Portada Quen Somos Agradecementos Colabore con Nós Últimas Novas

<< Anterior   Seguinte >>

25-Agosto-2000.

Forcarei comenza hoxe as festas da Virxen dos Dolores con unha sardiñada e un festival de música folk. Onte foi a festa do porquiño, que reuneu unha boa cantidade de homes de Forcarei (as mulleres non poden participar) o arredor da mesa do restaurante Victoria. A noite actúan os grupos Ardentía, Luada y Noitarega. Mañan actúa o grupo folk-rock Astaro. As festas rematan o Luns con un día dedicado os nenos. Toda-las noites teremos verbena na praza da igrexa.  (A Voz de Galicia)

18-Agosto-2000.

Esta web cumple un ano.  Neste tempo entraron nela 3850 persoas, algo máis de dez cada día. Aproximadamente un 44% len as páxinas en galego e un 56% en castelán.

Dos que se conectan as páxinas en galego podemos saber:

- Entran sobre todo as oito da mañán ou as cinco da tarde.

- De aqueles dos que podemos coñecer o seu orixen, a maioría ven de España (57%), México (12%), U.S.A. (9%) e Arxentina (3,5%).

            Dos que se conectan en castelán podemos saber:

- Entran a maioría entre as seis da tarde e as dez da noite.

- Dos que coñecemos o seu orixen, a maioría ven de México (33%), España (29%), U.S.A. (7%) e Arxentina (5%).

En ambos os dous casos o buscador máis usado e Yahoo, pero si os accesos son en galego ten moita máis presencia os buscadores da nosa terra : Galiciaonline, Vieiros, Enxebre, etc. (M.C.)

 

FESTAS DA VIRXE EN BEARIZ.

Sabado 12: Colocación do Cruceiro e festa infantil.

Domingo 13: Procesión Nocturna e Baile co a orquesta Embajadores.

Luns 14: Bandas de música po la mañán e baile po la noite con orquesta.

Martes 15 : Día grande da festa con pasarúas a cargo de grupos de gaitas e po la noite baile con orquesta.

 

 

FESTAS EN SOUTELO.

Domingo 13: Desfile de moda no pavillón de deportes.

Martes 15 : Churrascada no Parque de Venezuela.

Mercores 16 : Festa na honra do San Roque, con orquesta po la noite.

Xoves 17: Festa na honra da Virxe do Carme, baile po la noite e cine para os nenos.

Venres 18: Xogos na praza do gaiteiro, con toro mecánico e castelos hinchables.

Sabado 19: Festa do Gaiteiro en Soutelo. Celebrarase o II certame de música popular "Avelino Cachafeiro". Tamén se realizará a presentación da reedición facsímile da BIOGRAFÍA DO GAITEIRO DE SOUTELO de Xosé Manuel Rivas Troitiño, e actuarán a Real banda de gaitas de Ourense e os grupos TEIXADURA e HEREDEIROS DA CRUS. 

Domingo 20: Carreira popular de "Mountain Bike".

 

15-Agosto-2000.

A Volta Ciclista a Galicia rematou a súa derradeira etapa no alto do Seixo, perto de Presqueiras, en Forcarei. A subida fíxose por Cerdedo hasta chegar o novo parque eólico. O gañador da etapa foi Iván Parra, mentras que o corredor Tieteriok levouse o premio xeral da volta. (O Correo Galego)

 

AGOSTO CULTURAL EN FORCAREI.

Martes 1: Orquesta sinfónica de Acordeons de Bilbao na praza da igrexa (Forcarei).

Domingo 13: Exposición de pintura de Antonio Pessoa na sala de exposicions do concello.

Venres 18: Teatro en Soutelo co grupo "OS TIRINAUTAS".

Domingo 20: Presentación do nº 3 da revista Cotaredo e da guía turística e cultural TERRA DE MONTES. Tamén do documental de Federico de la Peña sobre a fauna na bisbarra e da exposición de Fotografía de Manuel Barreiro "Forcarei no ronssel do tempo".

Martes 22: Cine na Praza da igrexa co film "O meu grande amigo Joe".

Mércores 23: Cine, co a película MIMIC.

Venres 25: Noite Folk na praza da igrexa con LUADA, NOITAREGA e ARDENTÍA.

Sabado 26: Teatro co Grupo FALCATRÚA.

 

15-Agosto-2000.

Inaguración en Soutelo do Centro etnográfico da Terra de Montes. Un empeño de D. Constantino González e máis dos seus fillos que o longo de oito anos foron recollendo hasta 1200 pezas. Sorprenderá a moita xente po la cantidade e calidade do seu contido. Non conta con axuda oficial e mesmo tivo que mercar e preparar a casa que o alberga. Está disposto en sáas según os oficios tradicionais da bisbarra, o que lle da un valor didáctico moi importante. Podense atopar fouces, teares, patinetes, lavabos, un pupitre, bancos da igrexa e instrumentos de labranza. Das paredes colgan fotografías de Virxilio Vieitez con esceas cotidians. (O Correo Galego - J.A. Ricoy)

 

 

<< Anterior   Seguinte >>