<< Anterior   Seguinte >>

30-Agosto-2002.

A "Rapa infantil" que desde hai dous anos se celebra polo outono en Sabucedo está este ano en perigo. Os veciños están descontentos con algunhas obras que o concello de A Estrada tiña que ter acometido e din que neste tempo o traballo e moito e os veciños que siguen na parroquia poucos.  (Faro de Vigo)

30-Agosto-2002.

Na Graña de Umia (Forcarei) vaise celebrar este ano a "Festa do Caracol" como honra ós emigrantes en Cataluña e no País Vasco. Sera o vindeiro domingo e pensase que se comerán perto de 50 kilos deste pequeno animal, todos eles procedentes dunha granxa da zona e cociñados por restauradores do concello.  (Faro de Vigo)

27-Agosto-2002.

O Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, Xosé Cuíña, anunciou que a estrada PO-200 entre Laro e Cachafeiro estará rematada para o mes de novembro, e neste mismo ano comenzarase o estudo para o acondicionamento do tramo entre Cachafeiro e Vilapouca e do enlace da de Silleda con Forcarei. Esto significaría a existencia dunha comunicación bastante correcta, con carriles para vehiculos lentos e outras melloras, entre a Terra de Montes e santiago, así como con Deza e Silleda, e engadiría unha nova posibilidade de enlace entre estas comarcas coa autovía A-52, que se pode coller perto do Carballiño.  (Faro de Vigo)

28-Agosto-2002.

Manuel Prado, alcalde de Beariz, asegura que o conflicto que xurdiu a partir das obras da traida de augas desde unha fonte de Magros caria Beariz está solucionado. Os veciños denunciaron as obras en terreos privados sin que lles fora pedido permiso, pero o alcalde reuneuse con eles nunha xunta e explicoulles as circunstancias polas que se facian as devanditas obras e os veciños levantaron a denuncia interposta.  (A Voz de Galicia)

 

18-Agosto-2002.

Constantino Gonzalez, presidente da asociación "Verbo Xido" asegura que esta asegurará a continuidade do "Cetmo", do que tamén é propietario, nos vindeiros anos. Queixouse o mesmo tempo da pouca axuda das institucións e agradeceu a publicidade do centro que fan no Centro Comarcal da Tabeirós-Terra de Montes, a propia asociación "verbo Xido" ou páxinas como esta.  (Faro de Vigo)

19-Agosto-2002.

Esta Web cumple tres anos. Os visitantes seguen acheandose a ela a un ritmo moi parecido o do pasado ano (aproximadamente 12,5 visitas á páxina de inicio cada día), aínda que se pode comprobar que cada vez vén xente a buscar algo máis especifico (Novas,  Visita Virtual, biografías, etc.), dirixindose dereitamente a estas sin pasar pola portada. Son, polo tanto persoas que xa se achegaron antes e coñecen o contido.  (M. C.)

16-Agosto-2002.

Isi, O rei da Comedia e máis Sonia López, ambolos dous da TVG pregonarán a "Festa do Gaiteiro" de Soutelo. Luar na Lubre, Os Diplomáticos do Acordeon e Bianca protagonizarán a noite, e os concursos de solistas e bandas serán os encargados de que a tarde sexa doada para todos. Grupos Folk de diferentes sitios de Galicia e de fora tamén actuarán en Soutelo ó longo do día hasta chegar a máis de mil músicos congregados na vila.  (A Voz de Galicia)

18-Agosto-2002.

Daniel Bellón, de Barallobre, foi o gañador do concurso de Gaiteiros solistas "Avelino Cachafeiro" celebrado onte en Soutelo. A Banda de Gaitas de Hospitalet ganou as súas seccións do concurso de bandas. Todolos participantes tocaron a Muiñeira de Chantada, como homenaxe ó gaiteiro por excelencia, e por primeira vez entregáronse as medallas que levan o seu nome.  (A Voz de Galicia)

 

12-Agosto-2002.

O Concello de Forcarei pensa crear un "Punto de atención á infancia" nas dúas casas dos maestros que quedan libres. Trátase dun punto menos que sería a creación dunha gardería municipal, pero axudaría ás nais traballadoras a incorporarse ó traballo.  (A Voz de Galicia)

12-Agosto-2002.

O Colectivo "Verbo Xido" celebra o seu primeiro ano con unha cena de confraternidade no restaurante "Montes". Entregaranse os carnés ós oitenta socios, farase balance deste ano e presentarase o novo boletín da asociación, que terá un caracter trimestral.  (A Voz de Galicia)

12-Agosto-2002.

Unha familia de Ponferrada mercou por 300.000 euros "O Chalé" modernista propiedade hasta estes intres  da familia Gonzalez Barros, herdeiros do constructor D. Alfredo Gonzalez Barros. Sempre se pesou que sería o concello o comprador, máis cando a familia tiña interese nelo para que fora dedicado a uso público, pero o fin non chegaron a un acordo. A casa consta de 600 m2 e catro plantas, con azulejos portugueses feitos a man no exterior e unha leira de 2.500 metros cadrados.  (A Voz de Galicia)

03-Agosto-2002.

A Asociación "Amigos da Terra de Montes" reunirase en Cerdedo para celebrar a súa xunta anual, onde se homenaxeará ó catedrático Manuel Iglesias, natural de Presqueiras. O colectivo estudia ubicar en Forcarei un monumento á muller labrega, así como outras iniciativas para o vindeiro ano.  (A Voz de Galicia)

12-Agosto-2002.

A edade media dos habitantes do Concello é de 51 anos e no de Forcarei son 49. Só un concello en toda a provincia mostra un maior envellecemento da súa poboación, con un 34% e un 31% desta en situación de xubilación. A edade media provincial non pasa dos corenta anos.  Os datos anteriores remátanse con unha perda de 1.488 habitantes en Cerdedo (Un 39,2% dos 3.788 censados no 1.991. (A Voz de Galicia)

03-Agosto-2002.

O mosteiro de Aciveiro acolle unha mostra fotográfica de Xoque Carvajal, así como pinturas e esculturas de Xesús Muras.  (A Voz de Galicia)

03-Agosto-2002.

A revista cultural do concello de Forcarei, "Cotaredo", aparece no seu número cinco con artigos sobre a nosa terra, entre os que se poden salientar  o da filóloga Carme Hermida, veciña da Portela de Lamas, sobre a relación de Frei Martín Sarmiento coa Terra de Montes, Dous relatos de X.M. Barreiro, un estudo sobre o estado dos castros da Terra de Montes, de Manuel Reboreda, e outro sobre os cruceiros de Forcarei, obra de Francisco Rozados "Rochi".  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>