<< Anterior   Seguinte >>

29-Agosto-2006.

Os veciños de Meavía e Dúas Igrexas, os máis afectados polos incendios da primeira semán deste mes, expresáronlle ó delegado provincial de medio ambiente, Gonzalo Costenla, o malestar polo funcionamento das brigadas contra o lume. Tamén se pediron axudas para a compra de forraxe que supla o que ardeu nas leiras queimadas. A Diputación xa se comprometeu na axuda ós animais que se alimentaban nos montes queimados (Rapa das Bestas) e tamén algunhas granxas que perderon a maior parte das reservas para o inverno.  (A Voz de Galicia)

25-Agosto-2006.

Desde hoxe hasta o vindeiro luns, catro días de festas en Forcarei na honra da Virxe das Dores e San Roque. Coma todolos anos, música cada día (bandas e gaitas) e cada noite (grupos e orquestas) con uns gastos de 18.000 euros que aínda están tratatando de xuntar a nova comisión de festas.  (A Voz de Galicia)

25-Agosto-2006.

Dúas son as prioridades do concello de Forcarei nos vindeiros anos: o aumento do chan industrial e a posta en marcha dunha residencia de maiores. A primeira cumpliríase coa ampliación do polígono de Vilapouca en 100.000 metros cadrados (Hoxe ten 60.000 totalmete ocupados). A segunda xa ten solar, cedido pola familia do ex-alcalde Filgueira e o compromiso da Xunta de financiala. Falta ver que ambalas dúas se cumplan.  (A Voz de Galicia)

24-Agosto-2006.

A paralización do PXOM de Beariz por falta de resposta da Xunta non permite que se poña en marcha o albergue previsto para máis de cen usuarios que quere construir o concello. O alcalde non quere acollerse ó "silencio administrativo" e que despois surxan problemas cando as obras estén iniciadas.  (A Voz de Galicia)

25-Agosto-2006.

Despois de seis anos de funcionamento, o Centro Etnográfico da Terra de Montes pecha as portas por falta de axudas. Só atenderá visitas con cita previa. A familia González, propietaria do centro, leva gastados do seu bolsillo 48.000 euros sin que ningún organismo oficial puxera nin un peso. Só Caixanova axudou durante uns anos pero nesta ocasión deixa de facelo. O concello nunca aportou nada, nin siquera o cita na guía turística. Os gastos de funcionamento son moi modestos, uns 2700 euros cada ano, e a familia está disposta a abrir de novo si algún organismo se mostra disposto a axudar.  (A Voz de Galicia)

20-Agosto-2006.

Onte celebrouse a XXVII Festa do gaiteiro en Soutelo, con uns 800 músicos participantes nos certames de solistas e bandas. Actuaron tamén os humoristas "Corre Carmela que chove" e leu o pregón o pintor Xosé María Barreiro. Soutelo quedou sin festas de San Roque por non xuntarse unha comisión adecuada.  (A Voz de Galicia)

22-Agosto-2006.

Alo menos vinteún "cabalos do santo" da Rapa das Bestas morreron queimados nos incendios da pasada semán. Outros trinta foron atopados sanos e estaban na aldea de Montillón (A Lama) onde tiñan comida pero desapareceron e só nove foron recollidos en Campolameiro. A asociación tratará de buscar un lugar onde poidan pacer ou terán que ser alimentados con forraxe.  (A Voz de Galicia)

17-Agosto-2006.

O maior grupo de voluntarios na prevención de incendios de toda Galicia está aloxado en Pontemaríl (Forcarei). "A boas horas ..." pensan algúns mal pensados, cando está chovendo en toda a comarca.  (A Voz de Galicia)

17-Agosto-2006.

A novas asociación "Vento noso" que xunta uns 6000 dannificados pola instalación dos xeneradores eólicos nos montes da provincia de Pontevedra, quere que un 10% dos beneficios desta actividade, estimados en 96 millóns de euros no ano 2005 só na . Actualmente chega ós propietarios do monte menos dun 1%.  (A Voz de Galicia)

 

16-Agosto-2006.

