<< Anterior   Seguinte >>

26-Abril-2008.

 

1.600 Kg de Xavarín guisado (unhas 4.800 racións) repartiranse mañán en Cerdedo na terceira festa do Xavarín. Aparte da carne poderase degustar vinchas, postres, queixos, mel, augardiente, galiña ao sal e filloas.  O menú costará dez euros e tamén haberá obradoiros, actuacións musicáis, etc. O pregón correrá a cargo de Xabier Fortes, director dos informativos da TVE en Galicia.  (A Voz de Galicia)

23-Abril-2008.

 

Forcarei xa ten novo escudo e bandeira. Para cumplir coas normas da heráldica, adaptouse o escudo, mantendo os simbolismos ós montes e os ríos do concello e engadindo outras simboloxías referidas ós oficios de borreiro ou ás fiandeiras. Tamén se deseña a bandeira, verde no medio con vieras azuis para simbolizar os montes e os ríos. (A Voz de Galicia)

20-Abril-2008.

 

A Asociación ce Comerciantes e empresarios de Forcarei pide axuda á administración para evitar a desapación das "tabernas". No concello quedan unhas dez, cando chegou a haber hasta tres por aldea. Estes establecementos mestura de bar e ultramainos tiveron unha importancia moi grande no pasado pero están a desaparecer polos impostos, a despoboación do rural, a venta ambulante e a facilidade de desplazamento dos aldeáns ás poboacións con supermercados e bares.  (A Voz de Galicia)

23-Abril-2008.

 

130.000 euros solicita o Concello de Forcarei da Consellería de benestar social da Xunta para o seu programa de axuda no fogar. Son 57 persoas dependentes censadas e, aparte da axuda que se lles presta no seu domicilio, preténdese facilitarlles utensilios que lles melloren o seu xeito de vida. Un exemplo son as camas articuladas para impedidos.  (A Voz de Galicia)

18-Abril-2008.

 

O alcalde de Forcarei, David Raposeiras, anda facendo as xestións precisas para que o núcleo de Soutelo teña banda ancha de acceso a internet. Nestes intres está suscrito ó programa "Internet Rural", máis caro e máis lento que o acceso normal por ADSL. Aínda que a central xa o permite, hai que desvincularse antes deste programa que subvenciona o goberno central.  (A Voz de Galicia)

19-Abril-2008.

 

Os restaurantes de Cerdeo están xa preparando a Festa do Xavarín, que se celebrará o vindeiro día 27. Hai aperitivos con carne deste animal e vanse engadindo novas ideas para o día da festa.  (A Voz de Galicia)

 

12-Abril-2008.

 

1,2 euros por metro cadrado e a valoración que fan os técnicos do Concello de Forcarei para os terreos necesarios para ampliación do polígono industrial de Vilapouca. Os montes pertenecen á Comunidade de Montes en man común de Vilapouca e trátase de monte raso. O prezo pode ser negociado.  (A Voz de Galicia)

12-Abril-2008.

 

Cerdedo contará a mediados do mes de mayo con un moderno tanatorio que dará servizo a todolos lugares do concello e limítrofes. A inversión será superior ó millón de euros.  (A Voz de Galicia)

 

3-Abril-2008.

 

O vindeiro día 13 de xuño presentarase na Casa de Galicia de Madrid a Rapa das Bestas. Os dirixentes da asociación e outros invitados achegaranse á capital e informarán alí desta festa xa recoñecida como de interese internacional. (A Voz de Galicia)

9-Abril-2008.

 

O Concello de Forcarei mantén un litixio con varios propietarios que adeudan o importe IBI de varios anos. O sindicato Unións agrarias ven liderando as protestas contra deste pago e o alcalde, David Raposeiras, confirma a legalidade da reclamación e afirma que si se condoara a déveda, sería un agravio comparativo para outros propietarios que xa fixeron efectivo este pago. O asunto vai derivando cada vez máis nunha aposta política en lugar de valer polos intereses dos agricultores, ben dos que xa pagaron ou dos que non o queren facer.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>