<< Anterior   Seguinte >>

21-Abril-2007.

Proxectan en Cerdedo o que será o primeiro parque natural de ocio de Galicia. A empresa Cerdedo-Natura, un grupo de xente que estivo asociada a este sector de emprego ten previsto ofretar os seus servizos  a concellos, campamentos, casas rurais, colexios, etc. As instalacións estarían rematadas nun período entre tres e cinco anos e comenzarían por un lugar de prácticas de paint-ball. Aínda ten que buscar un lugar para establecerse chegar a acordos do chan.  (A Voz de Galicia)

21-Abril-2007.

O Campamento de Pontemaril será un dos campamentos galegos que conten con turnos especificos para persoas con discapacidade.  (A Voz de Galicia)

13-Abril-2007.

Será o tribunal de Xustiza de Galicia o que dirimirá o conflicto polo linde entre os concellos de Cerdedo e Forcarei, perto de Carballás e Presqueiras. A resolución seguramente tardará varios anos.  (A Voz de Galicia)

13-Abril-2007.

A residencia da terceira edade de Forcarei contará con 50 prazas para persoas que necesiten asistencia e outras 45 para válidos. A residencia abrirá no ano 2008 e será xestionada pola Fundación San Rosendo.  (A Voz de Galicia)

11-Abril-2007.

O Concello de Forcarei quere un obradoiro para formación de agricultores ecolóxicos. Contaría con 40 prazas para persoas de 25 a 40 anos. A iniciativa provén da organización "Galicia Verde".  (A Voz de Galicia)

11-Abril-2007.

José Balseiros, alcalde de Cerdedo que remodelar a actual travesía da N-541 pola vila cando a variante que ten previsto levar a cabo o ministerio de fomento sexa finalizada. A travesía quedaría como unha avenida, con bancos, aparcamento e arbores a cada lado da vía. Tamén se informa que xa comenzarán as obras da nova depuradora e renovamento da rede de saneamento.  (A Voz de Galicia)

10-Abril-2007.

O Concello de Forcarei aprobará o plan de sectorización do novo polígono de Vilapouca recentemente autorizado pola Xunta. Esto permitirá iniciar as obras de urbanización. Tamén se solicitará á Xunta un novo obradoiro de emprego como os que se disfrutaron os pasados anos.  (A Voz de Galicia)

11-Abril-2007.

Hasta 19 cabalos foron apresados na parroquia de Castrelo (Forcarei) por danos nos cultivos. Dez deles foron recuperados pola Asociación Rapa das Bestas tras pagar o importe destes danos. Outros seis son dun gandeiro de A Estrada, e os tres restantes serán subastados se non son reclamadas por algún gandeiro.  (A Voz de Galicia)

06-Abril-2007.

O Concello de Cerdedo ofrece ós que o necesiten a utilización de camas ortopédicas, articuladas, e outros obxectos deste tipo. Foron adquiridos coa axuda da Xunta de Galicia.  (A Voz de Galicia)

10-Abril-2007.

O vindeiro sábado será a presentación da nova páxina web municipal do concello de Cerdedo. Sustituirá a que actualmente está un pouco atrasada e será convenientemente dirixida desde aquí.  (A Voz de Galicia)

03-Abril-2007.

A corporación municipal de Cerdedo acaba de aprobar o convenio coa Xunta de Galicia para abrir a residencia e o centro de día proxectado para a localidade. A Xunta correrá cos gastos de persoal mentras o concello debe aportar os de auga, luz, etc. A residencia terá unhas 20 prazas e empezará a funcionar dentro duns poucos meses.  (A Voz de Galicia)

04-Abril-2007.

Comenzan en Soutelo a última fase das obras do auditorio e do museo da música tradicional con un investimento duns 300.000 euros. A capacidade do auditorio sará dunhas duascentas persoas.  (A Voz de Galicia)

(A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>