Aínda hoxe non está totalmente recuperado o servicio de teléfono nos concellos de Forcarei e Cerdedo despois dos incendios da pasada semán que deixaron os tendidos totalmente arrasados. En Avión e Beariz seguen traballando na estinción definitiva do lume. (A Voz de Galicia)

16-Agosto-2006.

O Concello de Forcarei quere limpar os muros do interior da igrexa do convento de Aciveiro e reformar a piscina de Soutelo como se fixo na de Forcarei, disminuindo a profundidade, o que supuxo un importante aumento de usuarios. Para eso quere que a Consellería de cultura da Xunta colabore co concello.  (A Voz de Galicia)

14-Agosto-2006.

Castor Cachafeiro, hirmán de Avelino e integrante dos míticos Gaiteiros de Soutelo, será homenaxeado na XXVII  Festa do Gaiteiro que terá lugar nesta vila o sábado día 19. Cúmprense cen anos do nacemento de Castor, que, despois de desfacese o cuarteto, levou con el a súa sabedoría ó outro lado do Atlantico formando unha escola en Venezuela. (A Voz de Galicia)

14-Agosto-2006.

Un enorme incendio está asolando os montes de Berariz e Avión. Un home, emigrante en Venezuela, está detido por ser o causante por unha neglixencia, aínda que de xeito non intencioado. Este vran está sendo un dos peores da historia en Galicia en canto a incendios e, sobre todo á cantidade de terra queimada. (M.C.)

 

12-Agosto-2006.

Verbo Xido recorda ós veciños asasinados na Guerra civil dentro das cuartas xornadas "Terra de Todos e Todas" que terán lugar hoxe en Cerdedo. Preséntase o libro de Dionisio Pereira "A II República e a represión franquista en Cerdedo" onde se reordan os 18 asasinados neste concello.  (A Voz de Galicia)

12-Agosto-2006.

A Deputación de Pontevedra acordou aceptar as indicacións da Federación Internacional de Automovilismo (FIA) para que o circuito de Karting de Soutelo cumpla as normas desta federación internacional. Estas modificacións terán un custo adicional de 100.000 euros, sobre os 520.000 que estaban asignados.  (A Voz de Galicia)

9-Agosto-2006.

O exercito tivo que chegar a Forcarei e preparar a evacuación de Pardesoa e Pousada a causa do incendio que comenzou en Soutelo. En Cerdedo tamén houbo que traballar dabondo por parte dos veciños, posto que as brigadas de incendios non chegaron hasta ben entrada a tarde  (A Voz de Galicia)

9-Agosto-2006.

A falta de medios para apagar os incedios da zona vai rematar en treboada política. Ós Concellos da comarca fóronlle retiradas varias brigadas (pasaron de doce a sete) a a efectividade baixou bastante por mor de decisións políticas pouco acertadas. As perdas económicas no rural son moi importantes, non só no monte, senón tamén en forraxes para o gando que estaban aínda depositados nas leiras. (A Voz de Galicia)

2-Agosto-2006.

Ángel Roubín, o emigrante que doou ó concello de Forcarei a casa en Vilapouca na que se ubicará a casa do pobo para Soutelo e Pardesoa será distinguido coa medalla de honra de Forcarei. tamén terán distincións os deportistas Manuel Canabal e carlos Valiñas (Cinco veces campión de españa de Kung Fu), o pintor Nelson Zumel, e tres funcionarios xubilados. A título póstumo otorgaráselle a Castor Cachafeiro, compoñente do grupo de gaiteiros de Soutelo e hirmán de Abelino.  (A Voz de Galicia)

5-Agosto-2006.

Dúas Mulleres morreron queimadas entre Dorna (Cotobade) e Pedre (Cerdedo) por  causa do incendio que arrasa estes dous concellos nos últimos días. Galicia enteira está sufrindo este vran un verdadeiro calvario co lume e, aínda que estamos xa acostumados, poucas veces se tiña chegado á perda de vidas. A estrada N-541 foi cortada varias veces (A Voz de Galicia)

 

<< Anterior   Seguinte >>