Portada Quen Somos Agradecementos Colabore con Nós Últimas Novas


<< Anterior   Seguinte >>
  

31-Agosto-2001.

Celebrouse no CETMO de Soutelo a exposición sobre a Antropoloxía de Etiopía, na que se puderon ver medio centenar de obxectos procedentes do Corno de África (cerámicas,
calabazas, reposacabezas, instrumentos musicais,
xoias, etc.), isto é, de Etiopía e o este de Sudán, cos cais se tentou ofrecer unha sucinta visión da vida cotiá dos distintos povos que habitan esta rexión de África. Alén diso, expuxéronse en torno a 60 fotografías inéditas tomadas durante a expedición arqueolóxica da Universidade Complutense no Nilo Azul (Sudán e
Etiopía), na cal tomou parte un dos fundadores do centro.

Tamén está prevista en breve a sinalización na estrada N-541do CETMO. 

26-Agosto-2001.

Hoxe actúa en Forcarei Xosé Manuel Soto, dentro do programa das festas das Dores. Unhas festas organizadas nun tempo record pola nova comisión, despois de que se temera pola non celebración este ano. Teremos sardiñada, karaokes, campionato de natación, grandes orquestas e fogos de artificio. Todo esto en nada menos que catro días de festa. (A Voz de Galicia)

19-Agosto-2001.

Iván Costa Blanco foi proclamado como "O mellor gaiteiro de Galicia " no concurso da festa do gaiteiro, en Soutelo. Exte xoven de Moaña xa quedara segundo e quinto nas dúas derradeiras edicións. No concurso de bandas trunfou a agrupación Ledicia, de Mos. A festa foi un gran exito a pesares da choiva que caeu casi todo o día. (A Voz de Galicia)

19-Agosto-2001.

Esta páxina cumple o seu segundo ano de vida. Achegaronse a ela 8323 visitantes, 4473 nos derradeiros doce meses, o que supón aumentar un 16% os que o fixeron o primeiro ano. Son n a súa maioría galegos, pero tamén, arxentinos, mexicanos, e de todos aqueles sitios onde a vida puxo a un galego. Graciñas a aqueles que se achegaron aquí, os que puxeron unha ligazón dende a súa web e os que foron contando que había en internet un sitio onde se falaba da Terra de Montes. Sobre todo cando se trata de emigrantes moi lonxe da súa casa, esto é unha ledicia. (M.C.)

 16-Agosto-2001.

Dende onte pola tarde celébranse as festas de Soutelo. Primeiro as do San Roque e tamén a XXII festa do gaiteiro, na honra de Avelino Cachafeiro. Dentro desta última elixirase os mellores gaiteiros de Galicia e tamén terán unha exposición de instrumentos, traxes rexionais, cestería, etc. Casi mil gaiteiros chegarán a Soutelo o sabado para participar na festa. Vinte tocarán no concurso de solistas onde terán premios de hasta 200.000 pts. mentras que os restantes serán os encargados da romaría que inaugurará a praza remozada

16-Agosto-2001.

O día 1 de setembro celebrarase en Forcarei a xuntanza dos nosos maiores. Poden asistir toda-las persoas de máis de 65 anos ou de menos con minusvalías. O almorzo será no campamento de Pontemaril e costará unhas 1.500 pts.

12-Agosto-2001.

A Subida a Cerdedo, rallie valedeiro para o Campeonato Galego de Montaña, celebrouse onte nesta localidade con un importante éxito de organización e participación. A carreira discurreu o longo duns 4100 metros pola carretera que vai caria Presqueiras, con moitas curvas e unha pedente de un 7% aprox.  O ganador foi Toño Gomez e a asistencia de espectadores foi de perto de seis mil.

6-Agosto-2001.

O próximo día 10 de Agosto celebrarase en Bearíz a reunión anual da Asociación de Amigos da Terra de Montes, que imporá a súa enseña a Ángel Siero Roubín, coñecido empresario nos U.S.A. pero natural de Pardesoa, e ó mestre Manuel Cabada Castro.  (A Voz de Galicia)

2-Agosto-2001.

O Concello de Forcarei asina coa Escola Galega de Restauración un comvenio que permitirá restaurar monumentos danados no concello. Nestes intres, o concello está a catalogar cruceiros, horreos, muíños e igrexas en todo o seu territorio.  (A Voz de Galicia)
2-Agosto-2001.

As 22 vivendas sociais a contruir en Soutelo solo contan con 30 aspirantes, moi por debaixo do que se pensaba.  (A Voz de Galicia)

2-Agosto-2001.

O alcalde de Cerdedo, X. Caramés, defende diante do MOPU que a variante da estrada N-541 que está en estudo, se faga pola parte alta do pobo, desde Cernados a Vichocuntín. Esta parece ser a solución preferida polo pobo e pola súa corporación.  (A Voz de Galicia)

2-Agosto-2001.

O Plan Learer para a comarca de Tabeirós-Montes pode chegar, si fora aprobado tal e como o elaborou a Asociación para o Desenrolo Rural de Montes, a uns 1600 millóns de pesetas para investir en proxectos non agrícolas.  (A Voz de Galicia)

 << Anterior   Seguinte >>