<< Anterior   Seguinte >>

31-Agosto-2005.

Graña de Umia (Forcarei) celebra a súa "Festa do caracol" con máis de 50 kilos deste molusco que se degustará gratuitamente na carballeira da veira do río que da nome ó lugar, entre Quintillán e Muras (San Bartolomeu de Pereira). Por se queda fame, tamén hai polvo á feira e churrasco. Pos máis charangueiros, musica con Pai da cana e o dúo Punto Zero.  (A Voz de Galicia)

26-Agosto-2005.

Forcarei estase a converter nu centro de "movida" xuvenil coa apertura de dúas discotecas que recollen a tradición que mantuvo en Forcarei a sala Paraiso, fundada hai moitos anos polo Gaiteiro de Sorribas.  (A Voz de Galicia)

30-Agosto-2005.

O Concello de Forcarei acordou triplicar o tipo impositivo do IBI ós parque eólicos, aplicándolle o máximo permitido (1,3 % fronte ó 0,5% que se lle aplica ás vivendas). Pasará así de recaudar 7.461 euros por este concepto o pasado ano a recoller 19.399 neste 2.005. Outros concellos da bisbarra xa están pensando na mesma medida.  (A Voz de Galicia)

21-Agosto-2005.

Daniel Bellón e Edelmiro Fernández, gañadores xa nos anos 2004 e 2003, empataron a puntos no concurso de solistas da festa do gaiteiro de Soutelo. Ó fin, na segunda actuación douse gañador a Daniel Bellón por un solo punto de diferencia. Como percusionista ganou Andrés Vilán. Mariano Rajoy, presidente nacional do PP, non pudo dar o pregón polo accidente de un helicoptero militar en Afganistán, que lle causou a morte a varios soldados españoles, algúns deles galegos. (A Voz de Galicia)

26-Agosto-2005.

Comenzan as festas da Virxe das Dores en San Roque en Forcarei. Contarán con catro días de verbenas e actos culturais, sobre todo actuacións musicais que contan con un presuposto de 18.000 euros conseguidos por doazóns de particulares, publicidade, postos de feira, etc. Da organización ocupáronse este ano José Pichel e José Luis Barrio, que tiveron que facelo nun tempo record.  (A Voz de Galicia)

 

19-Agosto-2005.

Oitocentos músicos, uns sete mil visitantes, o concurso de bandas de gaitas transmitido pola TVG, o concurso de solistas para escoller o mellor gaiteiro de Galicia, o pregón a cargo de Mariano Rajoy, estrega de medallas a Milladoiro e Carlos Nuñez e multitude de actuacións musicais que rematarán coa de Berrogüeto no parque de Venezuela. Son as credenciais que presenta Soutelo para a súa XXVI Festa do Gaiteiro que se celebrará hoxe e mañán na que será, esta vez con máis dereito ca nunca, a capital da Terra de Montes e da música tradicional galega.  (M.C.)

21-Agosto-2005.

Clébrase hoxe a V Subida automovilística a Cerdedo organizada pola escudería Ciudad de Pontevedra. O recorrido é de uns 4,2 kilómetros pola carretera entre Cerdedo e Presqueiras.  (A Voz de Galicia)

 

19-Agosto-2005.

Cerdedo destiñará catro das casas que perteneceron ós grupos escolares a almacéns municipais e a vivendas de emerxencia para ocupación temporal de xente sen recursos. Estas casas, igual que noutros municipios, foron contruídas as veiras dos centros escolares nos anos setenta para vivendas dos maestros pero poucas veces foron ocupadas e case sempre permaneceron semi-abandoadas hasta que, recentemente, os concellos están comenzando a darlles un destiño para uso municipal.  (A Voz de Galicia) 

19-Agosto-2005.

O Concello de Forcarei vai facer unha campaña que convenza ós veciños para que domicilien os seus impostos municipais. Por outra banda, soubose que dentro da cooperativas leiteira de Forcarei só hai un veciño que será multado pola Unión Europea por exceso de producción de leite (A Supertasa). En concellos veciños como Rodeiro hai máis de cen.  (A Voz de Gaalicia)

 

14-Agosto-2005.

