<< Anterior   Seguinte >>

26-Agosto-2003.

A banda asturiana de Candás foi a gañadora do XXIV concurso de bandas de gaitas "Avelino Cachafeiro", en Soutelo. Na segunda categoría a gañadora foi a de San Xulián de Marín e na terceira, Os fiadeiros, de Ourense. Descoñecemos o nome do ganador no apartado individual.  (O Correo Galego)

29-Agosto-2003.

O BNG acusa á Mancomunidade do Carballiño, que preside o alcalde de Bearíz Manuel Prado, de irregularidades legais, por non ter unha representación nacionalista, coa importancia en votos que ten este partido.  (A Voz de Galicia)

 

25-Agosto-2003.

As parroquias de Meavía e Quintillán, en Forcarei, contarán caria o fin deste ano con teléfonos de fío, sustituíndo os TRAC. Poderán, polo tanto, conectarse a internet e a calidade será semellante a calquer outro. En Trasdomonte, onde tamén exiten este tipo de telefónos xa é dificil levar a cabo unha conversación sin interrupcions.  (Faro de Vigo)

26-Agosto-2003.

Segundo Instituto Galego de Estadística, a comarca de Tabeirós-Terra de Montes ten a segunda media de edade máis alta da provincia con 45,9 anos. Cerdedo chega ós 52. Hai que ter en conta que a media de edade das provincias galegas xa é unha das máis altas de España.  (A Voz de Galicia)

23-Agosto-2003.

Hoxe celébrase en Soutelo a Festa do Gaiteiro, co concurso de solistas, para o que están inscritos 27 participantes, e o de bandas no que están inscritas nove agrupacións. Ás dez da mañán comenzarán as bandas, mentras que pola tarde serán os solistas os que teñan que interpretar un tema libre e acabar todos tocando a "Muiñeira de Chantada", peza orixinal de Avelino Cachafeiro, O Gaiteiro de Soutelo. Pola noite actuará Cristina Pato e outras agrupacións folclóricas como Os Diplomáticos do Acordeón, Xambrear e Kerkenai. (AVoz de Galicia)

23-Agosto-2003.

A directiva do "Plan Leader Plus Montes" aprobou o regulamento para a evaluación dos proxectos presentados, valorando a súa importancia económica, social e cultural. Premiarase principalmente a creación de postos de traballo e a aportación ó desenrolo da bisbarra. Tamén se aprobou a inclusión de varias asociacións, entre elas a de "Verbo Xido" dentro da "Asociación de Desenvolvemento Rural Montes".  (A Voz de Galicia).

 

21-Agosto-2003.

Este fin de semán correrase a III subida automóvilistica a Cerdedo, entre esta vila e o monte do Seixo, con un percorrido de catro quilómetros e medio e puntuable para o campionato galego de montaña. Espérase que se acerquen á Cerdedo entre doce e quince mil persoas, máis cando coincide coa "Festa do Gaiteiro" en Soutelo.  (A Voz de Galicia)

20-Agosto-2003.

Un veciño de Soutelo foi detido por esixirlle  a outro de Beariz con ameazas, noventa mil euros que debian ser entregados nun coñecido restaurante de Soutelo. O segundo, que afirma non coñecer ó detido, e alertou á Garda Civil.

 

18-Agosto-2003.

Outro accidente na entrada de Cerdedo fai cada vez máis necesario o desvío de estrada 541 por fora da vila. Esta vez foi un camión que se desviou a entrada ó verse sin frenos, pero non pudo evitar bater contra unha casa. Morreron dúas persoas, o conductor e máis o seu fillo de doce anos, resultando ferida unha terceira persoa.

 

21-Agosto-2003.

O alcalde de O Carballiño estudia abandoar a mancomunidade de municipios denunciando que esta non funciona e esixir o cambio dos estatutos. O presidente desta mancomunidade é o alcalde de Beariz, Manuel Prado, que afirma que se está traballando, pero que se depende de que os concellos paguen ou non, e clara referencia precisamente ó do Carballiño, que foi dos que máis se atrasou. O problema é precisamente a división comarcal, que xunta concellos que ten pouco que ver entre sí, e necesidades moi distintas. Así, O Carballiño acapara os servicios, igual que pasa con A Estrada e Forcarei ou Cerdedo.

5-Agosto-2003.

O vindeiro día 23 celebrarase en Soutelo a XX edición da "Festa do Gaiteiro", como homenaxe a Avelino Cachafeiro. Contará co Concelleiro de Xustiza Xesús Palmou como pregoeiro e coa gaiteira máis recoñecida nestes intres en Galicia, Cristina Pato, como invitada de honra. Celebrarase como sempre o concurso de gaitas e de bandas. Espérase a chegada de uns mil músicos e máis de cinco mil persoas á vila. (A voz de Galicia)

8-Agosto-2003.

O grupo musical "Fía na Roca" actuará hoxe en Forcarei presentando o seu segundo disco "Agardando que pase algo". (A Voz de Galicia)

 

2-Agosto-2003.

Onte e hoxe celébranse en Forcarei os actos da reunión anual da asociación "Amigos da Terra de Montes". Está previsto un homenaxe a Manuel Barreiro, fotógrafo, carteiro, reloxeiro, etc. de Forcarei. Tamén outro homenaxe a Xesús Jorge Campos, de Cerdedo, e a inauguración dun monumento á muller labrega en Forcarei. Nún dos actos presentase a nova páxina web da asociación, a que pode acceder desde aquí mesmo ou desde o apartado "Ligazóns" destas páxinas. (A Voz de Galicia)

3-Agosto-2003.

Si Jorge Lamas falaba das "Mámoas na Terra de Montes" e Xesús Antonio Gulías facíao de "Canteiros-Artistas" dentro dos actos da "Asociación de Amigos da Terra de Montes",  a asociación "Verbo Xido" falará os vindeiros 7, 8 e 9 en Cerdedo de "Cerdedo e a pedra" coa intención de loubar ós canteiros da Terra.. (A voz de Galicia)

2-Agosto-2003.

Dous incendios arrasaron outros tantos pallares en Millerada e Parada. Mentras tanto, outro provocaba importantes danos en Dúas Igrexas, todos eles no Concello de Forcerei. En ningún dele houbo victimas humáns, pero no de Picáns (Parada) morreron dúas vacas.  (Faro de Vigo)

2-Agosto-2003.

Cerdedo centrará o seu primeiro obradoiro de emprego na restauración do casco vello, dando traballo a 45 persoas, Canteiros, albaneles e forestais. Pretendese recuperar o vello pavimento de pedra das rúas da vila, hoxe asfaltadas, así como fontes, lavadeiros, etc. Tamén se acondicionarán sendeiros ós muíños e outros lugares de interes do concello. (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>