro-2001.

Un grupo de mulleres está interesada en montar unha cooperativa textil no concello. Estas mulleres, que non viven aquí, precisan socias do lugar e pensan dedicarse á confección e os bordados.  (A Voz de Galicia)

12-Decembro-2001.

Os veciños de Zobra propúxeron ó alcalde de Lalín a construcción dun área recretiva en A Trigueira, dentro das actuacións do pla Leader Plus.  (A Voz de Galicia)

12-Decembro-2001.

O Concello de Forcarei quere converter o antergo vertedeiro de lixo de Monte Castrelo nunha granxa cinegética tras da incorporación definitiva a SOGAMA.  (A Voz de galicia)

5-Decembro-2001.

Os veciños de Ínsua , en Parada (Cerdedo) descubriron que o cruceiro da Capela do Pego foi descabezado e rompido no chán de maneira que parece intencionada. Esta capela e cruceiro atópanse semiabandoados no interior do bosque, pero ten máis de cen anos e gran valor artístico.  (A Voz de Galicia)

19-Decembro-2001.

Ocolexio de Forcarei acdou o terceiro premio no concurso galego de panxoliñas (villancicos) con unha dela de orixe popular e outra inedita. (A Voz de Galicia)

 

3-Decembro-2001.

Este fin de semán celébrouse a VIII edicción da festa da Richada en Forcarei. Foron 1.500 racións de carne e fabada, todo por 500 pts. O pregoneiro foi Xacobo Pérez (Humorista radiofónico de Corre Carmela que Chove) e tamén se celebrou un mercadillo de productos da terra e diversos xogos tradicionais. A asistencia foi bastante mellor que noutros anos. 

 3-Decembro-2001.

Virxilio Viéitez foi galardoado co premio San Martiño pola asociación O Brado da Estrada por defender o galego e usalo sempre na súa fala cotiá. Virxilio afirmou sentirse máis emocionado que noutros dos moitos premios que lle están dando últimamente porque este é un premio otorgado por "amigos e non por estranos".

<< Anterior   Seguinte >>