Comenzan as festas de Beariz, na honra da virxe. Non tivemos maneira de nos chegara o programa porque os medios de comunicación esquecense a miudo desta vila, pero non cabe dubida que serán, coma sempre, unhas das mellores da bisbarra.  (M.C.)

19-Agosto-2005.

Hoxe cumplense seis anos que esta web foi "colgada na rede". Nin o autor pensaba que duraría tanto tempo viva pero, só na versión en galego, levan pasado por aquí máis de 25.500 visitantes. As novas (6.100), as fotografías (7.600), o Diccionario dos arxinas (3.750) e persoeiros como Virxilio e O gaiteiro de Soutelo son as páxinas máis visitadas. Graciñas a todos pola visita e polas moitas suxerencias recividas.  (M.C.)

11-Agosto-2005.

O Centro Etnográfico da Terra de Montes cumple cinco anos, e segue sobrevivindo sin axudas oficiais, nin do concello de Forcarei nin da Xunta de Galicia. O Concello acaba de editar unha guía turística na que non está nin siquera mencionado como tampouco está na Memoria fotográfica do concello. Non foi decrarado "Colección visitable" pola dirección de Patrimonio da Xunta malia opinión a favor do Museo do Pobo Galego, e só algunhas axudas de Caixa Nova e a permanente da asociación cultural Verbo Xido mantén a ilusión dos promotores. A familia Gonzalez, sobradamente coñecida na terra, levou a termo un achegamento á cultura pasada e aínda presente en moitas aldeas da comarca e foron os aldeáns os que axudaron con doacións a que esta obra sexa posible. A falta de axuda afecta, polo tanto, non só ós promotores, senón a todos aqueles que puxeron un gran de aréa no proxecto.  (A Voz de Galicia)

12-Agosto-2005.

Mutenrohi, o grupo folke que veu medrar á coñecida gaiteira Cristina Pato, actuará esta noite na praza da igrexa de Forcarei, nunha actuación con entrada gratuíta. Mañán celebrarase unha ruada tradicional, con actuación de pandeireteiras e de varios dos compoñentes do grupo local Os Diplomáticos do acordeón. (A Voz de Galicia)

 

6-Agosto-2005.

O grupo folke Berrogüeto pechará a XXVI Festa do Gaiteiro o día 20 deste mes en Sotelo de Montes. Nesta festa otorgaranse premios a Carlos Nuñez, Milladoiro, Emilio Corral e Manuel García. A presentadora da TVG, Nieves Rodriguez fará de animadora e o pregoeiro será nada menos que o presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, que ten os seus orixes na aldea de San Xusto, en Trasdomonte. (A Voz de Galicia)

6-Agosto-2005.

O vindeiro día 15 terá lugar no Parque de Venezuela unha churrascada popular que dará comenzo as festas de Soutelo na honra de San Roque e a Virxe do Carme. Haberá toro mecánico, festa da espuma, xogos hinchables e varias actuacións musicais. O menú, con churrasco, pan e viño costará uns cinco euros e asaranse perto de cen quilos de carne. Tamén esta previsto un desfile de moda no polideportivo para o día 14. (A Voz de Galicia)

 

4-Agosto-2005.

O Concello de Forcarei rendirá homenaxe a Adelino Pichel, "O Gaiteiro de Sorribas", un artista da gaita que quedou eclipsado pola fama internacional de Avelino Cachafeiro (O Gaiteiro de Soutelo). Curiosamente, como fixera Avelino co "Changüi", Adelino Pichel tamén foi o fundador da Sala Paraiso de Forcarei, que permaneceu aberta hasta un tempo ben recente.  (A Voz de Galicia)

6-Agosto-2005.

A Asociación de Amigos da Terra de Montes, que preside Jesús Antonio Gulías, imporá a súa insignia de ouro a J.L. Jorge Caramés, ex-alcalde de Cerdedo e a Manuel Diz Ramos, escritor emigrante no Brasil e natural de Xirazga (Beariz). A xuntanza celebrarase hoxe nos locales do concello de Beariz.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>