<< Anterior   Seguinte >>

19-Agosto-2007.

Anxo Quintana afirmou onte en Soutelo que todo-los nenos galegos debería coñecer e cantar o himno galego porque oficializa os sentementos de Galicia como país. Según Quintana, a letra de Pondal expresa "a loita dun pobo en defensa da súa lingoa e da súa identidade". Estas verbas tiveron unha importante repercusión nos diarios e nas tv. estatais pola semellanza con as de grupos independentistas doutras nacionalidades.  (O Correo Galego)

20-Agosto-2007.

Os Diplomáticos do acordeón, cinco orquestas e grupos punteiros, bandas de música, xogos para nenos, fogos e moitos autos relixiosos compón o programa das festas dos Dolores, en Forcarei. Darán comenzo o vindeiro venres día 24 e durarán hasta o lúns da seguinte semán.  (Faro de Vigo)

 

01-Agosto-2007.

O vindeiro 5 de Agosto celebrarase en Forcarei un seculo do nacemento de Adelino Pichel, O gaiteiro de Sorribas. O polifacético músico, que morreu, alá polo ano 1994, actuou case sempre en solitario e a súa música quedou en parte tapada pola maior popularidade do gaiteiro de Soutelo, con quen tocou nalgunha ocasión.  (A Voz de Galicia)

17-Agosto-2007.

A XXVIII Festa do Gaiteiro, en Soutelo de Montes terá mañán novidades importantes como a supresión do concurso de bandas (queda só o individual). Será pregoeiro o artesán gaiteiro Xosé Manuel Seivane e entregaranse medallas de honra a varios persoeiros e institucións, entre eles a editorial Ruada e Maduro, o sobriño de Avelino Cachafeiro. Ten previsto a súa asistencia o vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana (O Correo Galego)

<< Anterior   Seguinte >>